1.Introdución

1.Introdución

Última actualización de en Yolanda Ares Comba

Os comezos da andaina nesta materia non foron tarefa doada. Enfrontarse a un mundo descoñecido como era o do asesoramento e a unha ferramenta de estudio nova facían aflorar os sentimentos de medo, desconcerto e inseguridade ante o descoñecido.

Pouco a pouco fomos introducíndonos no mundo do asesoramento mediante a realización de preguntas ás que debíamos dar resposta, a analizar no noso pasado e relacionar os coñecementos existentes na nosa mente cos coñecementos actuais.

Ó longo da adquisición dos novos coñecementos xurdían numerosas dúbidas que debíamos aclarar, misterios que descubrir como por exemplo, asesorar e orientar é o mesmo?, Que é realmente asesorar?, Hai diversos tipos de asesoramento? Cál ou cales son os elementos clave para un bo asesoramento?...

Moitas eran as preguntas que foron xurdindo ó longo destes 3 meses de andaina, que aínda non remata, ás cales intentei dar resposta no grupo Stellae e a continuación reflexarei no portafolio.

Para mostrar como foi o meu camiño paréceme axeitado facelo mediante a utilización das cores. Como sabemos as cores son indicativas dos nosos estados de ánimo, mostran os nosos sentimentos que moitas veces non somos capaces de mostrar mediante palabras pero si unha simple cor é capaz de facelos aflorar.

Con esta metáfora das cores pretendo ademais de mostrar a información recollida ó longo do curso, complementar esta cos sentimentos e coas sensacións que fun tendo ó longo do estudo desta materia.

Primeiramente, empregarei a cor negra para mostrar os principios, xa que esta cor asóciase ó medo, ó descoñecido. Logo empregarei a cor morada que se relaciona co misterio e enigmas que descubrir.  Esta cor deixaralle paso ó azul, este cor frío  simboliza a tranquilidade e está ligado a intelixencia e a conciencia, polo que me parece axeitado para mostrar o proceso de ir coñecendo máis en profundidade realmente o que significa o asesoramento. Coa cor verde mostrarei os modelos de asesoramento que son varios ó igual que os diversos tons existentes de dita cor. Logo empregarei o amarelo para mostrar un dos puntos clave do asesoramento como é a colaboración, xa que esta cor está relacionado coa alegría e coa enerxía aspectos que considero importantes para unha boa colaboración entre os diversos axentes implicados no proceso de asesorar. Posteriormente a cor laranxa axudarame a mostrar os estudos de casos e ,finalmente, a cor vermella empregareina para mostrar aquela información que relaciona o asesoramento coa escola, xa que esta cor relaciónase coa paixón e define moi ben o que eu sinto polo mundo da educación e da miña vocación como mestra.

Unha vez expostas todas as cores empregadas, teño unha ampla variedade de cores que me servirán para pintar un fermoso cadro do asesoramento que reflexará todo o adquirido e que espero sexa digno de estar nas máis prestixiosas galerías de arte.

A continuación expoño de xeito esquemático os puntos clave deste portfolio.

1. Introdución

2. O mundo das cores

   2.1.Negro

   2.2.Morado

   2.3.Azul

   2.4.Verde

   2.5.Amarelo

   2.6.Laranxa

   2.7.Vermello

3. Conclusión e autoavaliación

4. Bibliografía e webgrafía