2.1. Negro

2.1. Negro

Última actualización de en Yolanda Ares Comba

É a cor máis enigmática e asóciase ó medo e ó descoñecido. Sen dúbida esta cor representa dun xeito claro os sentimentos os que me enfrontei nas primeiras sesións desta materia onde ó descoñecido dunha nova materia lle había que sumar a dificultade do emprego dunha nova ferramenta que no meu caso me resultou bastante complicada a súa comprensión e emprego.

Nas primeiras sesións, comezamos por facer unha volta a atrás para saber de onde vimos e analizar de xeito individual e en grupo os nosos coñecementos previos mediante dúas actividades.

Mediante a tarefa en grupo Qué entendemos por asesorar?, debiamos aventurarnos nos nosos coñecemento previos para delimitar posibles escenarios como futuros asesores/as, e o máis complicado, relacionar todos eses coñecementos para facer unha definición grupal do termo asesorar.

http://stellae.usc.es/red/file/view/40078/tarefa-1-que-entendemos-por-asesorar

No tocante a tarefa individual, a tarefa era facer unha viaxe ó pasado para recordar as materias cursadas ó longo da nosa etapa universitaria para ver en cales e de que xeito traballamos a temática do asesoramento

Tarefa 0