9. Conclusión e autoavaliación

 

Conclusión

Este apartado do cartafol constitúe a útlima peza do puzzle da materia Asesoramento curricular a centros e profesores. 

   image

 Ao longo desta materia tratáronse numerosos contidos sobre o asesoramento educativo nun prazo curto de tempo pero de forma intensa. 

En definitiva, destacar que a misión dos asesores foise definíndo a través dun marco colaborativo, que permite axudar ao centro: á definir e alcanzar os seus obxectivos, a incrementar os seus recursos e a impulsar o desenrolo profesional dos docentes. Sen embargo, como futuros asesores temos que "ter os pés sobre a terra" e saber que a práctica asesora é unha ardua tarefa e que non está exenta de dificultades. Polo que tanto os asesores como os asesorados (profesorado, equipo directivo...) debemos unir as nosas forzas e responsabilizarnos para que exista realmente unha colaboración. Asesorar colaborativamente supón un proceso de resolución conxunta de problemas entre o asesor e o asesorado.  

Nós como futuros asesores e asesoras podemos colaborar aportando axudas, suxerencias, propostas e intervencións directas que promovan melloras no sistema. Tendo en conta que por mínimos que sexan os cambios son importantes, xa que "grao a grao faise unha montaña" e ademais debemos respetar o ritmo do propio sistema. Pero a implicación  e o compromiso a nivel institucional antóxase moi necesario xa que permite acortar distancias e aunar esforzos para implicarnos de cheo na colaboración.  

Finalmente, segundo a miña opinión a escola estase a volver máis tolerante e flexible, sendo capaz cada vez máis de aceptar os cambios e a axuda de axentes coma nós que non exercemos como docentes dentro do centro; e o profesorado xa non se mostra tan retincente a pedir e recibir axuda por parte doutro profesional. 

Autoavaliación

 

O meu paso pola materia de Asesoramento a centros e profesores, calificoa como moi gratificante e fructífera, debido a que adquirín numerosos coñecementos sobre o asesoramento.

 

En primeiro lugar, considero que o meu traballo foi constante e contínuo  e incluso foi incrementándose a medida que pasaban os días e as semanas, xa que fun incorporando semanalmente varias pezas, e así  a unión destas pezas permitiu chegar a construir este puzzle do asesoramento. Sen embargo, teño que engadir que me esforcei moito nesta materia, xa que estiven a buscar información, a ler documentos , a facer resumes e reflexións que en moitas ocasións limitábanme o tempo e este non chegaba non chegaba semanalmente para subir os arquivos que me gustaría subir. Pero polo menos, todos os documentos que lin fóronme moi valiosos xa que conseguín interiorizar novos conceptos e novos saberes sobre a temática do asesoramento, e así construín a miña mochila do asesoramento. A cal aínda está por encher xa que a irei completando ao longo dos anos debido a que ser a ser asesor implica unha formación continúa e actualizada, polo que non podo dicir que cheguei a encher a miña mochila.

 

Outros dos obxectivos principais desta materia, era a difusión de material na plataforma Stealle a través do emprego do cartafol. Polo que considero que tamén cumprín este obxectivo xa que engadín moitas entradas ao blog e moitos arquivos que na miña opinión son de gran interés. 

Por outra banda, o cartafol supuxo un reto persoal por tres aspectos fundamentalmente. O primeiro deles é o emprego das novas tecnoloxías da información e da comunicación, o feito do usar unha nova ferramenta de traballo totalmente desconocida. Segundo, a labor levada a cabo en canto ó exercizo non só de análise senón tamén de reflexión sobre numerosos temas. E terceiro, a organización, a implicación, a dedicación e a responsabilidade que supoñía esta nova metodoloxía e como non de avaliación.

Foron moitas as aprendizaxes que grazas a esta materia levo na miña mochila asesora, un montón de experiencias enriquecedoras que pasaron a formar parte do meu desenrolo académico e profesional. 

Finalmente, todo este gran esforzo realizado tivo o seu froito e doulle as grazas a Lourdes Montero por facerme formar parte desta nova metodoloxía de traballo ·"learning by doing", a cal considero que me enriquecei tanto a nivel académico e profesional como persoal. Fun quen de ver que o traballo realizado a través desta metodoloxía trouxo os seus froitos xa que permitiume adquirir novos coñecementos e ser quen de interiorizalos; así mesmo, favoreceu a adquisición das competencias básicas aprender a aprender e a autonomía e iniciativa persoal, tan necesarias para levar a cabo un traballo continuado na materia e paralelamente ao traballo realizado nas sesións de clase.