2.6. Laranxa

2.6. Laranxa

Última actualización de en Yolanda Ares Comba

Esta cor representa a creatividade, a determinación e o éxito.

Unha forma creativa de mostrar as experiencias vividas e mediante os estudos de casos. Para iso, é necesario levar a cabo unha recollida estruturada e contextualizada das experiencias vividas, así como un profundo coñecemento da realidade que se está a estudar,  como di Pérez Serrano (1994) “su objetivo básico es comprender el significado de una experiencia”.  Para coñecer un pouco máis sobre os estudos de casos, técnica que me parece moi orixinal e factible xa que o mostrar realidades un pódese poñer no lugar do autor e polo tanto sentirse identificado co mesmo, realicei a lectura do artigo La elección del estudio de caso en investigación educativa, escrito por Carmen Álvarez Álvarez e José Luis San Fabián Maroto e recollido en Gazeta de Antropología (2012)

Aproximación conceptual aos Estudos de Casos

Os estudos de casos traballámolos en clase mediante a lectura individual e posterior posta en común das experiencias de dous asesores educativos, Gerardo Echeita e Víctor Rodríguez, en centros de educación secundaria da Comunidade de Madrid. Neles puidemos observar como o primeiro autor, mostra unha actitude reticente e idealista na que non ten en conta o que había no centro, nin o cómo se levaba a cabo, así como tamén nos conta a historia dos seus fracasos nese centro como por exemplo cos titores. O segundo autor entra no centro con unha actitude máis acomodativa atendendo ás demandas que lle propoñen coa finalidade de gañarse a confianza dos seus compañeiros/as e comezar por pequenos cambios que darán lugar a cambios maiores.