2.7. Vermello

2.7. Vermello

Última actualización de en Yolanda Ares Comba

Esta cor representa a paixón, o desexo e o amor.

Como reflexei na introdución deste portfolio, estas características fan a esta cor a idónea para tratar aquelas actividades en torno a escola.

Proveño da diplomatura en Mestra, especialidade en Educación Primaria; e aterricei no mundo da Psicopedagoxía coa finalidade de complementar a miña formación xa que descoñecía por completo este mundo. Tras dous anos cursando esta licenciatura e descubrindo que me gusta máis do que nun primeiro momento pensaba, xa que a chegada foi bastante desencantadora, sigo convencida da miña vocación como mestra e da seguridade de que esta é a profesión que me gustaría exercer nun futuro xa que é a que me apaixona.

A escola está intimamente relacionado co asesoramento, podería dicir que son dous termos que camiñan xuntos, posiblemente unidos polo termo colaboración.

Para iniciar a andaina na escola, unha das primeiras actividades levadas a cabo en grupo foi a de indagar nas nosas experiencias previas como alumnos/as e describir o pensamento que tiñamos acerca dos profesores nas distintas etapas educativas, así como as materias nas que traballamos a temática do profesorado e a súa formación.

http://stellae.usc.es/red/file/view/42027/historias-previas

Outra das actividades en torno ó profesorado levada a cabo en grupo foi a de dar resposta a dúas preguntas en torno o pensamento que tiñan os asesores sobre o profesorado e viceversa. Esta actividade permitiu poñernos na pel tanto duns axentes como de outros e analizar os prexuízos e ideas preconcibidas que existen de ambos

http://stellae.usc.es/red/file/view/45412/ideas-previas-sobre-profesorado

Para adentrarme un pouco máis no mundo da escola realicei dúas reflexións tras o visionado de dous programas de Redes: El sistema educativo es anacrónico e Crear hoy las escuelas del mañana.

Como expuxen anteriormente, escola e asesoramento son dous termos que camiñan xuntos polo que nestas reflexións intentei visualizar que papel debería adquirir o asesoramento en cada unha delas, así como o labor dos docentes no mundo actual.

Ambos programas falan do desfase que hai entre a actualidade na sociedade e a actualidade nas escolas.  A falta de actualización que hai nas escolas desentoa coa constante actualización que se vive na sociedade e, sobre todo, na sociedade das novas tecnoloxías que estamos a vivir. Esta actualización tan necesaria na escola, a continua formación que se lle debe esixir o profesorado… debe estar respaldada por un bo asesoramento que axude a que as nosas escolas medren en función das necesidades e esixencias do noso alumnado. 

O sist. educativo é anacrónico.pdf

Crear hoxe as escolas do mañá