7. Radio do barco.

7. Radio do barco.

Última actualización de en Santiago Piñeiro Vázquez

Do mesmo xeito que debemos prestar especial importancia ó radar, tamén é de suma importancia estar informados, un bo mariñeiro debe estar sempre ben comunicado e informado do que acontece no resto do mundo, porque isto permitiralle adoptar medidas de prevención ante posibles temporais así como adquirir novos coñecementos para lograr mellores capturas. Por todo isto é de suma importancia estar ben atentos ó único medio de información do que dispón o barco, a radio, mediante a cal se nos informa das novas que acontecen en todo o mundo, algunhas delas de gran repercusión medíatica e relacionadas co asesoramento en maior ou menor medida.

Radio barco.

De todas as noticias recibidas pola radio, durante o tempo que durou a travesía, gustariame destacar as seguintes:

  • Actitude das docentes no caso de Asunta Basterra

Considerei oportuno adicarlle unhas liñas do blog a este caso, que conmocionou a todo o país.  Como docentes a maioría de nós, e futuros psicopedagogos deberíamos pararnos a reflexionar sobre a responsabilidade que como docentes, orientadores ou calquera outro cargo do ámbito educativo debemos ter para restar ou cobrar importancia ante as palabras dunha menor.

O que quero deixar claro é a importancia deste caso para a materia Asesoramento Curricular a Centros e Profesores, pois aínda que a forma de actuar dos mestres e mestras ante este tipo de situacións non se estuda en ningunha materia de ningunha universidade, creo que seria interesante compartir esta reflexión para que cada quén conforme a súa propia postura.Pretende ser unha especie de “estudo de caso” pero a nivel máis informal.

A actitude das docentes no caso de Asunta Basterra

  • Currículum Século XXI

Este é o caso de Esther Machado, unha pedagoga e orientadora laboral, especializada en discapacidade, que tras oito meses no paro decidiu crear un orixinal videocurriculum en linguaxe de signos, gracias ó cal atopou traballo.

Paréceme interesante compartir isto, pois creo que para nós, futuros piscopedagogos/as, pode servirnos como referente, sen dúbida un exemplo a seguir.

O currículum do século XXI

  • Educar sen gritar ¿É posible?

Estou seguro de que todos os profesionais da educación, especialmente os que nalgunha ocasión traballamos en idades máis pequenas, empregamos o grito algunha vez, aínda sendo conscientes de que un aumento do ton de voz non é proporcional ó caso que nos fai un alumno/a.

Así polo tanto propóñense neste artigo as claves da chamada paternidade positiva ou educación positiva en último termo, cuxo obxectivo principal é a busca do autocontrol ante situacións de nerviosismo e desesperación, ofrecendo así unha educación máis asertiva.

Educar sen gritar, ¿É posible?

  • ¿Por qué unha bofetada a tempo non é un método educativo?

Segundo este interesante artigo, a bofetada non é un método educativo porque responde a un impulso, froito da impotencia e falta de control dos pais.  Os nenos responden a unhas determinadas expectativas por medo, para evitar o golpe, non porque realmente aprendesen que non se debe actuar dunha maneira determinada. Sen dúbida, un artigo que anima á reflexión e ó debate á vez que desmonta un gran mito.

¿Por qué a bofetada a tempo non é un método educativo?

  • Condena a sacar a ESO

Emilio Calatayud, xuíz de menores de Granada, é unha persoa bastante coñecida polas súas peculiares condenas, repoboar bosques, repartir comida entre indixentes, limpar fachadas, aprender a ler e escribir ou sacarse o graduado escolar entre outras. Con estas sentencias o que busca é dar segundas oportunidades, pois cre que a maioría dos delitos cometidos por menores non merecen unha privación de liberdade.

Condena a sacar a ESO

  • Día mundial dos dereitos da infancia

Á vista dos reveladores datos do vídeo que se mostra na entrada do blog, quizais deberíamos deixar a un lado esa visión individualista do noso país, que de certo tampouco está pasando polos seus mellores momentos, e menos en materia de educación, polo que debemos reivindicar o noso dereito a unha educación pública, gratuíta e de calidade, pero tamén deberíamos tomar conciencia destes nenos de países subdesenvolvidos que o único que piden é o dereito á supervivencia, e garantir eses dereitos universais, que para nós son case irrelevantes.

 

Día mundial dos dereitos da infancia.