1.- IDEA DA CONSTRUCIÓN

1.- IDEA DA CONSTRUCIÓN

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

Como ben sinalei anteriormente para levar a cabo unha ponte ou calquera outra obra é preciso ter unhas ideas sobre a construción e sobre todo ter un camiño andando nese terreo. Porque senón, como imos realmente construír algo produtivo e beneficioso para a sociedade? 

                                                          image

Que significa construír?

Seguindo a Real Academia Española enténdese por construír: “Fabricar, edificar, hacer de nueva planta una obra de arquitectura o ingeniería, un monumento o en general cualquier obra pública.” Neste caso unha ponte sobre a Ría de Muros e Noia.

En canto ao termo asesorar podemos dicir que se trata dunha acción na que unha persoa ou grupo de persoas ofrecen coñecementos e consellos sobre un determinado tema a alguén que carece de ditos coñecementos e os precisa. Para levar a cabo dito proceso é necesaria unha recompilación de información, unha análise da mesma, un coñecemento por parte do asesor/a daquelas posibilidades ou alternativas que o asesorado/a pode tomar. Unha vez presentadas ditas alternativas ou solucións levarase a cabo un proceso de axuda e consello para tentar lograr que a persoa asesorada toma unha decisión correcta optando polo camiño máis axeitado para a súa forma de vida e que mellor satisfaga as súas necesidades a partir de todos os recursos dos que se poidan dispoñer.

Onde se pode levar a cabo a construción dunha ponte?

Pódese construír unha ponte sobre un río, unha ría, sobre un terreo, un val, unha vía férrea, etc. Así como existen diferentes lugares onde levantar unha ponte coa mesma finalidade, a de saltar un obstáculo, hai distintos escenarios onde desenvolver a acción de asesorar, existindo polo tanto o asesor/a financeiro/a, xurídico/a, educativo/a, de imaxe, de eventos, deportivo/a, para o ocio, político/a, tributario/a, do medio ambiente, laboral, patrimonial, familiar, sanitario, vocacional, empresarial, relixioso/a, de comunicación, internacional, en mediación de conflitos, matrimonial, etc. Todos coa mesma finalidade, a de axudar pero en distintos ámbitos.

Cal é a tarefa dunha ponte?

Como ben sinalei anteriormente, unha ponte constrúese coa idea de saltar un obstáculo para que así a sociedade se poida desprazar por ese lugar. Nalgunhas ocasións constrúese debido a que, a pesares de que existe outra estrada ou forma de desprazarse é moi dificultosa e tárdase moito; noutras para ofrecer a núcleos de poboacións a forma de estar comunicados co exterior, senón estarían illados, etc.

Así mesmo, as tarefas do asesor/a pódense resumir no seguinte cadro, como por exemplo, de promoción da educación, preparación de materiais, avaliación, entre outras.

ETAPAS DO PROCESO DE ATENCIÓN EDUCATIVA

TAREFAS DO ASESOR/A

 

ANTES

Promover a educación de xoves e adultos.

Incorporar e rexistrar ás persoas.

Integrar os círculos de estudo.

 

DURANTE

Prepara a asesoría.

Favorecer un ambiente adecuado de traballo.

Acompañar e realimentar ás persoas no seu traballo.

DURANTE E DESPOIS

Avaliar a aprendizaxe continuamente

 

CLASE MÉRCORES 25 DE SETEMBRO 2013

CLASE MÉRCORES 02 DE OUTUBRO DE 2013

 QUE ENTENDEMOS POR ASESORAR?

ANÁLISE DA PRÁCTICA 1

Á hora de falar de asesoramento tamén é necesario, en base a nosa formación ter en conta toda a nosa andadura en relación a este termo, en que materias o traballamos? Que modelos? Dende que visión?

En resumo, dentro da miña traxectoria formativa destacar a preparación das oposicións da especialidade de Mestra-Pedagoxía Terapéutica, xa que en moitos temas aparece nomeado este termo, así como a orientación, funcións do orientador/a, obxectivos e fins da mesma, etc.

Outra materia que debo destacar é a de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica, na cal a través da realización de varias sínteses cheguei, xunto co meu grupo, a entender por asesoramento “o esforzo sistemático e constante orientado ao cambio nas condicións de aprendizaxe e outras condicións internas nunha ou máis escolas co fin de acadar máis eficazmente as metas educativas”. Debemos dicir que, os axentes de asesoramento, polo tanto, teñen a función de promover e dinamizar procesos de análise, reflexión crítica e revisión das prácticas educativas, co obxectivo de mellorar a ensinanza e facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento do alumnado.

Ademais lemos e reflexionamos sobre os distintos enfoques de asesoramento, distinguindo tres esenciais:

- Enfoque directivo: As expectativas dende este enfoque soen ser as dunha solución rápida e satisfactoria ante unha determinada demanda.

- Enfoque colaborativo: Trátase dunha axuda proactiva na que se busca anticiparse aos problemas seguindo para isto un proceso continuo de detección, clarificación e priorización de necesidades. Ademais, o foco do apoio céntrase na escola como unidade organizativa, atendendo aos problemas comúns de todos os membros.

- Enfoque educacional: prioriza os aspectos vinculados co proceso de ensinanza-aprendizaxe, as intervencións de tipo preventivo e enriquecedor, fundamentalmente indirecto e contando coa pluralidade de contextos nos que se desenvolven.

ACTIVIDADE 1: DE ONDE VEÑO?