2.1 O comezo. Os primeiros síntomas.( Ideas previas.)

Esa liña rosada que nos indica que algo está a piques de comezar e de cambiar o noso interior ao igual que esa matrícula nesta nova materia que nos sinala que moi pronto nos encherá de novos coñecementos. No primeiro caso será ese novo ser o que nos faga engordar e medrar o ventre mentres, no segundo caso serán eses novos coñecementos os que engordarán a nosa caixa de saberes, axudaránnos a "amoblar" a nosa cabeza pero , para min, sen dúbida as dúas cousas nos farán medrar como persoas e nos aportarán grandes saberes. Como seres sociais que somos, que vivimos nun contexto social en interacción constante está claro que sexa o tema que sexa non somos mentes en branco senón que temos ideas previas, coñecementos máis ou menos certos ou, ás veces; erróneos de todo pero aí están; son os nosos coñecementos previos. No caso desta materia partimos dunhas ideas ás cales nos acercamos en diversas asignaturas como Organización escolar, Didáctica Xeral, Bases psicopedagóxicas da educación especial, Modelos de orientación e intervención psicopedagóxica... Materias que nos deron á fin e o cabo uns fundamentos, unhas bases coas cales enfrontarnos a esta nova materia dun xeito máis seguro. Nos primeiros días de clase fixemos un traballo grupal sobre estas ideas previas acerca deste campo profesional. Aparece recollido no seguinte enlace.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/39951/tarea-1-qu-entendemos-por-asesorar

Os días van pasando e esas primeiras náuseas van asomando a vez que unha leve sensación de cansancio, de ganas de durmir...

Preciso afondar no tema, indagar sobre os primeiros síntomas, informarme...Na presenta materia pásame igual. Ao principio non sei moi ben como actuar, sobre que indagar... estou algo perdida mais,  a profesora dirixe o noso traballo no marco dunha rede social encamiñándoo hacia a elaboración dun posterior portafolio, que será a nosa ferramenta de traballo para alcanzar un coñecemento autónomo dos conceptos a tratar na materia.

El portafolio como herramienta de trabajo

 

No meu caso concreto, a ferramenta que utilizarei para achegarme a ese coñecemento maternal sobre o ser que está medrando en min, os seus coidados, erradicar dúbidas e demais serán as clases de educación maternal.