2.- QUE PONTE QUEREMOS?

2.- QUE PONTE QUEREMOS?

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

Ademais de ter ideas xerais sobre a construción é preciso ter claro que entendemos por ponte e a súa finalidade.

Seguindo a Real Academia Española entendemos por ponte Construcción de piedra, ladrillo, madera, hierro, hormigón, etc., que se construye y forma sobre los ríos, fosos y otros sitios, para poder pasarlos.” Ampliando esta definición podemos dicir que unha ponte é unha construción que permite salvar un accidente xeográfico como un río,  unha ría, un canón, un val, un camiño, unha vía férrea, un corpo de auga ou calquera outro obstáculo físico favorecendo unha comodidade na sociedade.

Dentro do propio asesoramento é preciso ter claro que entendemos por el. 

CLASE MÉRCORES 09 DE OUTUBRO DE 2013

Dentro do termo de asesoramento teñen cabida diferentes accións que fan que non sexa unha tarefa cunha clara delimitación. Entre elas podemos destacar: participar, informar, atender, orientar, interacturar, optimizar, consultar, comunicar, colaborar, apoiar, observar, comprender, dialogar, aconsellar, potenciar capacidades, axudar, desenvolver, mellorar, actuar, resolver problemas, guiar, axudar a tomar decisións, identificar puntos fortes e débiles, seguir procesos, actuar con honestidade (a ética do asesor/a), asesorar para mellorar,…

El asesoramiento es una interacción en dos sentidos – un proceso de buscar, dar y recibir, ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos intrernos y externos con objeto de posibilitar su capacidad de resolver problemas y realizar esfuerzos de cambio” (Lippit y Lippit, 1986:1).

Como ben se sinala nesta definición o asesor/a tamén recibe. Isto é fundamental xa que cando esteamos asesorando a alguén non só estaremos dando unha solución, un consello, proporcionando unha axuda,.. senón tamén recibiremos novos coñecementos, experiencias, puntos de vista,… É un proceso recíproco.

Outra definición que baixo o meu punto de vista debemos sinalar é a  de Miles e Ekolm ao indicar o asesoramento como “un esforzo sistemático e constante orientado ao cambio nas condicións de aprendizaxe e outras condicións internas nunha ou máis escolas coa fin de lograr eficazmente as metas educativas” (1985 : 48).

Nesta definición paréceme importante salientar algunhas palabras como “esforzo” xa que fai referencia a que o asesoramento non é algo sinxelo e doado senón que require tempo, dedicación, planificación e ganas; “sistemático e constante”, é dicir, sigue uns pasos e non é algo puntual; “orientado a cambio” é aquí onde se interrelaciona coa innovación. Para min estes dous termos deben ir bastante ligados xa que cando fas asesoramento estase buscando a mellora de algo e producíndose un cambio e este debe ir encamiñado sempre no sistema educativo cara a innovación e calidade da ensinanza; “lograr eficazmente as metas educativas” este é a fin do asesoramento, acadar os obxectivos previamente planificados pero de maneira axeitada, vendo a súa consecución na práctica educativa.

Para que este servizo se dea é preciso contar cunha serie de aspectos, dos cales algúns me centrarei posteriormente debido a súa relevancia:

- Necesidade dun traballo colaborativo.

- Trátase dun servizo indirecto entre profesionais do mesmo status (relación simétrica e bidireccional).

- Soe ser iniciado polo asesorado.

- Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.

- Trátanse asuntos e problemas “prácticos”.

- Trabállase sobre a base de acordos negociados.

- A resolución do problema vai acompañada da capacitación para afrontarse con éxito a problemas similares (competencia).

Definición e tipos de asesoramento

 

Neste momento é cando nos xurde outro concepto similar pero non idéntico ao asesoramento, que é a orientación, entendendo por esta:

Orientar serla, en esencia, guiar, conducir, indicar de manera procesual para ayudar a las personas a conocerse así mismas y al mundo que les rodea; es auxiliar a un individuo a clarificar la esencia de su vida, a comprender que él es una unidad con significado capaz de y con derecho a usar de su libertad, de su dignidad personal, dentro de un clima de igualdad de oportunidades y actuando en calidad de ciudadano responsable, tanto en su actividad laboral como en su tiempo libre. (Rodríguez Moreno, 1995)”

Unha vez tendo en bandexa a definición de cada un dos termos de asesoramento e orientación, podemos dicir que son o mesmo?

María Mar Rodríguez Romero indícanos no documento “La confluencia del asesoramiento y la orientacion como prácticas de apoyo” que ambas son labores profesionais próximas xa que comparten un terreo común, o das prácticas de apoio, constituíndose como servizos de axuda, pero que tamén teñen a súa propia personalidade.  

 

ASESORAMENTO

ORIENTACIÓN

 

ORIXE

Procede de tres termos “Consultion”, “adviser” “adivosy services” (consideración, deliberación e reflexión en erlación con consellos, recomendacións ou suxestións).

 

 Aparece ligada co “guidance”.

PRÁCTICA

Servizo indirecto. O foco de atención pasa ao profesorado.

Relación directa co suxeito/s que presentan o problema, os estudantes.

PODER / STATUS

Existe un “status” similar” (Horizontabilidade).

Existe un “status” de inferioridade (Asimetría).

COMUNICACIÓN

Bidreccional.

Unidirrecional.

META

Capacitación asesores / asesorado.

Resolución de problemas.

 

Notas de campo da sesión do 16 de Outubro de 2013

É O MESMO A ORIENTACIÓN QUE O ASESORAMENTO?

 

A cuestión é, somos ambas cousas? Somos orientadores e asesores? Podemos chegar a selas?.

Con todo isto podemos dicir que “La orientación debería ir atravesada por el asesoramiento” (Lourdes Montero, 2013), por iso o asesoramento reconfigura o sentido que sempre se lle dou á orientación dende unha perspectiva máis de incidencia no apoio, na axuda e na colaboración e nese sentido enténdese que a orientación pode ser atravesada polo asesoramento. Polo tanto, sinalamos que son dúas prácticas converxentes, con orixe diferente, e coa súa propia historia, na que todos contribuímos como profesionais.

                                                       image

Así como existen diferenzas entre orientación e asesoramento, tamén hai que dicir que na actualidade cada vez máis estes dous termos se están achegando, xa que hai intentos de cambio na orientación centrada no estudante por outros nos que se teñen en conta máis elementos como aspectos curriculares, organizativos e de perfeccionamento do profesorado, polo que está provocando que se aproxime ao asesoramento.