3.- QUE MATERIAIS IMOS EMPREGAR?

Tamén sinalar que en base ao deseño de cada ponte que varía dependendo da súa función e a natureza do terreo sobre o que se constrúe, débense elixir os materiais máis idóneos como pode ser aceiro, pedra, cemento, etc, xa que non é o mesmo tipo de construción para unha ponte que vai toda por riba do mar que pola terra. Neste caso debemos construír unha ponte mixta xa que a metade do percorrido irá por riba da Ría de Muros e Noia e a outra metade por riba de terreos noienses.

Tendo en conta a definición que realicei previamente de asesoramento existen diversos tipos de modelos, entendendo por este:

 “además de por los pasos a través de los que puede realizarse, por los supuestos en los que se asienta con respecto a clientes y consultores, por las metas que persigue, que pueden ser descritas según un criterio bipolar de intervención directa frente a potenciación y capacitación de los sujetos / instituciones, y por el tipo de responsabilidades que asigna a los sujetos (estrictamente diferenciadas o paritarias y compartidas) (Escudero, 1992, p.87)

Investigando pola rede atopei as seguintes clasificacións:

- J. M. Nieto (2005) distingue 3 modelos de asesoramento en base ao papel asumido no desempeño da práctica profesional: de intervención, de facilitación e de colaboración.

- Parrilla (1996) identifica dous eixos, o primeiro, a división entre apoios centrados no alumno versus apoios centrados na escola e o segundo, a dimensión entre apoios centrados no eixo experto versus colaboración. Do cruce de ambos eixos, identifica catro modelos de apoio que son: apoio terapéutico, colaborativo/individual, como consulta e curricular.

Dende o meu punto de vista, destes catro considero o máis adecuado o asesoramento curricular xa que ten en conta o contexto no que se atopa a escola, así como os profesionais que traballan nela para que, de forma cooperativa, esta se adapte ás necesidades e características do alumnado. Sendo este modelo indirecto, bidireccional, horizontal e de capacitación de asesores e asesorados.

- J. Domingo diferencia o especialista, o de procesos ou xeralista e o de contidos.

 

No seguinte arquivo pódese atopar definidos estes tipos de modelos de asesoramento.

MODELOS DE ASESORAMENTO

O problema é que hoxe en día non se observa ben que tipo de modelo de asesoramento hai presente, como ben nos indica CECJA (1996):

“ao mirar polo cristal da miña ventá atopei grandes sombras que non me permiten ver co nitidez o modelo de asesoramento que, dende a formación en centros, podemos desenvolver. Pero entre as sombras perfílase un modelo de asesoramento que queremos traer a estas páxinas para que non se quede no esquecemento, senón que pola contra, se establezan as condicións que permitan un desenvolvemento óptimo do mesmo”.

En relación a este modelo dicir que é preciso concibir o asesoramento como un proceso de dinamización formativa que facilite ao profesorado o desenvolvemento da súa competencia profesional, actuando de maneira activa na acción asesora e sendo quenes de levar a cabo a súa propia autoformación.

Neste senso, a actuación asesora nos procesos de formación permanente debe configurarse ao redor de principios como os seguintes:

- O centro é o eixo vertebrador da acción educativa, onde o equipo elabora e pon en marcha o seu propio proxecto.

- Importancia da contextualización do centro, coñecendo totalmente o redor da escola.

- Flexibilidade para dar respostas e formas de organización diversificada.

- Participación dos diferentes axentes educativos.

Así pois, o asesoramento debe proporcionarlle ao profesorado os instrumentos de reflexión e análise da súa práctica docente, de forma que poida afrontar as tarefas profesionais dunha maneira máis consciente, crítica e eficaz.

O ASESORAMENTO NA FORMACIÓN EN CENTROS

Ademais tamén existen numerosos modelos de orientación. Seguindo a Rodríguez Espinar e outros (1993), un modelo é “a representación da realidade sobre a que hai que intervir, e que vai a influír nos propósitos, nos métodos e nos axentes de dita intervención” e ente estes podemos salientar:

- J. M. Escudero Muñoz (1996)  mediante o criterio de clasificación a relación que manteñen entre si o orientador e a persoa orientada, diferenciaba tres tipos de modelos: modelo psicométrico, clínico-médico e humanista.

- Rodríguez Moreno (1995) dende un criterio histórico, distingue: modelos históricos, modernos, contemporáneos e centrados nas necesidades sociais contemporáneas.

- Carles Monereo (1996) facía unha clasificación en función das fins e ámbitos de intervención, o concepto de ensinanza-aprendizaxe, a relación entre orientador e resto de axente e o enfoque psicolóxico subxacente: modelo asistencial ou remedial, de consello, consultivo e construtivista.

- Álvarez e Bisquerra (1997) basearon a súa clasificación nos seguintes criterios: teoría subxacente, tipo de intervención e tipo de organización da institución onde se realiza a orientación, distinguindo: modelos teóricos, de intervención e organizativos.

- Rodríguez Espinar, Álvarez, Echevarría e Marín (1993), clasifican os modelos a partir do tipo de intervención: modelo de intervención directa e individualizada, de intervención directa e grupal, de intervención indirecta e de intervención a través de medios tecnolóxicos.

MODELOS DE ORIENTACIÓN

EXPLICACIÓN MODELOS DE ORIENTACIÓN

Ao existir esta diferenza entre o que entendemos por asesoramento e por orientación, tamén existen distincións ente os modelos dun e doutro, destacando principalmente a idea de que nos modelos de orientación dáse unha relación xerárquica e verticalentre o asesor e o asesorado debido a que as relacións entre o orientador e o orientado (alumnado) son asimétrica no sentido de que se diferencian en coñecemento, tendo unha dirección unidireccional e unha acción directa sobre o interesado. Pola contra, nos modelos de asesoramento o profesorado cobra importancia e protagonismo, polo que xa non falamos dunha relación xerárquica, senón que se da unha situación de horizontalidade, a través dunha actividades de “igual a igual” entre o profesorado e o asesor/a. Isto fai que sexa unha relación simétrica pois os coñecementos de ambos non son tan diferentes e o que importa e compartir esas diferenzas de maneira colaborativa, a través dunha actividade bidireccional. A fin do asesoramen to é a través do profesorado influír indirectamente no alumnado.

                                                             image

  SON O MESMO OS MODELOS DE ORIENTACIÓN CA OS DE ASESORAMENTO

Ao longo da historia os materiais que se foron empregando para a construción dunha ponte foron mudando ao igual que a propia orientación.

 ÉPOCAS

PONTE

 ORIENTACIÓN

Compresión

Flexión

Tracción

 

PREHISTORIA

 

Arcilla (tapial, adobe, ladrillo)

 

 Madeira

 

Cordas

Antecedentes de carácter mítico-relixioso relacionados coa astroloxía, magos e sacerdotes que predicían condutas, clasificaban as persoas e decidían o futuro profesional dos suxeitos.

 

 

HISTORIA CLÁSICA

 

  

Pedra

 

  

Madeira

 

 

Madeira e grampas metálicas

Sócrates destacou un dos obxectivos da orientación: o coñecemento de si mesmo; Platón reparou na necesidade de determinar as aptitudes dos individuos para lograr o seu axuste e adecuación social; e Aristóteles propugnou o desenvolvemento da racionalidade para poder elixir unha actividade en consonancia coas intereses dos suxeitos.

S. XIX

 Fundición

 Madeira

 Cadeas de ferro

Preparación do nacemento da orientación como disciplina formal, que se produce co proceso de industrialización.

 

 S. XX

 

 Formigón e aceiro laminado

Formigón, aceiro laminado e aleacións lixeiras

Cables de aceiro de alta resistencia, alto límite elástico e baixa relaxación

Intentos de integrar os servizos e as actividades de orientación nos centros escolares, e lévase a cabo unha intensa labor lexislativa que permite mellorar a atención e orientación ao alumnado, ao profesorado e ás familias.