2.2 Acercamento á figura/ rol de nai.

2.2 Acercamento á figura/ rol de nai.

Última actualización de en REBECA

Van pasando os días e o meu tempo mídese en semanas, que é como se mide o tempo da miña futura pequecha e así pasa un mes, e outro... e outro máis. As náuseas (das que non me podo queixar xa que non me deron moito a lata ) cesan por completo.

As miñas preocupacións xiran en torno á saúde e o benestar dese novo ser: se todo vai ben, se se desenvolve correctamente e empézome a interesar polo concepto de NAI, si, así escrito, en letras maiúsculas porque non me quero referir só a esa muller que lle dá a vida a un neno ou nena que xa sei que xa é moito senón que, quero ir máis alá. Quero acercarme a esa figura maternal dun xeito máis amplo, máis profundo, coñecer se debe estar dotada de algo especial ou se ese rol se aprende coa práctica. 

Na materia de Asesoramento curricular a centros e profesores tratamos tamén de acercarnos ao concepto de asesor, as características que debe poseer e as súas principais funcións dentro do ámbito educativo.

Recollo a continuación enlaces nos que podemos atopar traballos meus sobre información ao respecto do que estamos a falar.

1.perfil docente

Perfil docente.........Debe ter este algo especial?

Atopei esta imaxe e inmediatamente pensei nos comezos desta materia, aló por aquelas clases nas que falabamos do perfil do profesional docente ou do asesor educativo. Creo que esta imaxe recolle moitos deses adxetivos dos que falamos na clase.

 

un docente ou asesor educativo debe ter algo especial?

 2. o asesor no ámbito educativo

O asesor no ámbito educativo

3. Teñen responsabilidade os asesores educativos no fracaso e o abandono escolar? Reflexión persoal

Os asesores educativos no fracaso e o abandono escolar

Fago esta entrada no blog porque onte, ao saír da facultade e encender a radio do coche decateime de que estaban a falar do fracaso e o abandono escolar.

En dito programa de radio; un debate de Radio Lider; os locutores reflexionaban sobre este problema tan patente na nosa sociedade e debatían se isto era froito da sociedade, dos cambios de necesidades que esta adoita, do cambio do papel da escola, dos pais ou culpa da perda de respecto que hoxe en día prima na escola hacia a figura do profesor/a.

Había opinións de todo tipo, pero un concretamente, centraba o problema na escola e nos mestres/as e isto recordoume a unha frase que a profesora Lourdes mencionou na clase un día nada máis chegar e que se debía a algo que ela tamén escoitara na radio: " O asesoramento está en tódolos lados" pois eu, sen pensalo,  encontreime, no coche,  escoitando como se debatía sobre este tema.

Un locutor, como xa dixen, centraba este tema nas aulas e no profesorado e preguntábase si tanto a escola como os mestres/as precisarían da axuda dos asesores educativos dun xeito máis intenso para así poder afrontar mellor as taxas de abandono e fracaso escolar.

Falaba esta persoa de colaboración man a man coas entidades educativas e co profesorado desenvolvendo ideas, técnicas e proxectos que chamasen a atención dos alumnos e alumnas, motivándoos a seguir no sistema educativo, ofrecendo múltiples técnicas de traballo grupal nas aulas que motivasen ao alumnado a permanecer estudando e lograr cantos máis títulos académicos posibles.

A min isto pareceume ben pero logo me viñeron a cabeza dous termos dos que xa falei en entradas anteriores: colaboración e cambio.

Penso que para que isto sexa posible fai falla unha gran labor conxunta entre asesores e persoal docente dos centros educativos e que por outra banda, estes, deben estar dispostos ao cambio na súa forma de levar a cabo e incluso entender a docencia. 

4. Tarefa grupal sobre o concepto do rol de asesor e as súas principais funcións.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40345/tarea-2-anlisis-pregunta-5

5. Son necesarios os asesores educativos? Pregunta que está de actualidade no campo da política educativa en Galicia.

Educación mantiene 100 docentes como asesores mientras recorta maestros

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/07/galicia/1383853840_506146.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/11/08/denuncian-educacion-cien-asesores-docentes-nomina-pese-recortes/0003_201311G8P6995.htm?idioma=galego

 

Unha vez que teño máis claro estes conceptos e que o meu ventre e a miña caixa de coñecementos seguen medrando, preciso seguir indagando sobre outros aspectos que son precisos para que poida alcanzar un bo coñecemento en cada un destes ámbitos, tanto no ámbito maternal como psicopedagóxico.