4.- O EQUIPO DE CONSTRUCIÓN

4.- O EQUIPO DE CONSTRUCIÓN

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

Para que unha ponte se constrúa é necesario contar cun amplo equipo de profesionais entre os que podemos destacar obreiros, persoas encargadas das grúas, camioneiros, persoas que asfaltan o terreo, entre outros.

                                                     image

Desta mesma maneira para que se desenvolva o asesoramento nun centro educativo é preciso contar cunha serie de profesionais do ámbito da ensinanza, que son os mestres e mestras.

Constantemente me pregunto como pode ser o primeiro día que chegue a un centro como asesora, serei ben recibida e acollida? Haberá moitos mestres/as na miña contra? O que sei é que nun primeiro momento estarei algo asustada porque será unha situación descoñecida para min, pero isto fará que afronte este novo reto e vaia cara diante. O ideal sería que todo o profesorado estivese encantado de que eu forme parte do centro e quixeran colaborar comigo, pero sendo realistas esta situación soa moi utópica así que o que farei será apoiarme nos que queren traballar comigo e mostrarlle aos demais todas as cousas que se poden lograr para pouco a pouco ir atraéndoos.

1º DÍA QUE CHEGO A UN COLEXIO COMO ASESORA

 

Esta é unha percepción miña pero existen estudos de casos onde autores como Echeita e Rodríguez recollen por escrito as súas vivencias no primeiro ano que chegaron como orientadores a un Instituto de Secundaria Obrigatoria.

No caso de Gerardo Echeita, este non tivo unha moi boa acollida por parte dos seus compañeiros xa que o profesorado posuía unhas preconcepcións sobre os orientadores asumindo que non facían nada de nada. Ademais el dende un primeiro momento deixou ben claro cales eran as súas funcións polo que ao non responder ás demandas dos profesores/as aínda o illou máis.

No segundo caso, de Victor Rodríguez sinalar que este comezou respondendo ás demandas dos profesores/as para despois reconducilos cara onde el quería. Ademais contou dende un primeiro momento cunha boa acollida, polo que estivo máis a gusto traballando.

Estas aceptacións ou rexeitamentos están moi influídos polas percepcións que temos os mestres/as dos asesores/as e viceversa.

CLASE MÉRCORES 04 DE DECEMBRO DE 2013

Que pensan futuros asesores e asesoras sobre profesores e profesoras?

- Son os axentes principais para levar a cabo a mellora na educación, buscar a calidade.

- Son o piar básico para construír cidadáns que se poidan desenvolver de maneira activa e crítica na sociedade na que están inmersos.

- Que é necesario que teñan compromiso, dedicación e formación permanente para poder garantir unha educación integral.

- Que é preciso que teñan unha maior autonomía, que é necesario que nós como asesores/as os capacitemos para que poidan resolver os seus propios problemas.

- Moitas veces nós tamén creemos que os profesores/as son reticentes a pedir axuda polo medo a que os consideremos inferiores.

- Os profesores/as están moi acostumados a traballar na aula de xeito illado e a levar os méritos polo traballo que eles por si sos realizan pero nós, como futuras asesoras, pensamos que é precisa unha estreita colaboración e participación entre ámbolos dous axentes.

Que pensamos que pensan dos asesores os mestres? Como os ven?

- Creemos que pensan que nós estamos a un nivel superior, que somos como os “expertos”.

- Que a nosa labor é solucionar o problema no menor tempo posible proporcionándolle unha solución rápida.

- Que non é necesaria a colaboración con nós xa que estamos especializados en tarefas diferentes: nós temos que darlles “as receitas” aos seus problemas, para todo o demais non é preciso o diálogo nin a colaboración e cooperación.

- Que cuestionamos a súa práctica docente, poñéndolle “peros” a todo.

- Cremos que hai outro colectivo de mestres que si que está a favor e pide axuda, que ve ao asesor/a e a relación asesor-mestre dende o ámbito da colaboración e dunha relación dinámica. 

 PENSAMENTO SOBRE OS MESTRES-AS