4.1.- IMPLICACIÓN, COMPROMISO E COLABORACIÓN

Non obstante o que debemos buscar sempre é a COLABORACIÓN, totalmente necesaria para que un proxecto saia adiante, tanto falando da construción dunha ponte como do asesoramento dun centro educativo.

CLASE MÉRCORES 06 DE NOVEMBRO DE 2013

                                                      image

Pero, que entendemos por colaboración?

En relación ao que entendemos por colaboración sinalar as ideas de diferentes autores como Tharp (2002) ou Parrilla e Gallego (2001) para quen “os procesos de colaboración son procesos interactivos, de realización conxunta de actividades por parte de persoas con experiencias e grados de coñecementos diferentes respecto dun contido, que pretenden xerar solucións creativas a problemas definidos conxuntamente”. Como ben sinala a autora Eulàlia Bassedas, o alumnado dos centros educativos forma parte dunha comunidade na cal están inmersos outros profesionais, polo que é fundamental telos en conta, xa que poden ser importantes para conseguir os obxectivos de benestar e óptimo rendemento para todo o alumnado.

Eulàlia non só se refire á necesidade de telos presentes senón a que realicen prácticas colaborativas entre eles xa que isto favorecerá a que todo o alumnado da escola aprenda e se desenvolva de maneira satisfactoria, así como tamén que o profesorado se axuste ás diferenzas entre o alumnado e modifique o ambiente educativo. Isto reafírmao explicando a necesidade da complementariedade de miradas, xa que a pesares de que segue existindo a concepción de “respostas máxicas” especializadas e sinxelas aos problemas complexos isto non é tan doado, senón que se necesitan todas as miradas de todos os profesionais involucrados (sanitarios, educadores sociais, docentes, etc.) dándonos así unha visión máis global da persoa e, entre todos, buscar as mellores pautas de intervención.

Así pois cómpre sinalar que para nós a colaboración é o proceso onde se involucra o traballo de varias persoas en conxunto, tanto para conseguir un resultado moi difícil de realizar individualmente como para axudar a lograr algo a quen por si mesmo non podía e de maneira conxunta lle dan unha solución moito mellor.

Como posibilitamos esta colaboración?

A través de diferentes estratexias como:

- A estruturación organizada e planificadas dos espazos e dos tempos.

- Accións para potenciar a comunicación e a boa relación entre os profesionais.

- Elaboración de documentos escritos que faciliten a toma de decisións.

- Ter en conta as variables do contexto.

- Establecer unha fase inicial na que os profesionais se poidan coñecer.

E tamén, mediante distintas actitudes que deben ter ditos profesionais como:

- Estilo de comunicación, transmitindo verbal e corporalmente e que saiba escoitar.

- Ser flexibles, pacientes, empáticos, xenerosos, que sexan quen de adaptarse ás ideas dos demais.

- Sendo capaces de autoavaliarse, mostrando calma e autocontrol, interese por aprender e sendo quen de cumprir os acordos.

- Capacidade de adaptarse a novas situacións e afrontar a incerteza.

- Recoñecemento da necesidade doutras persoas en determinados momentos nos que un só non pode desenvolver o traballo.

COLABORACIÓN

Para afondar sobre este termo traballamos un texto dun autor moi relevante, Domingo Segovia, a través do cal desenvolvemos unha dinámica de discusión de grupo A técnica do acuario, da cáscara da cebola ou dos tres círculos.

                                 image                image            image

TÉCNICA DO ACUARIO

Dicir que esta se desenvolve creando tres círculos:

- Círculo interno: formado por expertos, persoas que toman a voz do autor na súa propia voz, é dicir, expresan a súa opinión e debaten acerca do texto a analizar.

- Círculo intermedio: observadores críticos que critican, contrastan ou matizan as ideas aportadas polo círculo interno de expertos.

- Círculo externo: é o que se coñecen como "observadores". Unha vez debatido o tema os expertos e os observadores críticos aportaren as súas ideas poden dar a súa opinión. A súa función é observar como se desenvolve a posta en marcha dese tema.

 

Trátase dunha moi boa técnica para afondar contidos concretos sobre unha temática, só que require que todos os suxeitos realicen previamente unha lectura reflexiva e individual do documento a traballar.

Na aula fomos capaces de levar a cabo unha boa actuación desta técnica, principalmente, dende o meu punto de vista, debido á actuación do grupo experto, xa que souberon analizar e explicar o texto dunha maneira dinámica e amena, lanzando preguntas abertas ao ar, das cales algunhas se foron contestando e outras quedaron pendentes de que cada un de nós lle dediquemos 5 minutos para respondelas interiormente.

REFLEXIÓN DO TEXTO DE DOMINGO SEGOVIA