4.2.- O ENXEÑEIRO DE OBRAS PÚBLICAS

Ademais como ben sabemos en toda obra hai un ENXEÑEIRO DE OBRAS PÚBLICAS, que é o responsable principal da construción e é o encargado de buscar esa coordinación e colaboración entre todos os profesionais.

                                                                  image

Así mesmo, nun centro educativo este papel desempéñao o asesor/a. Sendo este o profesional encargado de mediar entre os diferentes axentes educativos, sendo capaz de conciliar o dereito dos mestres a exercer con autonomía a ensinanza e o dereito da administración para influír. Para iso, como nos di María Mar Rodríguez Romero, debemos crear “pontes entre fronteiras” entre as culturas da escola e o aparato administrativo e así lograr acadar o obxectivo principal do asesoramento que consiste en ser capaz de construír colaboración entre os implicados, porque si logramos acadar esta colaboración nos centros, estableceranse traballos conxuntos e, tanto o alumnado como o profesorado non estarán illados entre catro paredes, abogando por un traballo cooperativo e non individualista.

Reafirmando isto, para Imbernón o asesor/a debe abandonar a figura de “experto infalible” e asumir un papel de guía e mediador entre iguais, o cal facilite a reflexión e axude a xerar coñecemento e a atopar solucións aos problemas particulares

Non obstante o trato por parte do asesor/a cos colegas que se refire á habilidade para tratar con persoas do mesmo status, é unha tarefa difícil xa que na maior parte do tempo o profesorado está encerrado na súa propia aula, tendo poucas oportunidades de interacción e seguindo cunha cultura máis ben individualizada segundo Hargreaves.

Como é posible o asesoramento na escola?

O PAPEL DO ASESOR, UN PAPEL CONTROVERTIDO

QUE TIPO DE ASESORES/AS NECESITAMOS NOS CENTROS EDUCATIVOS?

Por todo isto, o papel do asesor/a é un papel controvertido e aínda máis se lle engadimos o problema co que se atopa hoxe en día. Trátase dun termo de moda chegando ao punto de que non sabemos realmente a que nos referimos cando o empregamos. Preséntasenos como un paraugas que todo serve e non é así. Isto sucede principalmente por dúas razóns seguindo a Hernández (1991), por unha banda a falta dun modelo clarificador que oriente a función asesora e, por outra, o contexto no que esta práctica profesional se inscribe.

Entón, cal sería a solución?

Na miña opinión, sería fundamental proporcionarlle tanto aos asesores/as como ao profesorado espazos e tempos para que poidan desenvolver a colaboración. Con isto refírome a deixarlle horas conxuntas, dentro do horario, para que se poidan xuntar e levar a cabo entre todos reunións para abarcar unha problemática e darlle solución, propoñer novas ideas sobre como desenvolver actividades ou programas, así como tamén formar e planificar un novo proxecto para consecuentemente levalo á práctica no propio centro educativo.

Sei que isto é difícil, sobre todo no tempo que estamos, polo que o que temos que ter en consideración é que, debido a que a Administración non nos vai aportar estas vantaxes así de primeiro, aproveitar os recursos que temos, é dicir, os pequenos tempos de xuntanza de profesores (aínda que non estean todos) co asesor/a, reunións xa marcadas pola Administración, entre outros para tratar nestes tempos traballos conxuntos e así poder desenvolver a colaboración, sempre vendo o asesor/a como un igual e non como un suxeito superior.