5.- OS PLANOS

5.- OS PLANOS

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

Outro piar fundamental na construción da ponte son os planos xa que neles están as bases de  como vai ser esta. No asesoramento estes planos serían o propio currículum, aspecto a ter sempre en conta e no que nos debemos basear en moitas ocasións.

                                        image                                

Que entendemos por planos?

Seguindo a Real Academia Española entendemos por plano unha “representación esquemática, en dos dimensiones y a determinada escala, de un terreno, una población, una máquina, una construcción, etc.” Ademais podemos dicir que os planos arquitectónicos ou de enxeñería pasan a transformarse nunha especie de cartografía que ten por obxectivo poñer de maneira gráfica a organización e disposición dos elementos que compoñen a estrutura para facilitar a súa comprensión.

Neste mesmo sentido, enténdese por currículum seguindo o artigo 6 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), como “el conjunto de objetivos, competenciasbásicas, contenidos, métodos pedagógicos y criterios de evaluación de cada una de las enseñanzas reguladas en la presente Ley.

O currículo legal, como norma que regula cada un dos niveis, etapas, ciclos e graos do sistema educativo, cumpre cinco características principais:

  • Aberto: ten unha parte común ao territorio nacional (65% - 55% que son as ensinanzas comúns ou mínimas) e outra completada por cada unha das Comunidades Autónomas con competencias en educación (ata completar o 100%).
  • Flexible: pódese adaptar á realidade do entorno do Centro educativo e dos alumnos aos que vai dirixido.
  • Inclusivo: existe unha parte de formación común para todos os alumnos a nivel nacional, que cursen estas ensinanzas.
  • Atende á diversidade: permite incluír as diferenzas ou señais de identidade de cada Comunidade Autónoma.
  • Profesor Reflexivo: un currículo coas características anteriores, debe dar como resultado a figura dun profesor reflexivo, guía e orientador.

 Existen diferentes tipos de currículum:

- Oficial: tamén denominado formal (está publicado nos distintos diarios de cada comunidade autónoma), de manifesto (dise claramente o que hai), prescrito (obriga a facer determinadas cousas e a traballar en determinadas direccións), e explícito (está escrito, pódese ler, discutir).

- Nulo: tamén chamado excluído ou ausente xa que non aparece (por qué se elixen uns coñecementos e non outros).

- Oculto: tamén coñecido como implícito, latente ou non escrito. Non obstante debemos  ter en consideración este currículum cada día máis, xa que está en todas as experiencias de aprendizaxe, por exemplo “cando dicimos unha cousa e facemos outra”. Implica pensar máis alá do visible.

                                         image

DIARIO DE CLASE 13/11/13

Entorno a este tema, na clase abriuse un debate moi interesante con cuestións como:

- Os contidos a avaliar no exame son todos os do currículum? Só se avalían os de tipo conceptual?

Dende o meu punto o que debería cambiar  é o peso que ten ese exame, que se corresponde, na maioría das veces, co 100%. Non podemos obviar que, en xeral, avalíanse contidos conceptuais, polo que onde quedan as competencias tan desexadas pola Unión Europea para que acade o alumnado? Por iso é fundamental que exista a maneira de avaliar non só o qué se sabe senón tamén como o neno/a o fai, as actitudes que ten cara iso, etc e para isto unha das únicas maneiras que posuímos é a través da observación do profesorado. Isto fai que sexa necesario un cambio na concepción da sociedade cara este colectivo, vendo a súa profesión como algo difícil e beneficiosa e o seu traballo como algo produtivo, laborioso e enriquecedor para os nenos/as, facendo tamén que os pais e nais acaben colaborando cos docentes para así lograr o máximo desenvolvemento persoal e social dos seus fillos e fillas.

- Están os mestres/as capacitados para prever certas situacións de currículum oculto?

Baixo o meu punto de vista o currículum oculto está en todas accións na práctica educativa, un simple silencio, mala cara, unha mala postura, unha elección de contidos por riba doutra, entre outros, son feitos que están dando ao alumnado “algo”, unha idea do seu profesor/a e é o que se coñece como currículum oculto. Por iso é necesario ter coidado de cómo actúas principalmente porque é fundamental non dicir unha cousa e despois realizala ao revés.

- As clases particulares, a favor ou en contra en Educación Primaria?

Na miña opinión, en relación á idea das clases particulares dicir que xeralmente os nenos e nenas de Educación Primaria non deberían ter a necesidade de acudir a clases particulares porque deberíalles ser suficiente co explicado no colexio e cunha pequena axuda por parte dos proxenitores. Pero entramos aquí nunha confluencia de numerosas variables como mala metodoloxía empregada polo profesor/a, que non explica, que ten moitos nenos/as na aula e non pode adicarlle todo o tempo que quixera a cada un deles, etc, é dicir, variables educativas. Pero tamén as hai familiares, hoxe en día, son moitas as familias que non queren pero teñen que traballar dez ou máis horas ao día para poder comer, polo que lles resta tempo para estar cos seus fillos/as polo que deciden que para ofrecerlles unha axeitada educación que vaian a clases particulares garantíndose de que alí haberá alguén que lles bote unha man cos exercicios que teñen que facer, co que teñen que estudar, ou con outras cousas.

É un tema algo controvertido porque creo que non é doado poñerse a favor ou en contra, senón que depende de cada caso en concreto. O que si que me parece unha atrocidade é cando un neno vai a unhas clases particulares porque os pais así “desfanse” del durante un tempo, a pesares de que eles mesmos sabían e tiñan tempo para axudalo cos seus traballos.

REFLEXIÓN SESIÓN 13-11-13

Relacionando o propio currículum co asesoramento sinalar que existen diversas actuacións onde se desenvolve “asesoramento curricular” como:

- Cando un mestre solicita axuda ao orientador do centro para tratar de dar resposta ás dificultades que observa nun alumno/a do seu grupo-clase ou doutros, tanto para detectar as súas posibles dificultades como para ofrecer guías ou estratexias para traballar con este neno/a. Esta é unha actuación que creo que se trata de asesoramento curricular porque o asesor/a ten que saber que contidos domina ou non o alumno/a e axudarlle a acadar o maior desenvolvemento nas áreas “afectadas”.

- Cando as dificultades que se presentan nos alumnos/as son significativas requírese unha modificación a nivel de obxectivos, contidos ou criterios de avaliación que se coñece como adaptación curricular individualizada, para a cal é preciso a labor conxunta do titor/a e do asesor/a.

- Asesoramento aos mestres/as na elaboración das unidades didácticas e tamén asesoramento na elaboración do Proxecto Educativo, Proxecto Curricular, Plan Acción Titorial, programación dos contidos transversais que se imparten en diferentes materias curriculares así como calquera outro documento de centro.

- Cando un mestre lle pide opinión a un asesor con respecto a metodoloxía que pode empregar para levar a cabo unha determinada actividade cun grupo de alumnos/as ou cun alumno/a en concreto que presenta algún tipo de dificultade.

- Cando un mestre/a se asesora co orientador/a en canto a ver cal é a mellor maneira de avaliar os contidos que se lle ensinan aos alumnos/as, en especial atención aos alumnos/as que teñen algunha dificultade. Un exemplo disto serían os nenos/as que teñen dislexia que sería bo que fosen avaliados dos contidos escolares de maneira oral e non tanto de maneira escrita.

- Reunións do Departamento de Orientación, titor/a, mestres/as doutras materias e experto externo para tratar unha necesidade dun neno/a (parálise cerebral, altas capacidades,…)

- O asesor/a pode orientar dando pautas, estratexias, guías en todas as actividades que realice como membro da Comisión de Coordinación Pedagóxica. 

TÉCNICA DAS 3 P