6.- AS MEDIDAS ELIXIDAS

6.- AS MEDIDAS ELIXIDAS

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

Unha vez deseñados e determinados os planos decídense que medidas establecer, como por exemplo, con cantos carrís vai contar a ponte, que anchura vai ter, que altura, que grosor debe ter a mediana, a pendente da ponte, entre outras.

Así mesmo unha vez visto o currículum é necesario atender á diversidade tan existente hoxe en día nas nosas aulas, sendo preciso que todo alumno e alumna sexa quen de adquirir as competencias básicas.  Non obstante, como ben sabemos, hai alumnos/as que precisan de recursos e técnicas máis específicas ca outros, polas súas propias características, xa que poden presentar algún tipo de Necesidade Específica de Apoio Educativo (NEAE), termo que aparece coa LOE. Pero, que entendemos por atención á diversidade?

Enténdese por atención á diversidade o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.” (Decreto 229/2011, p. 37491).

Para desenvolver esta atención á diversidade existen unha serie de medidas, que son actuacións ou estratexias destinadas a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado:

- Ordinarias: aquelas que facilitan a adquisición do currículum, sen necesidade de alteralo de maneira significativa, é dicir, non se modifican os obxectivos, contidos nin criterios de avaliación. Son exemplos: modificación da metodoloxía, da estrutura organizativa, dos tempos, etc.

- Extraordinarias: aquelas que están destinadas a dar resposta ás necesidades educativas dos alumnos/as que presentan algunha dificultade a través da modificación do currículum, é dicir, a través de cambios nos obxectivos, contidos ou criterios de avaliación. É preciso sinalar que estas aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou si estas últimas resultan insuficientes. Ademais para a aplicación das medidas extraordinarias será necesaria a autorización da dirección do cento educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda e, se é o caso, informe xustificativo do correspondente Servizo de Orientación. Son exemplos destas as Adaptacións Curriculares, os Programas de Diversificación Curricular e os Programas de Cualificación Profesional Inicial, dos cales afondarei un pouco máis.

CLASE MÉRCORES 04 DE DECEMBRO DE 2013 II

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE