6.1.- ANCHURA

6.1.- ANCHURA

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

Unha das medidas a ter en conta na construción dunha ponte é a anchura que vai levar. Isto inflúe xa que segundo esta haberá un número de carrís, os piares terán que soportar maior ou menor peso, etc.

                                                      image

 

Dentro do currículum é preciso tamén ter en conta a anchura deste, xa que en moitas ocasións é necesario estreitalo ou amplialo segundo as características e necesidades de cada neno ou nena. Isto realízase a través das Adaptacións Curriculares.

Que son?

Trátase de modificacións dun ou de máis elementos prescriptivos do currículum, como son os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación, para atender as necesidades educativas dun alumno ou alumnas motivadas tanto por unha determinada dificultade persoal como polas súas capacidades excepcionais. O seu referente serán os obxectivos xerais de etapa, concretados nas programacións de ciclo. Sinalar, tamén, que se deben levar a cabo unha vez esgotadas outras medidas ordinarias de intervención educativa.

Cales son os principios que deben ter en conta?

- Normalización.

- Ecolóxico.

- De significatividade.

- De realidade.

- De participación e implicación.

A quen van dirixidas?

Van dirixidas a aquel alumnado que non é capaz de seguir o seu currículum ordinario e presenta un desfase curricular de dous cursos por abaixo ou ten coñecementos superiores ao seu nivel.

Cales son os tipos que existen?

- De acceso ao currículo: físico ambientais e de acceso á comunicación.

- De ampliación: Para o alumnado con altas capacidades.

- Individualizadas: non significativas e significativas.

Que duración teñen?

En Educación Primaria as Adaptacións Curriculares son de dous cursos, un ciclo educativo. Xa na Educación Secundaria Obrigatoria, en 3º e 4º son por ano académico ao non formar estes cursos parte dun mesmo ciclo.

ADAPTACIÓN CURRICULAR