6.2.- ALTURA

6.2.- ALTURA

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

Outra das medidas a ter en conta é a altura, xa que ao pasar por riba do mar hai que ter presentes as mareas tanto no verán como no inverno, e ao pasar por riba de terra hai que deixar espazo para que se poida desprazar por debaixo da ponte, etc.

                                         image

Así mesmo, unha medida curricular son os Programas de Diversificación Curricular, os cales varían a altura dos contidos que teñen que adquirir o alumnado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Que son?

Os Programas de Diversificación Curricular consisten nunha medida extraordinaria cuxa finalidade é por ao alcance do alumnado que o precise a consecución dos obxectivos da ESO e, por tanto, a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria, mediante unha metodoloxía específica, con contidos e áreas diferentes, adaptados as súas características e necesidades. Teñen en conta os principios e fins que configuran o sistema educativo español, que se inspiran, entre outros, no principio de flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado.

A quen van dirixidos?

Van destinados aos alumnos maiores de 16 anos (ou que os cumpren no ano que acceden ao programa) aos que se lles realizou a correspondente avaliación psicopedagóxica, que en cursos anteriores atoparon dificultades xeneralizadas, estando nunha situación de risco evidente de fracaso cursando o currículo ordinario.

Que duración teñen?

En xeral dous anos, pero hai excepcións nos que se leva a cabo ao longo dun só ano, cando se tratan de alumnos e alumnas que cursasen o cuarto curso de educación secundaria obrigatoria sen acadar o título e os alumnos maiores de 17 anos que permaneceran dous anos en 3º de ESO. 

PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR