6.3.- LONXITUDE

6.3.- LONXITUDE

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

O terceiro aspecto a ter en conta como medida a construír nunha ponte é a lonxitude.

                                       image


No caso da ponte de Noia irá dende a rotonda na que finalice o corredor que vai a Santiago de Compostela ata Testal, facendo unha variante á vila de Noia.

Neste senso, dentro do currículum unha medida de atención á diversidade son os Programas de Cualificación Profesional Inicial, a través dos cales se busca a lonxitude formativa e académica do alumnado que ten dificultades na Educación Secundaria Obrigatoria.

Que son?

Os Programas de Cualificación Profesional Inicial son unha medida extraordinaria para que o alumnado ao que vai dirixido poidan alcanzar os obxectivos da etapa de educación secundaria obrigatoria, a fin de que acaden tamén competencias profesionais propias dunha cualificación de nivel 1 da estrutura actual do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, así como de que teñan a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria e de que amplíen as súas competencias básicas para proseguir estudios nas diferentes ensinanzas.

A quen van dirixidos?

Van dirixidos ao alumnado que teña entre 15 e 21 anos cumpridos dentro do ano do inicio do programa para o que se considere que é a mellor opción para acadar os obxectivos da etapa de educación secundaria obrigatoria, e que non cursara con anterioridade outro programa de cualificación profesional inicial

Que duración teñen?

Estes programas terán unha duración de dous cursos académicos e ofreceranse en réximes e modalidades diferentes, a fin de satisfacer as necesidades persoais, sociais e educativas do alumnado. 

PROGRAMA DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL