7.- CONCLUSIÓN

7.- CONCLUSIÓN

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

E por fin a ponte está construída. Pouco a pouco e peza a peza chegamos a nosa meta grazas ao gran esforzo que fixemos cada un ao ir engadindo cada unha das pedras necesarias. Ademais, o bonito desta construción é que podemos dicir que, despois destes todos meses invertidos na indagación e recreación desta ponte, esta é sólida, puidendo pasar con seguridade os vehículos por ela.

                                                image

En si dicir que o asesoramento é unha acción que perdura toda a vida, non é algo puntual senón que debe ir ao par do cambio no que está emerxida a nosa sociedade e a aprendizaxe. Ademais debe ter como obxectivo principal acadar esa educación de calidade facendo para iso o asesor/a todo o necesario, como apoiar ao profesorado, mostrar estratexias metodolóxicas, participar en proxectos educativos colaborativos, entre outros.

Esta ponte, a pesares de que durante todo este cuadrimestre se foi creando e por fin puidemos chegar a outra beira da ría, sempre vai estar en continuas obras, ampliando carriles, xuntando algúns, reforzando as vigas, etc en función do enriquecemento dos nosos coñecementos.

Considero necesario salientar que a función do asesor/a está un pouco “borrosa” hoxe en día nos centros educativos, sendo necesario que se clarifique cales son as súas funcións, así como que se revalorice socialmente este rol profesional, xa que así poderase obter mellores resultados.

E, para finalizar destacar unhas palabras dun gran home que pasou pola terra e que, por desgracia, recientemente nos abandonou.

"La educación es el arma más poderosa para cambiar el mundo." Nelson Mandela

Así que creo que todos sabemos o que debemos facer e polo que debemos loitar, por esa ansiada educación de calidade.