8.- AUTOAVALIACIÓN

8.- AUTOAVALIACIÓN

Última actualización de en María Vázquez de la Iglesia

Unha vez chegado a outra beira desta ponte, non me queda outra que voltar a vista atrás e observar o longo camiño que acabei percorrendo. Por un lado destacar a miña andanza de maneira individual a través das lecturas de documentos, indagacións pola rede ou con material impreso e das reflexións persoais que fun aportando neste e-portafolio, as cales todas elas me fixeron afondar e afianzar os meus coñecementos sobre o asesoramento e a orientación, ligando ideas que tiñan previamente soltas, aprendendo outras novas e buscando novas pontes de unión que aínda están sen rematar de ligar xa que isto é un coñecemento continuo; así  como tamén me axudaron a madurar tanto como persoa como profesional do día de mañá, xa que canto máis saibamos dos distintos aspectos cos que nos podemos atopar máis seguros estaremos e ao ter que afrontar este novo reto de metodoloxía fíxome crecer e sentirme máis segura de min mesma.

Ademais, grazas a un arquivo que descubrín a través desta materia fun capaz de ver que non podemos perder o tempo elixindo e elixindo posibles opcións xa que así váisenos o tempo, senón que si que debemos buscar pero só ata atopar a opción máis idónea para nós e unha vez nese punto loitar por ela crendo que é a mellor.

POR QUE MÁIS É MENOS

Por outro lado destacar o percorrido que non podería facer sen a axuda de todos os meus compañeiros e compañeiras, de maneira grupal, a través tanto dos debates que levamos a cabo na aula ou as diferentes técnicas, así como dos traballos realizados no meu pequeno grupo Psicopedagogas en acción!, xa que entre todos construímos un mellor coñecemento. Con isto refírome a que cada unha das persoas que estiveron presentes nesta materia, así como a propia profesora, da cal puidemos aprender moitísimo, deixaron unha pegada na miña aprendizaxe entorno a esta temática.

Por todos estes motivos, considérome moi satisfactoria co traballo realizado en distintos sentidos.

En primeiro lugar creo que como grupo clase en xeral cumprimos coas expectativas da profesora, xa que participamos nos distintos debates e técnicas, iso si unhas persoas máis ca outras.

En segunda lugar como pequeno grupo considero tamén que fomos realizado de maneira produtiva e grata os diferentes traballos, reuníndonos para compartir e debater as nosas ideas sobre os temas a traballar.

En terceiro lugar,  espero cumprir as expectativas de boa alumna dende o punto de vista da profesora. Dende o meu, dicir que sempre puxen todas as miñas ganas e interese en cada un dos arquivos e entradas do blog que fun engadindo, interesándome constantemente pola temática a traballar, indagando máis alá do afondado na aula, etc. Isto pódese comprobar a través da cantidade de arquivos subidos que, baixo a miña perspectiva é un número óptimo. Falando da calidade destes, eu creo e espero non confundirme que realmente fixen o que se buscaba nesta materia, reflexionar sobre o asesoramento e non simplemente plasmar ideas doutros autores/as.

E, en cuarto lugar e non por iso menos importante, a realización deste e-portafolio a pesares de que me levou bastantes horas trátase dun resultado proveitoso e confortable, estando contenta do traballo realizado, da capacidade de lograr ver o simil da construción da ponte de Noia coa propia materia, e da capacidade de cohesionar e unir todos os arquivos e entradas de blog a través dese fío condutor.

Como  ben dixen anteriormente estou moi satisfactoria con todo o traballo realizado ao longo da materia, polo que creo que isto debería estar recompensado dalgunha maneira a través da cualificación da materia. Si me mandasen determinar que nota merezo, tendo presente todo o esforzo invertido nestes últimos catro meses, decantaríame por un notable alto.