Capítulo 1.1. Chispirita e a definición de asesor

Chispirita debe coñecer a medida que se vai formando, que o asesor ten unha gran importancia na mellora da calidade da educación.

O asesor psicopedagóxico pode definirse como o profesional preparado para ofrecer servizos psicopedagóxicos ás persoas que integran as organización educativas tanto formais como non formais, para levar a cabo unha mellora na calidade da educación, é decir, é aquel profesional da educación que guía, orienta, apoia e axuda ao individuo ao longo da súa vida para conseguir un completo desenvolvemento integral.

O asesor psicopedagóxico debe estar ao tanto das innovacións que se producen no ámbito educativo, debe estar disposto a cambiarse a si mesmo e á sociedade, debe ser capaz de mellorarse, e debe ter a intención de cambiar a educación para lograr mellorala.

Para lograr o anterior, o asesor debe contar  con un conxunto de habilidades:

  • Facilidade para traballar en grupo.
  • Capacidade para a formación.
  • Coñecemento de materias, áreas e e temáticas relevantes na práctica educativa.
  • Capacidade de organización e estructuración do traballo a realizar.
  • Capacidade para a colaboración.
  • Capacidade para a resolución de conflictos.
  • Capacidade para o diagnóstico e a avaliación.
  • Compromiso hacia a súa labor.
  • Capacidade de iniciativa.