2.2. Chispirita e os modelos de asesoramento

2.2. Chispirita e os modelos de asesoramento

Última actualización de en paula pose

Chispirita xa coñece os modelos de orientación, así que agora deberá profundizar nos modelos de asesoramento para seguir coa súa formación.

Os modelos de asesoramento son os seguintes:

Modelo de intervención: é un modelo de asesoramento educativo centrado no punto de vista da parte asesorada, que interpreta e define a realidade da parte asesorada. O asesor resolve o problema do asesorado, sendo éste dependente do primeiro.

O tipo de asesor para este modelo correspóndese coa figura do experto, quen fai un diagnóstico e a partir del propón unha solución. Deste xeito, asúmese que o experto pode e debe imponer solución aos problemas ou ditar o que se debe facer, mantendo un punto de vista neutral e obxectivo e é esencial que transmita de forma clara o que deben facer e cando.

Modelo de facilitación: define un tipo de asesoramento educativo centrado no punto de vista da parte asesorada..O sentido das decisións e das accións de cambio é unilateral e a iniciativa é exercida pola persoa asesorada. O papel do asesor consiste en averiguar cómo axudar ao asesorado para que este sexa quen diagnostique o seu problema e lle atope solución. Polo tanto, a relación de axuda segue un esquema de abaixo cara arriba. Tendo en conta que o asesoramento se desenvolve a partir dos intereses ou preocupacións do asesorado, estes son os únicos que están lexitimados para determinar os fins e os medios, debendo ter o asesor un especial coidado en non impoñer as súas ideas.

 Modelo de colaboración: define un tipo de asesoramento educativo baseado na interdependencia entre o asesor e o asesorado. A toma de decisións que afectan á resolución de problemas é consensual, exercida por asesor e asesorado en condicións de horizontalidade e responsabilidade compartida, sendo a influencia bilateral e paritaria.