Capítulo 4.1. Chispirita e as medidas de atención á diversidade

 A continuación, Chispirita vai a profundizar nas diferentes medidas de atención á diversidade.

Segundo o Decreto 229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación, enténdese como medidas de atención á diversidade, aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e aparecen recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade.

As medidas ordinarias de atención á diversidade, son aquelas que facilitan a adecuación do currículo prescriptivo sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado. Estas medidas teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.

Son exemplos de medidas ordinarias as seguintes:

  • Adecuación da estructura organizativa do centro.
  • Adecuación das programacións didácticas ao entorno e ao alumnado.
  • Metodoloxías basadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titorías entre iguais, aprendizaxe por proxecots e e outras que promovan a inclusión.
  • Adaptación aos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.
  • Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e actuacións destinadas á mellora da convivencia.
  • Desdoblamento de grupos.
  • Reforzó educativo e apoio do profesorado con disponibilidade horaria.
  • Programas de enrequicemento curricular.
  • Programas de reforzó nas áreas instrumentais básicas.
  • Programas de recuperación.
  • Programas específicos personalizados.
  • Programas de habilidades sociais.

As medidas extraordinarias de atención á diversidade, son todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requerir de modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, nos elementos de acceso ao currículo o una modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultar estas insuficientes.

Para a aplicación destas medidas será necesaria a autorización do centro educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda, e, no seu caso, informe xustificativo do correspondente Servizo de Orientación.

Entre as medidas extraordinarias de atención á diversidade están:

  • As adaptacións curriculares.
  • Os agrupamentos flexibles
  • O apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou en Audición e linguaxe.
  •  A flexibilización da duración do período de escolarización.
  • Os programas de diversificación curricular.
  • Os programas de cualificación profesional inicial.
  • A atención educativa ao alumnado que por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada a un centro educativo.
  • Grupos de adquisición das linguas.
  • Grupos de adaptación da competencia curricular.

 

Chispirita, a nosa asesora, debe ter claro que a atención á diversidade é algo fundamental na súa profesión e debe ser capaz de detectar as características individuais dos individuos para lograr unha adecuada resposta que satisfaga as necesidades dos mesmos e lograr o seu óptimo desenvolvemento.

A continuación presentarase o enlace a archivos nos que Chispirita comenta algunhas das distintas medidas extraordinarias de atención á diversidade: