Entre la realidad y el deseo: Una visión del asesoramiento

asesoramiento, trabajo en red, cooperación y colaboración.jpg

Este é un resumo do texto de Montero y Sanz (2008): Entre la realidad y el deseo: una visión del asesoramiento.

Entre la realidad y el deseo, una visión del asesoramiento.docx

Agora farei unha reflexión sobre este mesmo texto:

reflexión sobre o texto de Montero y Sanz: "Entre la realidad y el deseo: una visión del asesoramiento

Hai tres tipos de asesoramento, o mellor é o interno, xa que ten un contacto máis directo e ó pertencer ó centro, o orientador está máis informado; o asesoramento externo é máis puntual e alleo ó centro. É moi complexo para un único orientador atender a todas as demandas de profesores, pais, alumnos… A concepción do orientador é máis ben clínica, e cren que vai “curar” a un neno con problemas tanto sexan de conduta como de dificultades.

Creo que é sorprendente a variedade de situacións que un asesor pode ter, é dicir, as tarefas, e todas as funcións que debe realizar. Cada día hai máis xente que empeza a coñecer a existencia do orientador, e algunhas das súas funcións. Aínda así, é moi importante que o orientador sexa visible, e que a xente recorra a el e lle pida axuda e consello.

O máis adecuado é o modelo de consulta triádica, xa que deste modo, resolven o problema entre o titor e o orientador, sempre poden consultarse dúbidas, para finalmente chegar a un acordo; intentando intervir sempre tendo totalmente en conta o contexto no que se desarrolla o individuo. Para isto, é preciso de moito tempo, e coordinación, así como colaboración entre todos os membros pertencentes á comunidade educativa.

A teoría é importante para a práctica, pero realmente o que máis se nota e che pode motivar ó ver os logros é a práctica, pero hai que ter paciencia e realizar os cambios pouco a pouco, empezando por pequenos cambios para chegar a lograr grandes cambios.

Todo o mundo debería facer un diario sobre as prácticas, xa que mediante a nosa experiencia xeramos aprendizaxe noutros. Ademais é moi útil o feito de intercambiar información mediante blogs, foros, aulas virtuais…

A colaboración, o traballo en rede e a dinamización de proxectos de innovación son eixes fundamentais.