4. Ferramentas da mochila do asesor en educación e do educador en xeral

No propio título deste bloque pódese entrever a miña opinión: aquelas ferramentas que consideramos valiosas para o asesoramento son as mesmas que consideramos valiosas para a educación en xeral. Podemos consideralas, polo tanto, eixos transversais a ambas prácticas. Isto ten sentido se entendemos que a primeira esta incluída na segunda e, se algo atravesa a unha delas, atravesará á outra tamén.

Para tratar de dar certa organización á complexidade que nos ocupa divídoo en dous apartados: o asesoramento curricular e claves para contruír verdadeiras comunidades educativas.

 

O asesoramento curricular

Como comentei no seu moemnto, cando falamos de educación, estamos a falar dunha realidade moi complexa:

A educación, conservación e innovación simultáneas

Na mesma sesión de clase do día 11 de novembro á que me referín na entrada anterior comentouse unha idea que, como xa dixen no seu momento, me chamou especialmente a atención: a ensinanza é unha actividade na súa natureza conservadora.

Como din Pardo e Tobío (1990), o animal humano está especialmente adaptado para transferir o aprendido dunha xeración á seguinte. Esta especialización para aprender é a xusta contrapartida ó estado de inmadurez en que nace o home, un estado que pode calificarse de inacabado nun plano biolóxico, pero que ten a contrapartida vantaxosa de requirir a intervención da cultura, na que o home termina por “acabarse”. Dicir "intervención da cultura" é igual a dicir "intervención dos adultos formados previamente nela", porque son eles os que, a través da interacción e da comunicación, axudan ó novo membro a incorporarse á comunidade.

Parece obvio pensar que se, como se acaba de dicir, os adultos son formados nunha cultura determinada e a transmiten á xeración seguinte, a educación é conservación. En cambio, dende que o ser humano “comezou a educar” ata os nosos días o mundo viviu innumerables e importantísimos cambios e isto parece contradicir á afirmación anterior.

Así é a educación, unha actividade tan complexa que xa resulta contraditoria ou paragóxica na súa propia definición: trátase de conservación e innovación ao mesmo tempo, debe conciliar ambos.

Por unha parte, sería unha aberración deixar que se perdese no tempo todo aquilo que o ser humano foi creando e descubrindo. Todo aquilo que xa se coñece resulta moi valioso para as novas xeracións que non teñen que redescubrir  nin reinventar todo o que redescubriron e reinventaron os seus antepasados para beneficiarse do mesmo.

Por outra banda, temos que seguir avanzando como especie, sempre se pode mellorar, non hai máis que ollar a realidade para saber que podemos e debemos ser mellores, entendendo, dende o meu punto de vista, a melloría como unha tendencia cara o equilibrio no mundo, cara o desenvolvemento sostible. Neste sentido a compoñente innovadora da educación xoga un papel fundamental.

Penso que, sen perder a esencia conservadora da educación, paga a pena potenciar a innovadora apostando por un modelo produtivo da educación fronte a un modelo reprodutivo. Neste modelo produtivo teñen cabida palabras como proba, erro, diversidade, descubrimento, curiosidade, observación, hipóteses, investigación... En definitiva, ten cabida a experiencia. Non se trataría dunha transmisión de produtos acabados, senón dunha guía para a construción e o desenvolvemento de determinadas capacidades e competencias que favorezan a investigación o descubrimento e, polo tanto, o cambio.

É dende este modelo reprodutivo dende o cal se propicia, na miña opinión, o desenvolvemento da autonomía, a creatividade e o pensamento diverxente e reflexivo nos educandos tan necesarios para que a sociedade avance. Por isto, non debemos esquecer que, ademais de conservación, a educación é cambio.

 

Nesta realidade tan complexa e dinámica enmárcase o asesoramento curricular, unha práctica que contribúe á súa vez, ao desenvolvemento curricular, profesional e da escola. Toda a comunidade educativa forma parte dunha ou varias institucións e é nelas onde se sitúa o asesoramento. O cambio nalgúns dos elementos desta comunidade acabará por repercutir noutros. Cada decisión ten unha consecuencia. Isto é o currílo. Unha vez nunha materia da Diplomatura de Maxisterio definímolo como "Todo aquilo que sucede na escola e as súas consecuencias".

De que falamos entón cando falamos de asesoramento curricular? Para responder a esta pregunta resultou moi útil a tarefa grupal realizada na aula na que tivemos que recorrer á propia experiencia:

http://stellae.usc.es/red/file/view/45908/tcnica-das-tres-p

Así mesmo, cabe incluír aquí unha reflexión acerca de dous tipos de currículo, o oficial e o nulo:

Currículo oficial e currículo nulo, selección en función da política ou o saber?

Na sesión do luns 11 de novembro de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores desenvolveuse un thinking aloud (pensando en voz alta) acerca de determinadas ideas claves en torno á materia do desenvolvemento curricular.

En xeral, resultou ser moi clarificadora xa que se propuxeron definicións sinxelas e concisas tanto para un elemento tan complexo como é o currículo escolar, como para os seus diferentes tipos e elementos.

Así mesmo, saíron á luz e foron comentadas determinadas ideas entorno á relación entre o desenvolvemento curricular e o desenvolvemento profesional dos docentes e á relación destes coas institucións, que me parecen moi interesantes.

Segundo Stenhouse, non é posible o desenvolvemento curricular sen o desenvolvemento profesional dos profesores, polo que o primeiro obxecto de coñecemento e reflexión docente debe ser a propia práctica. Ademais, débese ter en conta que os profesores viven en institucións, non son entes illados. Así a medida que cambian os docentes cambian as institucións e viceversa, é dicir, existe unha relación dialéctica entre os mesmos. Deste xeito, o desenvolvemento curricular, o profesional, o da escola, a autoavaliación, a formación en exercicio e o desenvolvemento persoal, estreitamente ligado ó profesional no ámbito da educación, inciden uns nos outros formando parte dun gran “círculo” que se podería definir co popular refrán “es la pescadilla que se muerde la cola”.

Esta foi a síntese da sesión e consideraba oportuno referirme a ela brevemente. En cambio, o tema que me ocupa nesta entrada é outro que se comentou por enriba ó destacar os tipos de currículo. Deixando á marxe o oculto, é dicir, aquel implícito, latente e non escrito, centrareime na relación de antonimia que existe entre o currículo oficial ou prescrito e o nulo ou ausente, todo aquilo que non ten cabida no mesmo.

Non tratarei de clarificar os significados de ambos conceptos unha vez máis, pois o que pretendo é centrarme na idea que se comentou na clase de que a selección cultural que se fai na escola pode que responda a unha cuestión de política en lugar de a unha cuestión de saber. Por que determinados saberes forman parte do currículo oficial e outros pasan a quedar relegados nos currículo nulo? Na miña opinión, todo o coñecemento é valioso e si parte del queda á marxe é porque alguén considera o contrario, uns saberes son máis importantes que outros. Como se pode apreciar, trátase dunha cuestión ideolóxica e polo tanto, política.

Segundo Rodríguez Lestegás (2012), o funcionamento da escola adoita reproducir o código de valores dominantes da sociedade da que forma parte. Unha minoría hexemónica da sociedade é a que decide o que se considera valioso para formar parte da cultura escolar e as persoas que non acreditan coñecer iso porque non pasan os exames son consideradas fracasadas. Así, nunha sociedade na que a cultura académica transmitida na escola constitúe un factor de distinción social, pois ascender na xerarquía educativa supón ascender na xerarquía social, o sistema educativo formal cumpre a función de filtro selectivo e lexitimación das diferenzas. A escola constitúe, xa que logo, o escenario no que se produce unha selección en función dos saberes e procesos que a propia escola lexitima. É o que se coñece como “darwinismo escolar”.

Neste sentido, a escola ten un papel moi limitado como axente de transformación social, tarefa que debe ser asumida pola sociedade no seu conxunto. Por si soa a escola non pode transformar a sociedade, senón máis ben será a transformación da sociedade a que propicie a transformación da escola.  Así, preséntasenos unha visión bastante pesimista do que os educadores podemos facer polo cambio ou a mellora se non cambia o noso contorno no seu conxunto.

Pola contra, prefiro pensar que si que existe na educación certo poder para levar a cabo cambios que aínda que comecen por pequenos detalles poidan desembocar en cambios máis profundos e esenciais. Como se dixo, a relación  docente-institución é dialéctica. Pode que isto sexa unha utopía pero ter un horizonte presente é o que nos permite camiñar. Remito este fragmento de Eduardo Galeano unha vez máis: "La utopía está en el horizonte. Camino dos pasos, ella se aleja dos pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. ¿Entonces para que sirve la utopía? Para eso, sirve para caminar."

 

É fundamental tamén, enmarcar tamén no asesoramento curricular, as relacións entre asesores e profesores que estarán indubidablemente condicionadas polo que uns pensen dos outros:

http://stellae.usc.es/red/file/view/45570/tcnicas-de-las-dos-p

 

Que elementos poden mellorar estas relacións ou o clima da comunidade educativa en xeral? Verémolo a continuación.


Claves para constituír verdadeiras comunidades educativas

Neste apartado teñen cabida unha serie de metas e medios ao mesmo tempo, que, na miña opinión son a clave para unha educación de calidade e que, aínda que foron separadas para o seu estudo, están estreitamente relacionadas entre sí.

A primeira delas é a COLABORACIÓN. Trátase da máis comentada na clase dende o inicio ata o final. Así, son dúas entradas que inclúo aquí ao respecto:

A colaboración, eixo fundamental do asesoramento

A colaboración, eixo fundamental do asesoramento

Comparto este arquivo no que reflexiono sobre a solaboración en base aos artigos recomendados.

 

El asesoramiento desde dentro. Lo que sobra y lo que importa

El asesoramiento desde dentro. Lo que sobra y lo que importa

Comparto este arquivo no que reflexiono sobre o artigo de Echeita e Rodríguez traballado na aula o día 18 de novembro mediante a técnica do seminario.

 

A segunda delas, é a COMUNICACIÓN:

Juntarse a hablar

Comentei na reflexión acerca do artigo de Domingo Segovia, no que se fai un chamamento ao asesoramento dialógico baseado na comunicación crítica, que o diálogo é algo fundamental da nosa especie, algo que nos define como tal. En cambio, moitas veces non somos conscientes da importancia da comunicación para o noso desenvolvemento en tanto que seres socias, e iso de "xuntarse a falar" pasa a ser nos nosos días algo "propio de outra época".

A continuación recollo un fragmento, ao respecto desta idea, de M. Carmen Díez Navarro no seu libro El piso de abajo de la escuela, aproveitando para recomendárvolo a todos os interesados no ámbito da Educación Infantil:

"Juntarse a hablar es uno de los actos más característicos y saludables que tienen lugar entre las personas. Sin embargo, en este tiempo de prisas, de "eficacia", de "pasar", se está convirtiéndo en una costumbre frágil, y casi en peligro de extinción.

Pensemos por un momento en esos grandes grupos de adolescentes que se balancean al ritmo de una pulsación musical que no precisa palabras; en esas conversaciones hechas a base de tópicos, en las que no se transmite apenas nada; en ese andar de puntillas para no despertar ningún conflicto y, así, no tener que taparlo o que hablarlo. En esos escasos tiempos de encuentro familiar, envueltos por las televisivas y lejanas palabras de otros. En esas frases odiosas que invaden el lenguaje cotidiano: "No me cuentes tu vida", "Olvídame", "Ese no es mi problema"; en esos teléfonos móviles que acompañan a la gente, dándoles un simulacro de presencia constante y consoladora...

Estamos, pues, caminando a marchas forzadas hacia una seria contradicción en la era de la comunicación por excelencia, estamos callándonos, escondiéndonos, aislándonos, y no escuchando ni valorando ni lo que tendríamos que decir nosotros ni lo que tendrían que decir los demás, y que, seguramente, nos ayudaría a vivir.

Creo que este fenómenos de no decir y no decirse, no pensar y no pensarse, tendrá unas consecuencias regresivas para las personas, y que sería importante hacer un esfuerzo colectivo para reencontrar el sentido del "juntarse a hablar", que decía al principio, y que nos llevaría a tener una existencia más tranquila, más equilibrada y más cercana a los otros. Es decir, a poner más en consonancia nuestro mundo interior y la reducida punta del iceberg que mostramos afuera.

Hace ya tiempo leí un pequeño escrito sobre los puercoespines, original de Shopenhauer, que me resultó especialmente significativo. Tomo el texto de un artículo de Adrián Buzzaqui (1990), que utiliza la parábola para ilustrar la problmática de los grupos.

Los puercoespines, que andan siempre entre varios, tienen que resolver un problema complejo: ¿Cuál es la distancia en la que pueden estar juntos, suficientemente cerca, pero no tanto para herirse entre sí con sus púas?

Los puercoespines necesitan acercarse para darse mutuamente calor (viven en lugares fríos), pero no pueden acercarse demasiado, se harían daño con sus púas (eventualmente llegarían a morir). En algún sentido, se trataría de vivir con un poco de frío, vivir con algunas heridas...

Resolver el roblema significa encontrar la distancia justa, óptima entre el calor necesario para vivir y el menor dolor posible. Por otra parte, hay que considerar que no es una situación estática; los puercoespines se mueven y por lo tanto la distancia que mencionábamos como óptima es continuamente transformada. El equilibrio logrado es, en sí mismo, inestable, ya que será intermitentemente perturbado por el movimiento de uno u otro puercoespín.

Esta situación permanente, cerca, lejos, cerca, lejos; este movimiento que ilustran los puercoespines (de ahí la idea de parábola) esboza toda la cuestión grupal: es decir, la dialéctica conflictiva entre lo singular y lo colectivo, y más aún, entre lo individual y lo social. El movimiento de uno cualquiera de los puercoespines provoca, casi inevitablemente, el movimiento en el resto, para establecer el equilibrio, la homeostasis lograda, sin calor (o daño) y sin frío. Esta situación, que como tal es permanente, estructural, resume y sintetiza la dinámica fundamental de lo colectivo y de lo grupal. El campo grupal, los grupos, cualquiera que sea su forma, intención, desarrollo, existen dentro de esta dialéctica, y es ahí donde logran (o no) sus propósitos. "

Ata aquí o fragmento. Penso que o relato dos porco espiños ilustra á perfección calquera relación humana e, polo tanto, calquera práctica de asesoría en educación. Ademais, fronte a un decepcionante panorama como ese sobre o que Díez Navarro nos fai reflexionar, unha práctica coma o asesoramento debe tomar conciencia da necesidade dese esforzo colectivo para "reencontrar o sentido de xuntarse a falar".

 

A terceira, a CREATIVIDADE:

A creatividade

Lendo o texto de Jesús Domingo Segovia reparei no seguinte fragmento: "La creatividad, la implicación y el éxito escolar necesitan multiplicidad de manos y miradas que ofrezcan perspectivas más amplias y nuevos aliados que ayuden a superar el tedio. En este contexto, hablar de "garantizar los básicos imprescindibles para todos" no es una cuestión menor sino el tema central que ha de orientar tanto la mirada de la práctica asesora como los objetivos fuertes de cambio."

Gustaríame facer referencia nesta entrada á creatividade. Foi do meu agrado descubrir que este autor fai referencia, aínda que por riba, a esta capacidade humana coma unha das cuestións que requiren da mirada da práctica asesora, pois na maioría dos casos é esquecida á hora de educar ou asesorar. Esquecer tal capacidade ó construír persoas paréceme un erro moi grave xa que se podería dicir que nos estaríamos esquecendo dun dos eixos fundamentais que conforman a nosa natureza en canto seres humanos. A creatividade é o que nos permite crear e inventar algo novo , é o que permite que avancemos, que melloremos. Trátase de ter unha nova idea, atopar unha nova solución a un interrogante, buscar e atopar unha nova experiencia. Indubidablemente o desenvolvemento desta capacidade vai estreitamente ligado ó desenvolvemento da autonomíana miña opinión finalidade primeira da educación, pois unha persoa máis creativa terá maiores posibilidades de resolver un novo interrogante sen axuda que outra menos creativa. Así mesmo, a autonomía e a creatividade favorecen a reflexión e o pensamento crítico, a capacidade de cuestionar e investigar, poñer en dúbida, construír un pensamento propio, en definitiva gobernarse a un mesmo. Como se comentou algunha vez na clase "o bo asesor acaba por desaparecer".

Penso que como futuros educadores debemos ser conscientes de que a creatividade, como calquera outra capacidade humana, é educable. Para iso temos que aprender a mirar, a mirar con curiosidade e interese as diferentes perspectivas, culturas e realidades que forman parte do noso mundo.

A continuación comparto este vídeo dunha conferencia de Sir Ken Robinson que máis dunha vez compartiron conmigo cando cursaba maxisterio e que me axudou a reflexionar moito sobre esta cuestión.

Las escuelas matan la creatividad:

 

A cuarta, a EDUCACIÓN EMOCIONAL:

A educación emocional

A educación emocional

Comparto este arquivo no que fago unha breve reflexión sobre a educación emocional a partir da chamada de atención que fai Domingo Segovia sobre os aspectos emocionais da práctica asesora no seu artigo "Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría". As referencias nas que me baso son as seguintes: Redes: "El aprendizaje social y emocional": http://www.rtve.es/alacarta/videos/redes/redes-aprendizaje-social-20130526-2130-169/1839588/ Redes: "Educar para fabricar ciudadanos": http://www.rtve.es/alacarta/videos/redes/redes-educar-para-fabricar-ciudadanos/648675/ M. Carmen Díez Navarro (2002): El piso de abajo de la escuela. Los afectos y las emociones en el día a día de la escuela infantil. Barcelona: Graó

 

E, a última, a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

A atención á diversidade

A derradeira sesión de clase, a do luns 2 de decembro, articulouse entorno á atención á diversidade. Así, comezamos por revisar o Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade nos centros galegos ao tempo que comentabamos unha serie de conceptos recompilados por unha antiga alumna desta materia. A continuación, revisamos un exemplo de Adaptación Curricular Individualizada proposto pola profesora, ou máis ben un contraexemplo do que nos gustaría atopar, un verdadeiro estudio de caso ou relato similar aos da sesión anterior, xa que faltaba moita información sobre o contexto ou os motivos de elaboración da ACI. Finalmente, revisamos por riba, debido á falta de tempo, un exemplo de Programa de Diversificación Curricular.

Non considero que sexa oportuno nin práctico facer un resumo do propio decreto ao que calquera de nós podemos ter acceso ou transcribir as diapositivas que se visualizaron na clase. Así, serei moi breve nesta entrada pois só rexistrarei a idea que máis me chamou a atención de todas as comentadas en dita sesión.

A atención á diversidade é unha función educativa que deriva dun principio fundamental, o de individualización da ensinanza. Por fundamental refírome a que se trata dun principio pedagóxico básico: non son os educandos os que se deben adaptar á homoxeneidade, senón os educadores os que deben respectar a heteroxeneidade, deixar que exista, convivir con ela, enriquecerse dela. Todos somos diferentes, todos variamos nas nosas necesidades, motivacións, intereses, medos, inquietudes, etc. A atención á diversidade debe comezar por ter isto en conta e actuar en consecuencia.

Segundo Lorenzo (2008), existen tres tipos de medidas de atención á diversidade, preventivas, ordinarias e extraordinarias. En cambio, o citado decreto só contempla as dúas últimas. Isto probablemente se deba a discrepancias na conceptualización pois a gran maioría das clasificadas como medidas ordinarias poderían ser consideradas como preventivas xa que dan resposta ao que nos caracteriza como persoas e deberían ser para TODOS e estar integradas no PEC.

Na miña opinión, se as medidas preventivas, tales como a elaboración e posta en práctica dun PAPEA (Plan de apoio ao Proceso de E e A), se desenvolveran con responsabilidade e profesionalidade, avogaríase por unha educación flexible que se puidese adaptar a cada un e ao grupo ao mesmo tempo. Deste xeito, quizais se puidera evitar recorrer, nalgunhas ocasións, a determinadas medidas de carácter extraordinario que son máis custosas e poden ter consecuencias pouco beneficiosas para os alumnos se van acompañadas dun etiquetado pexorativo.

En definitiva, atención á diversidade e educación de calidade son inseparables e, se a educación de calidade debe ser un dereito para TODOS, a atención e o respecto ás diferenzas individuais tamén.

 

Tendo moi presentes estas claves, xa que, na miña opinión, supoñen elementos de especial consideración por parte de calquera educador, remato este bloque que, como xa dixen, é unha especie de "caixón de xastre" onde todo está relacionado ou enmarañado.