5. Conclusións

5. Conclusións

Última actualización de en Uxía Cuba Veiga

Como xa se dixo hai que entender o asesoramento dentro dun marco máis amplo, o da educación. Así coa lectura do texto de Domingo Segovia propónse un redireccionamento do asesoramento. Na miña opinión, ese cambio só é posible cunha redirección da educación.

Ken Robinson: Cambio de paradigmas na educación

Comparto con vós este vídeo que me recorda ao artigo de Jesús Domingo Segovia “Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría”. Despois de velo reparo en que non é a asesoría o único que precisa dunha redirección. A redirección do asesoramento só é posible enmarcada nunha redirección do paradigma no que se sitúan moitos dos sistemas educativos actuais.

 

Como se pode ver, situámonos ante unha realidade moi complexa. É por iso que os modelos que interpreten o asesoramento deben ser flexibles. Personalmente, non entendo esta flexibilidade como escoller aquel modelo que máis nos conveña en cada momento, senón como tender cara modelos non neutrais que aposten pola construcción de comunidades educativas en cada contexto concreto.

Para contribuir a este fin, falouse de modelos colaborativos e as súas outras vantaxes foron suficientemente argumentadas. Na miña opinión, o asesoramento ten implícito na súa esencia o empoderamento, un empoderamento que é mutuo para asesor e asesorado. Aquí é onde cabe a colaboración, pero, que sentido ten entón a expertitude? Considero que cada membro é experto nun determinado ámbito e que todos saben algo ou descoñecen algo. Por isto, non teñen sentido as relacións de poder. Cabería falar, máis ben de liderazgo, de liderazgo democrático.

Só dende planteamentos como este, o cambio e a innovación tenderán cara a calidade en educación, tanto no desenvolvemento curricular, como no profesional e persoal por parte dos implicados. Así mesmo, só tendo en conta é respectando a complexidade da realidade se apostará polo principio de individualización e, polo tanto, pola atención á diversidade. 

En definitiva, tanto no caso do asesoramento coma na educación a esencia radica en construír, crear, comunicar, sentir e VIVIR xuntos.