6. Autoavaliación

6. Autoavaliación

Última actualización de en Uxía Cuba Veiga

Como comentaba na introdución a esencia desta materia constituiuna a reconceptualización. Considero que cumprín ese obxectivo xa que existiu unha reorganización de todo o que xa sabía para poder acoller todo o novo. Todo o proceso foi moi enriquecedor xa que me forzou a reflexionar sobre determinadas ideas que xa tiña pero nas que nunca profundizara, en moitas ocasións por comodidade. 

A elaboración deste e-porfolio, así como a miña participación na clase, foi acompañada necesariamente dunha investigación para respaldar as miñas opinións coas doutros que pensan o mesmo. Ademais, a elaboración do e-porfolio supuxo unha reorganización de todo o aprendido para poder comunicalo e isto no noso ámbito, é fundamental. Como xa dixen na introdución, non chega con que as aprendizaxes teñan un sentido interno, temos que darlles un sentido externo, de cara aos demais.

En xeral estou satisfeita coa miña aprendizaxe. Foi un proceso moi enriquecedor. Espero saber transmitir ese enriquecemento neste "produto" coas suficientes claridade e fidelidade á realidade. Clarifiquei moitos conceptos que me producían dúbidas e producín novas dúbidas que antes non tiña. Por iso, o proceso queda aberto, propóñome seguir aprendendo.