0. PRESENTACIÓN. Comezamos o arranque...

  Comezando por unha frase que me resulta moi agarimosa…

“O camiño nace do camiñante” (J.A. Buesa).

percátome de que o meu camiño no marco do asesoramento comezou a primeiros do mes de setembro cando se establecían os pasos iniciais na materia de “Asesoramento Curricular a Centros e Profesores”.

Dende este momento fun quen de darme conta de que un novo traxecto comezaba na miña vida, polo que as primeiras cuestións iniciais xurdiron (de que tratará a materia? Que relación ten o asesoramento coa labor psicopedagóxica? Cal será a figura dun asesor? …).

Vias-de-Tren.jpg


 

 

 

As miñas primeiras andainas pódoas resumir na frase que segue:

“A vida é como unha viaxe en tren, coas súas estacións e paradas, os seus cambios de vías, a súa carruaxe, pero a locomotora sempre encabezará a viaxe”

Locomotora

 

 

Tralo seu inicio, comezamos a contactar cos principios que guiaban a súa metodoloxía.  traballo nesta materia estivo orientado cara á “non substitución dos/as estudantes”, de “interacción teoría-práctica” e de “diversidade metodolóxica” que se concretaban, a medida que os días pasaban, en actividades fundamentadas en diversas técnicas e procedementos como foron o estudo de casos, elaboración de relatos, análise de materiais, liberdade á hora de publicar arquivos que xurdiran do noso interese, empaparnos de diferentes epistemoloxías relacionadas coa temática, etc. Todos eles aspectos que foron favorecen a construción dos piares dos coñecementos base na materia e que nos abriu outras posibilidades de coñecemento moi importantes en todos os eidos da vida e, sobre todo, no eido do asesoramento.

Neste sentido, o traballo na aula permitiu ser un espazo onde converxeron diversidade de sentimentos, posturas, crenzas e opinións que favoreceron un encontro entre a teoría e a práctica, o diálogo e a construción de coñecemento.

red stellae.png A esta diversidade de técnicas metodolóxicas debemos sumarlle a proposta de traballo na Rede Social do Grupo de Investigación Stellae, así como a realización dun portfolio electrónico, que constituíron as ferramentas específicas de aprendizaxe autónoma, así como a comunicación entre os compañeiros que cursan a mesma materia, de maneira que fose un proceso de retroalimentación continuo, pois eu realizaba publicacións que consideraba importantes pero, á vez, os meus compañeiros/as retroalimentaban a miña visión con outra información tamén importante e necesaria para o caso.

Así, a elaboración do portfolio como método de ensino-aprendizaxe e de avaliación, sérveme para a miña reflexión persoal durante o meu traballo na materia “Asesoramento curricular a centros e profesores”, técnica sobre a que afondo con maior brevidade no seguinte enlace:

 

El portfolio: un método de enseñanza-aprendizaje y evaluaciónO portfolio: un método de ensino-aprendizaxe e avaliación.

 

Pero sobre todo o portfolio dixital é sumamente importante nestes casos, xa que como sinala Barret (2000), ofrece multitude de beneficios con referencia a súa portabilidade, á integración das tecnoloxías na súa construción, a utilización de hipertextos que permiten establecer relacións entre os diversos compoñentes, … que facilitan a reflexión e lectura e a accesibilidade total.

A utilización desta ferramenta permítenos coñecer o noso proceso persoal seguido, así como este nos vai marcando os nosos esforzos e logros, en relación aos obxectivos de aprendizaxe e os criterios de avaliación establecidos previamente. Por outro lado, é un método de avaliación que permite unir e coordinar un conxunto de evidencias para emitir unha valoración o máis axustada  á realidade que é difícil se cadra, adquirir con outros instrumentos de avaliación máis tradicionais que aportan unha visión máis fragmentada.

O seu desenvolvemento visualízase a través da elaboración das páxinas que permite recompilar, comentar e completar todo o traballo realizado que reflexa as nosas aprendizaxes, e completar así o noso portfolio, permitindo así establecer unha relación persoal e individual coa materia, onde cada un de nós propoñerá un fío condutor que mellor se asemelle o proceso seguido por el mesmo.

É por isto, que a miña elección se fundamenta nun tren que percorre un longo camiño a través das súas vías. Decántome así por esta metáfora debido a que, dende os seus inicios, a miña viaxe foi acompañada non de mochilas como Lourdes Montero nos sinalou na clase, senón de algo máis amplo e espazoso como son os vagóns. Vagóns que se foron enchendo e enriquecendo de información recollida entre consulta e consulta bibliográfica, que a través da mesma puiden valorar todas as aportacións hacia o asesoramento e de aí recoller as miñas conclusións. Tal e como remarco máis arriba ó respecto, nesta viaxe en tren é importante contar tamén coas súas estacións ou paradas as cales simularán as páxinas do meu portfolio, pois considero que é necesario realizar unha parada concreta para analizar o que alí se nos depara. Pero para guiar estas estacións ou paradas, é preciso ter en conta as súas sinalizacións, que equivaldrán ós bloques temáticos dos que partimos, que foron impostos pola profesora e serán a nosa guía no camiño.  Ademais, é preciso viaxar acompañado dunha guía ou mapa que marque o camiño a percorrer e vaia mostrando todas estas paradas que imos realizando e comportarán as miñas páxinas do portfolio.

Todos estes elementos viaxará por vías que simularán ser o camiño establecido para contactar co asesoramento curricular, un camiño sen fín sobre o cal se necesitará seguir indagando, onde será necesario nalgún punto marcar un encontro entre teoría e práctica, e poñer todos os meus coñecementos sobre a mesa.

Finalmente, a este respecto, debo dicir que espero que o tren leve consigo cantos máis vagóns posibles, pois serán mostra de que “as miñas costas” recollo multitude de información valorada como positiva ó respecto e que serán compañeiros de viaxe nesta nova andaina.

Para este longo camiño por percorrer que vai presidido dunha locomotora, mostrarei a continuación unhas verbas que fun recollendo dos meus sentimentos polo paso da creación deste traballo.

 

As vías do tren

veñen e van

a onde queiras ir

a  onde te queiran levar.

 

As vías do tren crúzanse dilátanse

desvíanse cámbianse dilátanse estropéanse

engánchanse únense engráxanse crávanse

sepáranse cúrvanse recórrense en miles

de kilómetros de aceiro en monstros de ferro.

 

As vías do tren

veñen e van

a onde queiras ir

a onde te queiran levar.

 

As vías do tren córtanse grítanse

parafúsanse fúndense rózanse sóldanse

quéntanse estremécense chirrían

e se mostran como liñas que se perden

no horizonte dos nosos días.

 

As vías do tren

veñen e van

a donde queiras ir

a donde te queiran levar.

 

As vías do tren abránzanse líanse

estíranse derrámanse respóndense destínanse

solápanse arrúllanse apílanse ódianse

ou ámanse mézclanse con outros trens e vías.

 

As vías do tren voan distribúense

vólcanse enrróñanse  móllanse desígnanse

fotografíanse sécanse trázanse xéanse

en inverno os seus raíles e os seus destinos.

 

As vías do tren

veñen e van

a  onde queiras ir

a onde te queiran levar.


O resultado deste afán será viaxar coa terminoloxía clara sobre o asesoramento e as claves para o éxito da función asesora, os cales me producen os sentimentos anteriores recollidos polo camiño levado. Foron uns sentimentos duros e constantes, malia mereceu a pena indagar día tras día na extensa bibliografía para coñecer ese éxito de abrir novas posibilidades a ensinanza, e no que a podemos converter se queremos mediante o noso afán asesor. Ábrense novos camiños e péchanse outros, esclarece un novo lugar na nosa formación que nos acompañará na nosa labor como psicopedagogos, eses vagóns cheos de documentación necesaria para levala a cabo e que contextualizará as situacións coas que nos atopemos.

Para fundamentar os eixos que marcarán as páxinas valereime dos diferentes bloques temáticos da materia de “Asesoramento curricular a centros e profesores”, que facendo memoria constaban do seguinte:

1º bloque temático:

O primeiro bloque temático parte da figura dos psicopedagogos/as e contextos de asesoramento. De seguido, adéntrase nos significados do asesoramento, modelos de asesoramento, para continuadamente estudar a relación entre asesoramento e orientación (son o mesmo? Cal é máis ampla?).  Desta maneira, estudarase a construción do rol do/a asesor/a e a importancia das medidas de atención á diversidade e desenvolvemento do currículo. Neste caso, é necesario coñecer tamén o desenvolvemento curricular, profesional e institucional. Como idea principal do bloque diríamos que se traballa a figura do  psicopedagogo/a como un profesional xunto a outros profesionais no marco da institución educativa.


2º bloque temático:

O segundo bloque temático fundamentábase nas percepcións mutuas entre profesores/as e asesores/as , así como a súa profesión e algunhas claves nas mesmas. Ademais, tamén recollía outros eixos necesarios nesta liña, como son a colaboración entre profesores/as e asesores/as, as culturas profesionais, socialización profesional e construción da identidade. Modelos de desenvolvemento profesional. Os centros educativos como espazos para o desenvolvemento profesional do profesorado e dos asesores/as.



3º bloque temático:

Neste terceiro e último bloque temático recóllense os procesos e ferramentas para o desenvolvemento curricular na atención á diversidade. Aquí cobran importancia os diferentes niveis de concreción curricular que se deixan entrever a través de diferentes documentos como son o currículo, o marco dos Proxectos Educativos, Proxectos Curriculares, Programacións de Aula, e outras medidas de atención á diversidade como son as Adaptacións Curriculares, Programas de diversificación curricular e de Cualificación profesional inicial.

Estes bloques temáticos serán a base para guiar o percorrido do tren e establecer as súas paradas. Esta guía ou mapa recolle así as diferentes estacións onde será imprescindible que o tren recolla información para continuar a súa viaxe hacia o asesoramento curricular.

mapa  direcciones.png

 

 

En base a esta profundización na materia a través dos diferentes bloques temáticos establecidos, indico a continuación a secuencia das páxinas cos títulos que incluirei en cada un delas, que serán de posterior ampliación unha vez elaborada cada unha destas páxinas a partir dos seus contidos:

1ª PARADA: ESTACIÓN 343. Asesórense para mellorar.

2ª PARADA: ESTACIÓN 691. o asesoramento en educación.

3ª PARADA: ESTACIÓN 725.  as relacións entre profesionais (asesores e profesores).

4ª PARADA: ESTACIÓN 733.  oriéntense e poderán mellorar o futuro.

5ª PARADA: ESTACIÓN 802  das ferramentas para o desenvolvemento curricular.

6ª PARADA: ESTACIÓN 857. as claves para o éxito no asesoramento.

7ª PARADA: ESTACIÓN 909.  expectativas de futuro.

8ª PARADA: ESTACIÓN 921. a rede como ferramenta de mellora.

9ª PARADA: ESTACIÓN 958 das conclusións.

10ª PARADA: ESTACIÓN 999 da bibliografía e webgrafía.



Nesta viaxe en tren atopeime obstáculos que me permitiron replantearme diversas situacións, como por exemplo, que termo é máis amplo o asesoramento ou a orientación? Cales eran os modelos de asesoramento e cales os de orientación? Cal é o máis apropiado?... que o semello cun cruce de vías. Pois foron sendos impedimentos que me levaron a indagar máis amplamente na documentación bibliográfica recomendada pola mestra e botar man daquela que sería complementaria pero que, de súpeto, foi unha gran axuda no meu despegue.

cruce de vias 1.jpg