1ª PARADA. Estación 343. Asesórense para mellorar

1ª PARADA: ESTACIÓN 343. Asesórense para mellorar.

 

1º parada.png  

 

A primeira parada a realizar polo tren será a “Estación 343 Asesórense para mellorar”. Como todo propósito, primeiramente comezamos a materia esclarecendo cuestións relacionadas co concepto ou significado de asesoramento, así como todo o relacionado co mesmo (os significado de asesoramento, modelos, construción dos roles do asesor, ferramentas,…), todos e cada un dos aspectos relevantes á marxe. Dentro das súas finalidades a que máis remarco é a de “asesoramento como eixo de cambio”, de aí o nome da estación.

Comezamos así, dende esta primeira parada, a “empaparnos” de sabedoría ó respecto, de información inicial que nos permite encauzar o noso camiño guiado pola vía e que, sen dúbida, será unha viaxe longa que percorrer que esperemos que dea os seus froitos.

O asesoramento neste sentido, sempre vai ter cuestións “borrosas”, xa que o seu concepto é moi diverso e complexo de definir, pois é un campo moi amplo, no que se dan cabida numerosos listados de verbos tales como “participar, informar, atender, orientar, interactuar, optimizar, consultar, comunicar, colaborar, apoiar, observar, comprender, dialogar, aconsellar, potenciar, capacidades, equipo, axudar, desenvolver, mellorar, actuar, resolver problemas, guiar, axudar a tomar decisións, identificar puntos fortes e débiles, seguimento, procesos, actuar con honestidade (a ética do asesor/a), asesorar para mellorar, ... entre outros. Pois non é unha tarefa limitada, senón que a configura este conxunto de verbos anteriormente mencionados, que si están indicando accións onde se recollen múltiples capacidades para os diferentes ámbitos nos que se queiran aplicar esta labor. Estes e outros aspectos van formando parte do primeiro vagón do tren que se denomina “o asesoramento: valores e prexuízos”.

vagón parada º.png

 

Decidín denominalo así, pois todas as aportacións recibidas neste eido foron suxeríndome valores atribuídos hacia o marco do asesoramento (verbos que o definen, accións, prácticas e demáis) pero tamén prexuízos no sentido en que estas prácticas poderían dar lugar a un concepto moi amplo e pouco definido para a nosa labor psicopedagóxica. Neste mesmo sentido, os diferentes modelos de asesoramento traballados na aula coas súas contradicións entre eles, en canto a finalidades e proceso, foron marcando na miña locomotora diferentes vías que se poderían sumar a esta viaxe e que máis que esclarecer, foron mostrando diverxencias no meu pensamento para aplicar un modelo ou outro, ou para fundamentar mellor un modelo sobre outro.

Tal e como nos sinala Rodríguez Romero (1992), a definición de asesoramento sitúase na encrucillada de campos de actuación nos que se desenvolve solapada con outras prácticas pois os propósitos e os procedementos destas non sempre están en concordancia cos máis xenuínos do asesoramento.

Como ben vemos, este primeiro vagón estará cargado de concepcións iniciais importantes na materia, que como xa mencionei noutras ocasións corresponderase coa base da mesma, determinación do que é asesoramento e as súas funcións e ferramentas, entre as que atopamos o rol do asesor, tal e como aparece recollido no documento seguinte sobre o diario de aula de 9 de outubro.

Diario **mércores 9 de outubro**


A idea de activar estes coñecementos previos facilita a adquisición dun novo currículo, adquirindo deste modo, unha aprendizaxe significativa, tal e como propoñen as teorías construtivistas. Desta maneira, como inicio e detección das ideas previas sobre o concepto, considerou necesario plantexar unha tarefa relativa á De onde veño e hacia onde vou? Foi así como buscando información noutras materias e na nosa base de coñecementos, foron xurdindo diversidade de cuestións, que pouco a pouco, tal e como redacto nun dos primeiros blogs do meu espazo persoal, co fin de lograr esclarecer dúbidas a través de lecturas e sesións anteriores.

Tarea 0: ¿De dónde vengo y hacia dónde voy?

Conseguín ver así que o asesoramento realmente era unha existencia en todos os ámbitos da vida e desta maneira, seguíame cuestionando a realidade dunha definición xeral de asesoramento, as características dos profesionais que se escondían tras ela, cales eran as súas funcións, que formación posuían, cales eran os momentos que marcaban o asesoramento…

Xorde así a necesidade de darlle un significado claro e conciso o que sería o asesoramento, que seguindo a Fernández (1997), a función do asesoramento pode definirse como unha operación de diagnóstico, identificación de falencias (carencias) en comparación cun modelo e indicación de proxectos de acción. Desta definición, podemos concluír que consiste nun proceso diagnóstico, de análise dunha carencia e, por tanto, de algo que non hai, aplicando un modelo determinado e cunha proposta proactiva, é dicir, cun plan de acción para saír hacia á solución.

Pero como toda definición, debemos ter en conta o seu enfoque, que neste caso se tratará dun marco institucional, polo que ten o compromiso de integrar nunha institución  o asesoramento co fin de mellorar a mesma, tanto nas súas dificultades e problemáticas como na súa necesidade de depender da labor asesora.

Percátome así de que nos atopamos nun proceso de construción de coñecementos a través de decisións, condicións e contribucións que estimemos relevantes e oportunos para que poidan ocorrer, algo así como un marco de orientación e referencia para darlle sentido as aportacións do asesoramento, e incluso un criterio para valorar e validar a súa razón e as súas posibles contribucións.

Esta definición tamén foi traballada e corroborada en grupo, onde  “psicopedagogas viaxeiras” intentou realizar unha aproximación o seu concepto e así dar resposta a que entendemos por asesor? entre ambas integrantes do grupo. Esta posta en común e creación do documento, fixo axudarnos a enriquecer os variados puntos de vista dos que partiamos. Desta maneira, identificamos os escenarios nos que se desenvolven as tarefas de asesoramento, as tarefas desenvolvidas por un asesor/a, asesorar a un grupo de traballo, a formación do asesor/a, … Este arquivo (que entendemos por asesorar?) pódese consultar no seguinte enlace:

http://stellae.usc.es/red/file/view/40407/tarefa-1-que-entendemos-por-asesorar



En canto as funcións do asesoramento, mostrando diversidade de achegas nas aportacións dadas no grupo de clase ao concepto e as súas liñas características, foron moitas as diverxencias explícitas pero de xeito xeral, aínda que cabe ter en conta que todas elas se complementan ou comparten, podemos nomear algunhas características das mesmas:

  • Identificación do problema.

  • Fundamentación nun modelo de intervención ou de asesoramento.

  • Mediante unha proposta de acción.

De entre todas as definicións aportadas, así como das diverxencias entre elas, quédome cunha delas que me resultou maiormente directa e concisa: o asesoramento diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos e externos co obxecto de posibilitar a súa seguridade de solventar problemas e realizar esforzos de cambio (Lippit y Lippit, 1986:1).

Deste xeito, observamos que as accións que describen non teñen un obxecto directo. Neste caso, trátase de actividades educativas dirixidas a alguén (profesores, familias, alumnado, educadores, monitores, etc.) alguén que, a súa vez, debe promover actividades de ensino-aprendizaxe na outra persoa, cun obxectivo claro que é solventar os problemas a través da utilización de diferentes recursos. Esta interacción que se recolle en todas as concepcións que podemos atopar sobre asesoramento, fai referencia a unha situación bidireccional que serve como situación de axuda, o que non quere dicir que se estea levando a cabo profesionalmente, senón que se pode dar en calquera faceta da vida (no ámbito político, educativo, familiar, social, etc.), como xa se comentou.

En conclusión sobre o concepto de asesoramento, tanto como función ou profesión, podemos dicir que é un servizo indirecto que ten lugar entre profesionais dun estatus similar (simetría-asimetría) e soe ser iniciado polo asesorado, quen ten total liberdade para aceptar ou  rexeitar os servizos en calquera momento. Involucra o asesor/a e o asesorado/a nunha relación confidencial e colaborativa que se configura polas seguintes metas para o asesor/a:

  • Ofrecer un punto de vista informado.

  • Axudar á mellorar destrezas de resolución de problemas.

  • Axudar á incrementar a liberdade de elección de acción do asesorado.

  • Axudar ó asesorado nas eleccións feitas.

  • Incrementar a conciencia do asesorado acerca dos recursos válidos para tratar cos problemas persistentes (Aubry, 1990:3, adaptado).

 

En canto ás modalidades de asesoramento, cabe dicir que con referencia a clasificacións como Escudero e Monereo (1992), Sánchez Vidal (1991) ou Rodríguez Romero (1996) e dende unha perspectiva social algúns destes autores tratan de superar o modelo clínico ampliando o número de beneficiarios dos avances do coñecemento especializado. Así xorden dúas modalidades de asesoramento, o comprometido e o comunitario, sobre os que me dediquei a profundizar.

Modelos de asesoramiento vs. modelos de orientaciónModelos de asesoramento.

 

A pesar desta profundización como no documento anterior se mostra, a intervención na práctica, fai moi difícil que calquera modelo se axuste a unha realidade concreta, hai unha evolución e as diferentes aportacións destes autores son interesantes para asumir como futuros profesionais sempre as diversas opcións. Así, como futuros psicopedagogos/as e obligacións profesionais que imos ter, temos que asumir que sempre segundo o contexto onde realicemos a nosa labor, debemos recoller as diferentes posturas e acepcións, coa súa especificidade, clasificacións e esixencias e aplicar así, o que mellor se axuste ás necesidades de cada contexto. A posición que como profesionais tomemos na súa elección vai depender do resultado da acción que obteñamos, é dicir, optar por un ou outro modelo ou pola súa combinación vai depender da nosa postura e das necesidades que observemos no contexto. Desta forma, hai que buscar ese autor co que, dalgunha maneira, nos identifiquemos e así, seguir traballando e reflexionando .

Como estivemos vendo, existe unha ampla complexidade no mundo do asesoramento, que podemos reducila e minimizala, destacando sempre o máis importante, marcando unhas pautas e limitacións como profesionais, en base os valores polos que opta cada profesional.

Destas aportacións básicas dos modelos, deducimos ou chegamos á conclusión de que existen catro modelos base dos que todos parten:

  • Modelo clínico-psicométrico: cunha intervención remedial; relación máis individualizada; psicométrico porque para el utilízanse varios tipos de ferramentas (test,…); remedial-asistencial porque busca remedios á situación presentada.

  • Modelo de consulta: caracterizado pola combinación da intervención directa (entre profesionais) e indirecta (co alumnado); implica un xogo de axuda por parte de expertos que acoden á axuda doutros profesionais (asesoramento externo e interno).

  • Modelo psicopedagóxico: perspectiva dende a cal realizar distintos tipos de intervencións onde se podería incluír o modelo de programas (proposta de acción determinada) e o modelo de servizos.

  • Modelo sociopsicopedagóxico ten que ver fundamentalmente coa idea de cooperación entre os distintos elementos que configuran a organización interna, coa proposta de traballo en rede. Por isto, recollería o modelo tecnolóxico.

Á par desta clasificación, podemos dicir que dáse o caso da probable existencia dun modelo mixto, no cal se recollería unha combinación dos modelos anteriormente nomeados.

 

Ademais dos aspectos anteriores, tamén foi importante considerar a tarefa asesora, a cal se debe incorporar á comunidade, entendida como un escenario de acción. Esta tarefa asesora, tal e como puidemos comprobar, ten que ir a favor dunha finalidade transformadora e comprometida para  a cidadanía global, que recoñece ao outro, próximo ou lexano, e ten coidado do mundo que habitamos e habitarán as futuras xeracións.

Sexa como fose, o camiño para colaborar no progreso hacia os cambios conceptuais e prácticos que anhelamos (transformacións dos problemas de xeito profundo e de base), non pasa por confiar no poder da palabra articulada en forma de discursos, charlas ou arengas, senón que o principal camiño que se debe seguir é precisamente o contrario. É por isto, que a tarefa do asesor é primordial coñecela e abordala no contexto do asesoramento, reflexionando sobre os bos e peores quefaceres.

En base a isto, puidemos coñecer como futuros asesores que para intervir nun contexto situacional e, sobre todo, para que a intervención resulte útil a ese contexto, debemos primeiramente coñecelo, saber como funciona,o cal será a base para comprender as reaccións que se produzan o respecto da súa intervención. Dito de outra maneira, deberá comprender os procesos sociais e educativos que antes desa intervención se desenvolvían, a súa propia incidencia e os significados compartidos, para o que será necesario posuír o coñecemento dun repertorio de instrumentos e estratexias para a obtención e rexistro da información (Marcelo e López Yánez, 1997). Pero iso tampouco será o verdaderamente importante, pois como fomos aprendendo, máis ben serán as súas ideas, concepcións, maneiras de xulgar, experiencia e teorías que haberá acumulado o longo dos anos no exercicio da profesión e das que botará man nos momentos precisos. En consecuencia, unha das claves estará en que deberá ser ante todo un analista, que esencialmente afronte a difícil tarefa de comprender o medio no que actúa en base aos seus propios esquemas interpretativos e explicativos para adecualos ás características dese contexto. Estes e outros aspectos necesarios para comprender a tarefa asesora, recólloos no seguinte documento mediante unha profundización.

 

El análisis y el analista

 

Asemade, a situación do asesoramento, con todo o seu aparato de relacións interpersoais, ten gran interese para a teoría da comunicación, a causa da rica e complexa rede de comunicacións de todo tipo que establecen os suxeitos implicados neste tema. Polo tanto, a persoa que desenvolve a función asesora deberá asumir unha dobre liña de definición ao seu rol. Dunha parte, a súa preparación, que deberá ser moi selecta e profunda e, de outra, a súa disposición persoal, que terá gran calidade e tendencia ao servizo humano. Estes son dous parámetros que darán carácter as súas relacións co profesorado e outros profesionais cos que conviven. En definitiva, será como a cor e o relevo nese cadro que vai a debuxarse: a comunicación interpersoal.

Las relaciones interpersonales como eje del asesoramiento


E para despedir esta páxina, destaco unha imaxe que fora compartida no meu blog co título “Asesor con receita máxica”, destacando o papel asesor en cada faceta das nosas vidas, e a súa importancia o longo das mesmas.

Asesor con receta mágica!!!!

image

 

Qué gran importancia el rol del asesor en estos casos, senón que sería de nós coa crise...!Wink