2ª PARADA. Estación 691. O asesoramento en educación.

  2ª PARADA: ESTACIÓN 691. O asesoramento en educación.

2º parada.png


 A segunda parada a realizar polo tren será a “Estación 691 O asesoramento en educación”. A súa creación xorde en base á primeira páxina onde afondábamos no relativo á definición de asesoramento e os modelos, así como funcións e ferramentas. Dende este último punto sinalado, cabe dicir que a intervención do asesor sempre se realiza nun contexto dunha institución, polo que en base a iso, decido agora indagar na labor do asesoramento no marco educativo. E con isto, incorporo outr vagón o meu tren cargado de información importante para seguir o camiño do asesoramento curricular.

vagon 2.jpg

A análise das súas propiedades organizativas e da súa influenza sobre o comportamento dos distintos membros permite descubrir un conxunto de factores facilitadores u obstaculizadores de cambio pretendido e dinámicos da institución, na que a intervención dos asesores como xestores do cambio e como promotores da xestión de procesos e coñecementos, será a base de toda labor asesora (Gairín, 1999).

 

Comezado por conceptualizar a labor de asesoramento no ámbito educativo, a autora Rodríguez Romero, Mª. M. (1996) sinálanos que existe a importancia do asesoramento en educación, pero é unha labor difícil de delimitar dende o punto de vista pedagóxico, que se foi desenvolvendo solapada con outras prácticas como a Formación Permanente do Profesorado, a Orientación Escolar, a Innovación e incluso a Inspección, pus foise denotando un achegamento paulatino hacia o asesoramento sobre estas prácticas estreitamente relacionadas. Estes e outros aspectos intentei recollelos no seguinte documento titulado “O asesoramento en educación”.

El asesoramiento en educación. Rodríguez Romero, Mª. M.


Isto é así debido a que moitos son os colectivos profesionais que foron asumindo a tarefa do asesoramento, que o fan a partir de experiencias profesionais construidas previamente noutras labores como a ensinanza ou a Orientación e o desempeño do asesoramento atópase con problemas para adquirir credibilidade ante o profesorado e resistir as presións de estamentos administrativos. Pero estes aspectos e outros serán recollidos en páxinas posteriores, cando se valore a relación entre asesoramento e orientación educativa.

Así, Rodríguez Moreno (1992:11), comenta a falta de unanimidade existente tanto á hora de definir o asesoramento como as funcións inherentes ao mesmo, e sinala as notas especiais que lle otorgan a súa especifidade neste campo e así, partir das definicións anteriores (Lippit y Lippit, 1986; Aubrey, 1990), establecendo as seguintes:

  • Proceso de axuda e apoio.

  • Orientado hacia o cambio ou a mellora.

  • A responsabilidade recae nos asesorados.

  • A pericia do axente de apoio.

  • A credibilidade do axente de apoio.

  • A colexialidade.

Nieto y Portela (1992), pola súa parte, ao falar de asesoramento refírense aos procesos de axuda á mellora escolar, a cal definen (apoiándose en Miles e Ekholm, 1985) como “un esforzo sistemático e constante orientado ao cambio nas condicións de aprendizaxe e outras condicións internas nunha ou máis escolas coa fin de lograr máis eficazmente as metas educativas”. Por outro lado, utilizan o ´termo asesoramento ou apoio indistintamente, se ben aclaran a súa conceptualización como algo que vai máis alá de outros ámbitos aos que habitualmente estivo restrinxido, como son a orientación persoal, escolar e profesional, e ámbito das necesidades educativas especiais, algo que se debe atopar vinculado a procesos que posibiliten o cambio educativo e que se basee en prácticas plurais rodeadas dun clima colaborativo, e todo isto preferentemente no centro escolar.

Por parte de autores como López Yáñez, J. e Marcelo García, C. (1997), considérase o asesoramiento como os procesos interactivos de colaboración cos centros educativos e o profesorado que os conforman coa finalidade de previr posibles problemas, participar e axudar na solución dos que poidan existir e cooperar na consecución dunha maior mellora educativa.

Como observamos, as definicións comparten similitudes na súa finalidade que é a de erradicar calquera problema que entorpeza o proceso educativo de xeito normal. Estes e outros aspectos podémolos resumir, tanto os aquí recollidos como nos documentos anexados, e para que non quepa dúbida poderiamos considerar asesoramento calquer práctica profesional que tivera os seguintes rasgos (Rodríguez, 1996):

  • Un servizo indirecto dirixido a profesionais (profesorado, traballadores sociais,…) que trata coa clientela (alumnos, adultos,…) de institucións educativas de diferente rango.

  • O asesoramento neste sentido pódese entender como unha actividade reactiva, pero tamén proactiva.

  • O asesor/a debe anticiparse as necesidades de mellora (cun carácter proactivo-preventivo).

  • A intervención do asesor/a pode realizarse de forma directa, pero tamén indirectamente. Debe existir unha interacción ou comunicación bidireccional adicada á axuda.

  • As funcións de apoio e axuda son os piares básicos do asesoramento en educación.

  • A tarefa asesora supón unha toma de decisións continua.

  • Un asesor/a é un profesional dirixido cara a “capacitar” a outro profesional para propiciar a mellora do seu traballo.

  • “Intervir con” en lugar de “intervir sobre”, é dicir, participación nos procesos de intervención e asesoramento hacia os distintos membros da comunidade educativa.

  • O diálogo é a base para levar a cabo a tarefa asesora.

  • A figura do asesor debe ser simétrica en canto a status entre profesionais, sen diferenzas de posición e de poder.

  • O asesor, como profesional, mostra a necesidade dunha formación específica no seu ámbito.

 

 Neste sentido, quero comezar cun título dun capítulo de Bolívar que di “Da aula ó centro e volta? Redimensionar o asesoramento, que fai referencia á importancia do asesoramento en todos os eidos que conforman o ámbito educativo, co fin de aproximarnos máis o concepto de asesoramento e a algunhas das súas funcións no ámbito da educación, así como de constatar algunhas características que lle dan identidade e que poden diferenciala de outras actuacións, decidín explorar o marco do asesoramento no panorama educativo dende a implantación da LOXSE (1990), cando comezou a cristalizarse como tal, con tendencia a establecer unha coordinación que dera lugar a esta labor.

La tarea del asesoramiento en el sistema educativo.


A pesar disto, tal e como sinala Escudero (1992), non podemos olvidar que calquera proceso de asesoramento escolar reclama a participación, negociación e a construción compartida, resistíndose a visións parciais que intenten xustificar tantos tipos de asesoramento como fontes disciplinares, ou tantos asesores como métodos ou programas educativos.

É por isto que a transformación que foi experimentando o sistema educativo, como consecuencia da aplicación da LOXSE e demáis disposicións legais ata o momento, plantexan cada vez máis a necesidade de perfilar as funcións dos distintos profesionais adicados a tarefas de asesoramento e apoio, así como a creación de espazos de asesoramento debidamente coordinados e contextualizados, de forma que se pode traballar de forma conxunta, baixo un clima o máis colaborativo posible, hacia a construción de proxectos debidamente cualitativos que poden incidir na mellora das prácticas.

Por este motivo, intentei profundizar sobre un modelo de asesoramento en educación “o modelo de colaboración”. A colaboración define un tipo de asesoramento educativo baseado na interdependencia entre a parte asesora e a parte asesorada. En esencia, este modelo defende a toma de decisións, resolución de problemas e responsabilidades compartidas. Ademais, debido a que foi unha temática de moita trascendencia na aula, decidín profundizar nel. Así, aparecen aspectos como o apoio dende o traballo cooperativo, a colexialidade que expón Hargreaves (1991) como característica esencial do asesoramento simétrico entre as disposicións do axente de apoio e os asesorados e, por último, ó elemento tan importante neste caso, como é o de axente da competencia relacional.

 

Modelo de colaboración en el asesoramiento en educación



 

Outro aspecto a ter en conta dende a miña posición foi a comprensión da natureza e o sentido das organizacións nas institucións educativas dende o asesoramento, é dicir, identificar a tipoloxía dos cambios desexables e seleccionar estratexias adecuadas de intervención, é importante para unha posible intervención dos asesores como xestores de cambio e como promotores da xestión de procesos e coñecemento. Aquí ten cabida, ademais, en relación o cambio na institución, o asesoramento curricular sobre o cal deberá indagar todo asesor pois é necesario coñecer o currículo para establecer as súas accións de intervención.

El centro educativo como escenario del asesoramiento curricular.


 

A importancia de ser coñecedores do currículo escolar apórtanola coa seguinte metáfora González (1990):

“Toda actividade científica pon de releve que a Ciencia é unha realidade específicamente humana, portadora dun método. Tanto históricamente como temáticamente se aprecia a existencia dun estreito vínculo entre a noción de Ciencias e os problemas metodolóxicos. Esas relacións cobran especial relevancia cando se acode a un enfoque multidisciplinar, que depende directamente de haber resolto a cuestión conceptual”.

Tomando como referente esta cita metafórica, podemos observar como é necesario coñecer o enfoque multidisciplinar que posúe o currículo, en base ás características definitorias do contexto do que emerxe, para así procesar unha intervención o máis adecuada posible. Pois tal e como afirma Medina e Domínguez (1995) “o currículo se configura como un espazo de integración entre a teoría e a práctica educativas, con especial énfase na ensinanza (…), construíndose como campo integrador e relacional coa ensinanza, pero dende plantexamentos globais”, así o manifesta tamén Jackson (1992).

De aquí desprendemos a necesidade de explorar e ser coñecedores do currículo como asesores no ámbito educativo, tratando de establecer conexión co mesmo, así como analizar e coñecer os procesos a través dos cales adquire valor e sentido, é dicir, a súa praxe. Neste sentido, é necesario coñecer algunhas estratexias aportadas por autores de cómo se debe levar á práctica  e que hai que ter en conta no seu desenolvemento, sempre considerado dende o asesoramento. Estes e outros aspectos permitinme afondalos no seguinte documento.


El currículum: cruce de prácticas diversas.


En conclusión, de todo o anterior desprendo unha serie de aspectos que caracterizan o asesoramento polo seu servizo e intereses, en moitas ocasións, derivados de controversias para articular o seu traballo:

  • En primeiro lugar, o asesoramento como práctica de apoio foi unha peza clave nas tácticas de regulación social usadas polo Estado para, a través de políticas de reforma, introducir novos modos de socialización profesional do profesorado e promover determinadas formas de definir o cambio das institucións educativas. E por isto, serviu a intereses contradictorios comprometidos á vez coa mellora da educación, pero tamén co control simbólico, coa autonomía do profesorado e, ao mesmo tempo, coa súa alienación.

  • En segundo lugar, non só resulta difícil deslindar o asesoramento doutros campos de acción como a formación permanente, a orientación, a innovación e, incluso, a inspección que inicialmente teñen unha dependencia maior das instancias administrativas, senón que o asesoramento se atopa nun terreo claramente inestable de lealtades divididas, entre o compromiso declarado co profesorado e os centros educativos e a súa dependencia das Administracións Educativas. Isto repercute nos profesionais que desempeñan labores de asesoramento, pois deben despegar o seu rol híbrido e fronteirizo, combinando experiencias profesionais de varias labores e mediando entre as demandas case sempre atopadas nos centros educativos e na administración.

  • En terceiro e último lugar, hai certas peculiaridades asociadas ao seu desemepeño en educación que resultan decisivas para definir hacia onde se inclina o asesoramento: hacia a capacitación do profesorado, ou pola contra, hacia a súa domesticación para aplanar o camiño a reformas educativas promovidas sen a súa participación. Pero discernir os límites de cada postura, como estivemos vendo, non nos resulta nada fácil e a maioría dos casos da práctica do asesoramento móvense en difícil equilibrio de posicións.

 

E, para finalizar esta páxina, recollo a continuación unha viñeta moi esclarecedora da importancia do asesoramento no ámbito educativo. Pois como comentei na páxina anterior así como nesta, o seu fundamento está na base de acción como “axudar”, “informar”, “atender”, “actuar”, “mellorar”, “resolver problemas”, “potenciar capacidades”, “asesorar para mellorar”,…

**Asesorar para mejorar**

 

image