3ª PARADA. Estación 725. As relacións entre profesionais (asesores e profesores).

3ª PARADA: ESTACIÓN 725.  As relacións entre profesionais (asesores e profesores).

3º parada.png

 

 

 A terceira parada a realizar polo tren será a “Estación 725 As relacións entre profesionais (asesores e profesores). O asesoramento non só supón establecer unha estrutura de interacción directa para realizar tarefas dun modo específico, se non que conleva unha experiencia vital para as persoas que se vinculan de forma activa e responsable en condicións de igualdade.  Esta importancia téntoa recoller no meu terceiro vagón do tren, que camiña cara o asesoramento curricular.

vagon 3.jpg


En palabras de Favaro (1983), elevar a calidade das relacións do asesoramento require un cambio de énfase dende o coñecemento cognitivo e técnico a unha focalización nas experiencias significativas dos participantes. A relación paritaria faise realidade por medio dun proceso de negociación e construción de consenso que se proxecta sobre dous elementos básicos, asesor e asesorado, onde é necesario que xordan dos aspectos principalmente:

  • Comunicación constante nos dous sentidos. Asesores e profesores deben superar estereotipos respectivos, de maneira que as solucións emerxen cando revisan as visións que uns teñen sobre outros e se enfrentan construtivamente coas diferenzas.

  • Unha distribución de poder entre asesor e profesor no que ambas partes teñen igual ou parecida oportunidade para influirse mutuamente. Como sostén Popkewitz, a idea de negociación é un eficaz símbolo político, que fundamenta a crenza de que os individuos teñen a capacidade de alterar as situacións mediante as súas actividades de redefinición e reorganización de acontecementos sociais (…) a negociación é un poderoso símbolo contra a idea da coercitividade institucional e o control burocrático. Pero isto requirirá que asesores e profesores analicen posibles diferenzas e discrepancias, revisando as formas de poder –lexítimas e ilexítimas- en que incorren, os intereses que perseguen, as accións que emprenden, etc.

Neste sentido, quédanos claro que a relación de axuda entendida como colaboración é un proceso emerxente e dinámico, continuamente reestruturado a través de transacións e negociacións que se cimentan tanto en crenzas e expectativas individuais como no contexto social e normativo da organización educativa.

Tendo en conta isto, tamén é prioritario coñecer a comunidade profesional á que pertence o docente a asesorar, pois como sinala Montero (1999), nunha interesante análise da situación actual do mito da formación do profesorado en España e desenmascarando vellas prácticas de seducción do profesorado (formación para a reforma) –propias de momentos de euforia e confianza- e os de inapetencia, desarme, escepticismo e fastío actual, mostra que o desenvolvemento profesional do profesorado non se pode entender nin instalar en posicionamentos dicotómicos empobrecedores, senón que se ha de penetrar no seu complexo mundo interno para comprender as súas concepcións, crenzas, teorías que dirixen as súas prácticas, como constrúe a súa identidade e que imaxe ten do seu traballo, pero tamén miralo dentro do complexo marco institucional no que se desenvolve. É dicir, o profesor non traballa só, senón que o fai dentro dun centro educativo, con alumnos, colegas, familias,…cos que debe interatuar. As súas prácticas veranse necesariamente influenciadas polo contexto próximo ao micro (cultura de centro) e macro que o arrodea. Polo que serán interesantes elementos no seu exercicio profesional a ter en conta para establecer o asesoramento: colaboración e encontro profesional, posibilidade de traballar en equipo, equilibrio entre docentes, equilibrio profesor-equipo, interacción con contido, participación e comunicación, interrelación, favorecer sistemas de apoio, recursos e recompensas, etc.

Dende esta visión, no grupo de psicopedagogas viaxeiras realizamos un pequeno estudo para comprender as relacións entre asesor e profesorado (Relacións entre asesor/a e profesor/a: influenza do rol do asesorado), e a súa influenza na ampla gama de roles do asesorado, que anexo o enlace a continuación.

http://stellae.usc.es/red/file/view/45550/relacins-entre-asesora-e-profesora-influenza-no-rol-do-asesorado


Todos estes axentes, dende os diferentes escenarios, establecen unha relación co profesorado, de forma que é necesario coñecer como se entabla esta relación e que opinións teñen os profesores/as sobre os psicopedagogos/as e viceversa. Xustamente esta temática tratouse na clase do 6 de novembro, a través dunhas cuestións relacionadas co mesmo, tal e como recollo a continuación no diario dese día.

1) Que pensan futuros/as asesores/as dos profesores/as de Infantil, Primaria e Secundaria con quenes van a traballar?

2) Que pensan profesores/as de asesores/as?

3) Que coñecemos sobre estas relacións?

 


Destas aportacións destaco algúns aspectos que caracterizan a estas relacións, como pode ser que a  visión do seu rol se internaliza así segundo as actitudes das outras persoas ao tomar o mesmo rol. Este grupo de referencia terá unhas funcións normativas e comparativas e o asesor avaliará a súa actuación dentro dun determinado rol en comparación co grupo, polo que este aspecto pode ser outro elemento a ter en conta en canto a súa visión por parte do profesorado.

 

**Diario de mércores, 6 de novembro**

Outro aspecto a ter en conta é o apoio e asesoramento aos profesores no desenvolvemento dos procesos de ensino-aprendizaxe, pois constitúe un evento relativamente recente. Tal é así que nos decatamos da lexislación que regula a nova concepción de asesoramento a centros educativos, vemos que os Departamentos de Orientación créanse no 98 e o título universitario de licenciado en Psicopedagoxía se promulga no 92, isto quere dicir que son datas recentes que levan a conclusión de que non existe unha tradición investigadora sobre o tema no noso espazo de coñecemento máis próximo, nin as competencias do asesor están ben definidas. Este aspecto abordeino nun blog titulado “Crisis na orientación educativa asociada á incapacidade da psicopedagoxía como disciplina para responder de maneira adecuada as necesidades que se están demandando desta práctica profesional”.

" ¿Crisis en la orientación educativa asociada a la incapacidad de la psicopedagogía como disciplina para responder de manera adecuada a las necesidades que se están demandando de esta práctica profesional?


Este tipo de asesoramento podemos consideralo interno, no ámbito do asesoramento ao desenvolvemento curricular, o cal fai necesariamente referencia ás labores de apoio dende dentro do centro educativo. Escudero e Moreno Olmedilla (1992) son máis explícitos e refírense neste sentido ás funcións do psicopedagogo como orientador dos procesos de desenvolvemento curricular, nos seguintes termos:

  • Ha de vincularse a ensinanza que se leva a cabo na aula: ensinando, experimentando, dinamizando, coordinando a práctica educativa, etc.

  • Organizando e dirixindo procesos de revisión conxunta da práctica educativa.

  • Participando na toma de decisións sobre as modificacións que se realicen na programación, como consenso dos resultados de análise cualitativos de avaliación.

  • Participar e coordinar programas de formación do profesorado basados na práctica profesional docente.

  • Desenvolver actividades entre profesorado para fomentar a cultura crítico-reflexiva, como medio de abordar os problemas do centro educativo.

  • Tomar parte en actividades de avaliación.

  • Facilitar o deseño, selección e elaboración de recursos.

Asemade, ao psicopedagogo como asesor do proceso de desenvolvemento curricular compételle funcións determinantes:

  • A primeira é a de asesoramento aos equipos docentes, tanto nos modos e procedementos para levar a cabo o seu traballo en grupo, como no desenvolvemento do currículo. Pero nesta relación, que cuestións demandan máis atención e que outras deben subordinarse en beneficio de outras que afectan ao que está sucedendo, e teñen maior incidencia no proceso de ensino-aprendizaxe? Neste caso, baixo as miñas puntualizacións, vexo que soe ser máis necesario aquel asesoramento en base as necesidades de cada centro (as veces, referidas á formación docente, outras á posta en práctica ou toma de decisións no desenvolvemento curricular,…).

  • A segunda función, atende a secuenciación dos elementos que integran o currículo e as súas conseguintes dimensións: obxectivos, materiais curriculares e didácticos, medios e actividades, etc., así como as razóns fundamentais que levaron ao grupo de traballo  xustificar esa concepción da ensinanza e non outra, así como as formulacións que vinculan a construción de materiais para os alumnos, guías orientativas para profesores, etc.

  • A terceira función ten como finalidade identificar e difundir a planificación dos grupos. Tal axuda fundaméntanse na crenza de que os valores que plantexa o grupo, raramente poden estar identificados por medios simplemente racionais e é necesario que cada grupo actualice as súas crenzas, en relación a porque consideran que a concepción axiolóxica que aplican ao seu traballo é a máis adecuada.

Merece especial atención neste apartado, mencionar oito calidades que considero, trala profundización en este campo, que debería ter todo asesor na súa relación co profesorado, baseado na metáfora da comunicación:

  1. Que se quere comunicar. É dicir, temos que ter claro como asesores a información a dar, se é convinte e suxerida polas necesidades do contexto onde se encadra a intervención.

  2. Quen comunica e quen non. Isto é con que parte do profesorado contamos e con que parte no, para establecer o proceso de intervención. En base a isto, coñeceremos onde se poden establecer canles de comunicación.

  3. A quen se comunica. O adecuado é que chegue a información a todos os compoñentes que a necesitan, polo que así obteremos unha intervención significativa.

  4. Como se comunica. As informacións melloran e se transmiten de forma clara, breve, cunha linguaxe adaptada ó destinatario, en base os seus intereses, etc. será condición sine quanon para un bo asesoramento.

  5. Cando se comunica. Refírese ao momento máis adecuado para o traspaso da información, onde unha parte das informacións teñen un momento óptimo para ser ofrecidas, avanzadas, etc. en base aos intereses como anteriormente mencionaba.

  6. Canto se comunica. Fai referencia a cantidade de información máis adecuada en cada momento, pois a insuficiencia xera a diminución da calidade de interese no destinatario.

  7. Onde se comunica. Cada información e intervención ten o seu sitio ou sitios adecuados para ser transmitida. Nalgúns casos ao ser máis confidencial, fai que se restrinxa o espazo.

  8. Porque a comunicación. A finalidade das informacións debe estar de acordo cos obxectivos do equipo, co seu proxecto de intervención. A información no proceso de asesoramento debe satisfacer as necesidades persoais, profesionais e de equipo.

 

Cabe ter en conta que para mellorar estas relacións, dende o rol asesor poderíase, indage no coñecemento sobre aplicar técnicas de traballo en equipo, pois son un recurso fácil e eficaz a disposición de equipos para mellorar o seu calado. Neste caso, para facilitar a conexión de relacións e traballo conxunto, poderíamos prescindir de técnicas especialmente útiles como o traballo en pequenos grupos, as discusións breves en grupos de dous ou tres membros, a roda de intervencións, o traballo por comisións, a chuvia de ideas, etc. (Bonals, 2007).

 

En definitiva, tras coñecer as necesidades principais de ambos colectivos (asesores/as, profesores/as), e tamén do alumnado, débense coñecer todas estas posicións que marcarán a labor asesora e que pode dar lugar a diverxencias, tentando non permitir a finalidade da labor asesora. Paralelamente, estes desencontros e posibles desaxustes, poden ter saída e discernirse a través de diversas técnicas que o asesor debe coñecer, como son algúns exemplos dos que eu recollín con anterioridade, que poden iniciarse con outras estratexias como o inicio do diálogo, a creación de redes efectivas, analizar e aprender da práctica, debate, intercambio de opinións, etc.

“A educación, como a luz do sol, pode chegar e debe chegar coa colaboración de todos” (Varela).

a colaboración.png