6. Paso 5. Resultado: o asesoramento na institución escolar.

   Despois de tódolos pasos seguidos, teremos a nosa receita xa finalizada. Se a labor do aprendiz e do asesor foi adecuada, posiblemente nos atopemos ante un guiso saboroso, ou, canto  menos, satisfactorio. Evidentemente, a receita irase mellorando a medida que se poña en práctica unha e outra vez, posto que non sempre o resultado será perfecto. Por tanto, o guiso do asesoramento admite sempre melloras e innovacións.


image


    Así, este resultado pódese apreciar no papel que ten o asesoramento no sistema educativo. O asesoramento curricular ao profesorado preséntase como unha tarefa recente, en parte promovida pola reforma educativa que supuxo  LOXSE. As labores asesoras transcenden a orientación académica, profesional e a educación compensatoria, posto que vai ligada ao cambio educativo. este cambio debe xerarse en base ás prácticas que definen as relacións entre a psicopedagoga ou psicopedagogo coas profesoras e profesores do centro. Durante o desenvolvemento destas prácticas, a asesora ou asesor (representada pola orientadora ou orientador), deberá ter en conta as seguintes competencias (Pérez Ferra, 2001):

- O asesoramento aos docentes nos modelos ou procedementos nas súas accións educativas.

- A axuda na secuenciación nos elementos curriculares

- A identificación e difusión na planificación dos grupos.

    Como xa se comentou na clase, non só chega con desenvolver unhas funcións ao pé da letra, senón que esta figura debe ter tamén coñecementos sobre estratexias persoais e organizativas, sobre procedementos sobre recollida e análise de datos, sobre múltiples enfoques do asesoramento e sobre diversas opcións de planificación do curriculum.

   En relación a isto, no documento subido á rede “O asesoramento curricular ao profesorado” (http://stellae.usc.es/red/file/view/50241/o-asesoramento-curricular-ao-profesorado) desenvolvo a función e a posición da figura da psicopedagoga ou psicopedagogo na institución escolar.

    Outras experiencias ou percepción previas sobre o asesoramento no ámbito curricular (e concretamente entre asesores e docentes) desenvolvéronse na clase coa axuda da técnica dos tres pes, con cuestións como que actuacións poden ser consideradas asesoramento curricular, a especialidade nesta área particular ou a formación dos asesores, o que se pode ver no arquivo correspondente: http://stellae.usc.es/red/file/view/47183/tcnica-das-tres-p

    É necesario ter tamén presente a función que o asesoramento presenta na lexislación galega vixente, debido a que constitúe o marco das relacións e a intervención do contexto escolar.  Desta forma, a normativa reguladora actual deixa caer esta tarefa nos Departamentos de Orientación dos centros, tal e como ser pode comprobar no Decreto 120/1998 do 23 de abril e na Orde do 24 de xullo de 1998 que regulan os Departamentos de Orientación. As competencias destes recaen sobre un variado número de ámbitos (familias, alumnado, profesorado, contorno, etc.), que na lexislación citada aparecen reflectidas mediante unha redacción ambigua e pouco precisa que favorece aínda máis a amplitude da súa acción. Ademais destes servizos de orientación, que son internos ao centro (xunto coa titoría), créase tamén unha rede con tarefas relacionadas co asesoramento, como poden ser os Equipos de Orientación Específica e as direccións xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais (servizos externos).

    No arquivo titulado “A orientación e o asesoramento na lexislación educativa galega”, o grupo “Asesoras viaxeiras”, do que formo parte xunto con Silvia Muñiz, realizamos unha análise destes aspectos na normativa actual, partindo de como se chegou ao momento que nos atopamos (a partir da aprobación da LOXSE) e realizando unha perspectiva de futuro, comentando o papel que xogan na xa presente LOMCE os termos citados: http://stellae.usc.es/red/file/view/43271/a-orientacin-e-o-asesoramento-na-lexislacin-educativa

    Como se desprende do escrito ata o momento, o asesoramento é unha tarefa complexa, debido en parte á propia complexidade da institución escolar e ao entramado de relacións persoais e profesionais que teñen lugar nela. Un aspecto problemático no desenvolvemento do asesoramento pode ser a relación entre asesor e profesor: http://stellae.usc.es/red/file/view/45550/relacins-entre-asesora-e-profesora-influenza-no-rol-do-asesorado. Como se amosa no arquivo, existen unha serie de prexuízos e ideas previas dun colectivo cara ao outro, que como se comentou na sesión de clase correspondente, se cualifican mutuamente, por unha banda, de individualistas ou herméticos, e por outra de intrusos ou axentes externos. Considero imprescindible que se coiden especialmente estas relacións, pois delas dependen o éxito final da función asesora.

    Seguindo coa nosa receita e tal e como ocorre cun prato de cociña, non pode gustar a todas e todos por igual. Da mesma forma, cando intentan trocarnos unha receita moi coidada e elaborada por un infame prato precociñado (digamos, por exemplo, unha boa fabada por un “sanjacobo” conxelado) sentimos a necesidade de protestar e esixir o retorno da primeira. Comer hai que comer, así que mellor ben que mal. O mesmo nos sucede coa reforma educativa que supón a LOMCE, que supuxo movementos de rexeitamento como o que amosa Silvia Muñiz nesta entrada de blog (http://stellae.usc.es/red/blog/view/43408/el-por-qu-de-la-semana-de-huelga-en-la-educacin) ou o chamado Foro de Sevilla, formado por docentes organizados.

  No arquivo http://stellae.usc.es/red/file/view/54894/por-otra-poltica-educativa pode descargarse o seu manifesto “Por otra política educativa”, no que se definen unha serie de termos básicos na educación (como “calidade”, “fracaso”, “solidariedade”, “axustes”,...), se explican os puntos cos que discrepan coa LOMCE e propoñen e desenvolven unha alternativa, que acertadamente esixen que teña como aspecto innegociable a apertura ao diálogo.

     Para rematar, deixo uns enlaces  de entradas de blog (algunhas publicadas en arquivos por equivocación) relacionados con esta reforma educativa e as consecuencias que pode traer no sistema educativo tal e como o entendemos actualmente:

http://stellae.usc.es/red/file/view/41231/o-congreso-aproba-o-proxecto-de-lei-da-lomce

http://stellae.usc.es/red/file/view/40868/saben-os-polticos-como-impartir-clase

http://stellae.usc.es/red/file/view/41230/20000-docentes-menos

http://stellae.usc.es/red/file/view/40850/el-latn-nos-explica-por-qu-cualquiera-puede-ser-ministro-pero-no-maestrohtm