Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

1. Introdución

1. Introdución

Última actualización de en Alba García Cabaleiro

Escollín a metáfora da planta xa que se pode facer unha semellanza coa traxectorria vital do ser humano, como un camiño de múltiples interseccións no que se deben tomar decisións para definir a dirección que se toma.

 Así mesmo, a planta podería compararse tamén co proceso de aprendizaxe que realizamos ao longo da materia, pois, como sementador da planta, o educador sementa a semente da ensinanza para que os seus alumnos se desenvolvan. Do mesmo xeito, os froitos colleitados serán de maior ou menor calidade segundo o proceso de ensinanza que se leve a cabo na aula; conseguiremos, ou non, que o alumnado adquira aprendizaxes significativos.

 Toda planta ten raíces, talo e polas, e cada un deles representa unha parte igual de importante para o seu bo funcionamento. As raíces son as que absorven os nutrientes do terreo no que está plantada e, na maioría dos casos, son profundas e invisibles. Ao igual que a planta, a aprendizaxe debe darse nun terreo fértil, que nutra e sirva de anclaxe, é dicir, é necesario que nós como alumnos estemos motivados.

O talo serve de soporte e a partir do mesmo nacen as diversas polas, as diferentes aprendizaxes que adquirimos. No talo podemos incluso diferenciar varias partes, unhas máis internas e escondidas e outras visibles para todos. O mesmo pasa no noso proceso de aprendizaxe, no cal avanzamos dende aspectos máis xerais (explicar que é o asesoramento e que tipos hai) ata aspectos máis concretos (profundizando no asesoramento educativo).

 O terceiro elemento son as polas, aquelas que se desprende do talo; hai polas “primarias” e polas que nacen destas mesmas. Cada pola da planta representa as diferentes aprendizaxes que levamos a cabo ao longo da nosa viaxe polo mundo do asesoramenteo e, ao igual que as polas, algúns son maiores, outros pequenos, algúns xorden como grandes conceptos e outros entrelázanse con aprendizaxes anteriores; pero todos eles brotan do mesmo talo, é dicir, gardan unha estreita relación co núcleo principal: o asesoramento.

 Polo tanto, seguindo a estrutura desta planta, comezarei falando do talo que sostén todas as demáis aprendizaxes: o asesoramento en sentido amplo e en sentido restrinxido, e os diversos espazos nos que este se pode dar.

 A continuación referireime á que pode que sexa a pola máis ampla: o asesoramento educativo, da que xorden polas máis pequenas que nos falan das diferenzas e semellanzas entre o asesoramento e a orientación, a necesidade de ter en conta o contexto á hora de asesorar, as funcións do asesor, as ferramentas das que dispón, os modelos de asesoramento, etc.

 En terceiro lugar, e moi relacionado co anterior, tratarei o tema da importancia da colaboración e coordinación entre os asesores e os docentes para acadar un bo funcionamento do centro, ao igual que é necesario que todas as partes da planta, ademais de exercer as súas funcións, traballen de forma conxunta e coordinada para conseguir que esta medre sá e forte.

 E xa para rematar centrareime nas raíces da miña planta, todas aquelas reflexións finais que xurdiron durante a elaboración deste portafolios e que afianzan os coñecementos adquiridos, ao igual que as raíces fixan a planta ao chan.