Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

2. O talo.

2. O talo.

Última actualización de en Alba García Cabaleiro

O concepto de asesoramento actuará como o talo da nosa planta pois, a partir del, xurdirán as demais aprendizaxes.

 Para entrar en contacto con este termo, en primeiro lugar, temos que destacar que se trata dun concepto difuso polas múltiples definicións existentes e polos diversos contextos nos que o asesormento pode darse, contextos tan diferentes como o ámbito xurídico, político, financeiro, matrimonial, educativo, etc., pero en todos eles o asesor é unha figura de apoio e axuda.

 Visto dende esta perspectiva, podemos considerar que o ámbito de traballo dun asesor é moi amplo e que, en tódolos momentos en que temos que enfrontarnos a unha toma de decisións, podemos contar coa axuda dun profesional deste tipo.

 Esto fai que nos preguntemos si asesorar é unha tarefa ou unha profesión, pois existen contextos nos que a profesión de asesor é irrefutable como, por exemplo, no mundo das finanzas; se embargo, noutros casos están ocultos e o asesoramento considérase unha tarefa, formando parte dun conxunto de roles de outras profesións, como é o caso do orientador, cuxas funcións inclúen a de asesorar.

 Por iso, debemos destacar que existen dous tipos de asesoramento: nun sentido amplo e nun restrinxido:

  - Asesorameento nun sentido amplo: levaríase a cabo cando unha persoa que dispón dun coñecemento sobre algo axuda a outra en función dese saber. Por exemplo, entre amigos, alumnos, familiares, etc.

- Asesoramiento en un sentido restringido: nesta ocasión é un profesional formado nun ámbito determinado, que dispón dun coñecemento específico de experto e que ofrece apoio nese contexto a outra persoa.

 Facendo referencia a este último podemos atopar diferentes definicións de diversos autores.

 Lidia Fernández (1997) defíneo como:

“La función del asesoramiento puede definirse como una operación de diagnóstico identificación de falencias (carencias), en comparación con un modelo e indicación de proyectos de acción.”

 Pola súa parte Lippit y Lippit (1986) afirman que:

“El asesoramiento es una interacción en dos sentidos, un proceso de buscar, dar y recibir-ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de resolver las confrontaciones con problemas y ocuparse de esfuerzos de cambio.”

 En definitiva: "la condición necesaria del asesoramiento es que se articule y se exprese como una «interacción» o «intercambio» que presta acompañamiento y cooperación en sí misma, lo cual entraña una potencialidad añadida: propiciar el aprendizaje activo y la capacitación para afrontar problemas similares en el futuro". Nieto Cano, J.M. y Portela Pruaño, A. (2006).