6ª PARADA. Estación 857 As claves para o éxito no asesoramento.

 

 

6ª PARADA: ESTACIÓN 857  AS CLAVES PARA O ÉXITO NO ASESORAMENTO.

imagesT7IS14II.jpg

 

 

A sexta parada a realizar polo tren será a “Estación 857. As claves para o éxito no asesoramento”. Tendo en conta o afirmado na anterior páxina, podemos chegar á conclusión sobre cales son as claves que poden favorecer o éxito na práctica asesora. Estes e outros aspectos relativos á interrelacionar elementos que melloren a práctica asesora, recólloos no documento que titulei “o macrorrelato: ideas claves para una asesora”.

Para englobar o que sería a tarefa de asesoramento para min nun centro, xunto con todas as accións a levar a cabo, recollendo así as consideracións previas que deberíamos ter como asesores á hora de enfrontarnos a unha institución educativa, desempeñando o noso papel de orientador ou orientadora, tal e como se denomina neste ámbito, tal e como recollín no seguinte documento.


 

Macrorrelato: ideas claves para una asesora


 

No noso primeiro contacto como asesores nunha institución suporemos que será, como todos pensamos, difícil e complicado, pois o descoñecemento das accións desta labor na práctica que require como tal dentro de cada centro é un misterio para os asesores sen experiencia. Por este motivo, e tras a realización dun microrrelato do meu primeiro dia como asesora, decidín indagar un pouco máis sobre o que realmente é importante ter en conta e levar a cabo para un mellor asesoramento.

 

Microrrelato: mi primer dia como asesora



Cando como profesionais nos incorporamos ademáis, por primeira vez, a situación merece especial atención. Neste caso, presentámonos a situacións e esixencias novas, a cambios de actitude e responsabilidades que nos esixe o noso novo papel no mundo laboral.

Con este fin, o macrorrelato recolle máis aspectos da labor do asesoramento que todo asesor/a debera levar a cabo: unha fase de contacto inicial que denominei “a construción da relación co centro”, unha fase de análise denominada “a autorrevisión da escola e a priorización de mellora”, unha fase de seguimento e acción encamiñada “á busca de solucións e desenvolvemento dun plan” e unha fase final titulada “avaliación, valoracións e conclusións do asesoramento”.

Resumindo o que cabería ter en conta en cada fase, sinalei no documento un pequeno esquema:

  • 1º FASE: A construcción da relación co centro.

    • Os precontactos.

    • O contacto inicial co claustro.

    • A disciplina como contido da demanda.

    • O comezo dunha relación.

    • Coñecendo outras realidades do centro e demostrando capacidade.

  • 2º FASE: A autorrevisión da escola e a priorización dun ámbito de mellora.

    • A priorización e a creación dunha visión conxunta.

    • Actuacións e clarificación do problema.

    • A importancia das relacións afectivas.

    • Continuar coa clarificación do problema e o inicio de procesos estables.

    • Primeiros argumentos sobre a importancia do currículum.

  • 3º FASE: A búsqueda de solucións: unha nova fase. Confirmación do proceso e desenvolvemento do plan.

  • 4º FASE: Avaliación do desenvolvemento do plan, valoracións e conclusións.

 

Todas e cada unha destas fases recollereinas no seguinte vagón do tren, de cara ó camiño do asesoramento curricular.

vagon 6.jpg

 

 

Neste sentido, cabe ter en conta que cada institución educativa ten vida propia, é dicir, unha maneira particular de vivir e traballar que a fai diferente, polo que teremos que recurrir a variables relacionadas coa comunicación e socialización de individuos e os grupos para atopar unha explicación dos aspectos que implicitamente está condicionando o desenvolvemento da vida organizativa en cada institución. A aproximación a estes procesos dinámicos das organización educativas axudaranos a entender o que ocorre no seu interior.

 

En definitiva, a entrada dos diferentes profesionais nas organizacións educativas supón un proceso complexo de contraste de ideas, valores, actitudes e expectativas; un proceso de natureza relacional e comunicativa e finalmente un proceso que resulta decisivo para o posterior desenvolvemento organizativo. A este proceso denomineino socialización, para expresar cando un individuo se fai membro funcional da comunidade adquirindo a cultura que lle é propia. É dicir, socialización é o proceso de adquisición dunha cultura (Lucas Martín, 1986:357).

Mediante o proceso de socialización un profesional do ámbito educativo adquire os coñecementos, as destrezas e a desenvoltura necesarios para desempeñar e asumir o seu rol, as súas actitudes, crenzas e valores que se integran nesas normas de organización, todos eles aspectos que debemos ter en conta nunha institución educativa.

A comunidade educativa exerce un decisivo papel neste proceso de socialización dos profesionais que a compoñen e, neste sentido, podemos sinalar algúns aspectos que determinan o grao de socialización dos diferentes integrantes, que a súa vez, van a influír no tipo de relacións que se establecen no centro educativo:

  1. Actitude de apertura ou, polo contrario de rexeito dos compañeiros profesionais.

  2. O apoio ou desinterese profesional que se practique entre eles.

  3. A personalidade dos líderes, xa sexa formais (establecidos desde a estrutura) ou informais.

  4. O grao de participación ou implicación que se oferte desde o equipo directivo.

  5. O compromiso de traballo cooperativo que se leve a cabo.

 

En resumo, podemos considerar esta primeira situación como a primeira fase do proceso de desenvolvemento do asesoramento, así as funcións a desempeñar nesta primeira situación de contacto, podemos resumilas no seguinte cadro:

1º Fase do proceso

Funcións a desempeñar

 

 

 

ü  Contacto inicial e construción dunha productiva relación de traballo

  • o   Saber entrar no grupo e dinamizar nel os procesos de empatía e de traballo colaborativo intra grupo.

 

  • o   Clarificación, negociación, consenso, dotarse de aliados e facerse un máis.

 

  • o   Contextualizar, racionalizar e superar posibles resistencias. Autorrevisión, identificación e priorización de necesidades.

 

 

Algunhas das características que definen a este asesoramento, denominado como Grupo de Apoio entre os Profesores, comentadas por Parrilla (1998), son:

  • Carácter institucional, pois se desenvolven no seno do propio centro docente xa que os integrantes do grupo son tres profesores do centro.

  • Simetría nas relaciones, posto que as relacións entre eles están baseadas nun mínimo de diferenza e unha máxima igualdade. Os docentes son colegas que con un amplo marxe de libertade e libre de presións e ameazas institucionais analizan, discuten e toman decisións ante problemas e situacións conflictivas que algún outro compañeiro lle plantexa.

  • Relación colaborativa, trabállase sobre a base dun ciclo de resolución colaborativa de problemas e de acordos.

  • Carácter e orientación práctica e comprometida do proceso, xa que tratan problemas e asuntos prácticos.

  • Recoñecemento do coñecemento dos docentes, o grupo baséase no coñecemento experiencial e práctico dos profesionales na docencia.

  • Inmediatez do apoio no tempo e no espazo, dada a cercanía do seu  servicio ao problema e xunto a isto a súa axuda e dispoñibilidade case permanente.

  • Apoio aos profesionais. A filosofía deste asesoramento supón o recoñecemento das necesidades de cada profesional.

  • Flexibilidade técnica, principio que o conduce a buscar en cada caso a alternativa máis apropiada ao problema que se trate.

 

Dentro dunha perspectiva de desenvolvemento cíclico, recóllense algunhas das funcións e habilidades que se identificarán de seguido no cadro, as cales son necesarias para o exercicio da labor asesora desde o enfoque da formación en centros (Guarro e Hernández, 1998).

 

2º Fase do proceso

Funciones a desempeñar

 

 

 

ü  Autorrevisión, identificación e priorización de necesidades.

  • o   Formación do profesorado en técnicas de autoavaliación.
  • o   Revisión das prácticas do centro, diagnóstico das necesidades e priorización das mesmas.

 

  • o   Actuar de espello clarificador e amigo crítico que fomenta a comprensión da información relevante.
  • o   Selección e creación conxunta de argumentos, visións, categorizacións, etc.
  • o   Axudar a que no centro se dean procesos de identificación, clarificación e priorización das necesidades e problemas.
  • o   Dinamizar, apoiar e participar en debates e accións de compartir e comunicar información relevante e aunar perspectivas e propósitos.
  • o   Integrarse de maneira prescindible, permanente e igualitaria no equipo.
 
 
 
 

 

A función asesora posee uns principios básicos de procedimiento e orientacións estratéxicas que van a marcar definitivamente as funcións que comezan a despuntar desde a perspectiva de reestructuración dos centros educativos desde dentro (Bolívar, 1997, 1999):

  1. Traballar “con” en vez de intervir “en”.

  2. Desenvolver máis que aplicar.

  3. Actuar como mediador e enlace.

  4. Asumir e practicar a arte de facerse prescindible sen que desapareza o “orientado” empuxe innovador do centro.

 

Unha vez que o centro lograra dar prioridade a algúns dos seus ámbitos de mellora debemos realizar a análise do problema ou problemas identificados. Iníciase con isto a terceira fase, baseada nun proceso de estudo, de discusión e de traballo conxunto que terá como finalidade recoller novos datos ou evidencias que permitan ilustrar como, cando, onde se ven manifestando o problema así como cales son os seus compoñentes, que consecuencias ten para a escola en xeral, etc.

Para facilitar a discusión do problema, podemos utilizar algún tipo de instrumento, como por exemplo “as guías para a reflexión” nas que se presenta ao profesorado á tarefa convenientemente acotada e o máis clara e concreta posible. A guía debe ser debatida, previamente ao seu uso, polos suxeitos que a utilizarán para clarificar así todas las dúbidas que poida presentar.

A busca de solucións e alternativas sobre un ámbito de mellora escolar considerado un problema é un proceso moi complexo na miña opinión, polo que, cabe ter en conta que cada solución que se adopte pode ter consecuencias distintas. Se ata agora se había levado a cabo un proceso de creación dunha visión conxunta da escola, do que é, agora deberemos mirar ao futuro, que podemos facer para mellorar algo que non está funcionando como a todos nos gustaría? Neste momento, é cando teñen sentido accións formativas específicas, como resposta ás demandas.

En definitiva, podemos dicir que se trata dun proceso cíclico de análise conxunto que ofrecerá unha visión de como ven manifestándose o problema no centro e nas aulas, unha oportunidad para compartir materiais e experiencias de traballo con outros compañeiros e co alumnado. Un conxunto de actividades, en suma, que conducirá á movilización das ideas e as concepcións para planificar conxuntamente as accións referidas á aprendizaxe dos alumnos e a potenciar as relacións entre os membros da comunidade educativa. Este é un tempo, tamén, para ir esbozando a planificación da acción.

 

A tarefa de avaliar o proceso para establecer unhas conclusións finais y, se é o caso, propostas de mellora, non podemos consideralo un apartado final, nin tampouco un procedemento formal ou burocrático como moitas veces se cre. Como ben concretaron neste sentido Holly e Southworth (1989), o proceso de desenvolvemento escolar colaborativo é en si mesmo un proceso de avaliación. Cada unha das fases que recollín con anterioridade, por sí mesmas, supón unha avaliación dalgún aspecto levado a cabo nelas, posto que o que se pretende é a revisión, a análise crítica, valoración e toma de decisións case constantes. É, por dicilo dalgunha maneira, unha forma de chequeo á escola, para comprobar se os cambios propostos deben manterse, modificarse, estenderse a outras dimensións, etc. Non obstante, os autores citados referíronse a tres maneiras de pensar e practicar a avaliación no contexto de procesos de cambio e mellora da escola. Falan así da avaliación de cambio e da mellora, avaliación para o cambio e avaliación como cambio e mellora (Escudero, 1990:2).

A avaliación do cambio concretaríase nun proceso de recollida, análise e interpretación de datos que nos permitira ofrecer algún tipo de resposta sobre os resultados positivos ou negativos que se puideron obter dun proxecto de cambio como o que está inmerso a escola.  Contémplase finalmente, unha avaliación como mellora e cambio.

 

Preséntase deste modo, un novo enfoque do asesoramento, baseado na colaboración entre os profesionais, favorecendo así este cambio do que se fala sobre a escola. Estes o outros aspectos foron recollidos no documento titulado “La colaboración: eje de la función asesora”.

 

La colaboración. Eje de la función asesora



Esta importancia da colaboración maniféstanse no estudo de casos traballado sobre Echeita e Rodríguez (2005).


 

O asesoramento desde dentro. O que sobra e o que importa


Ambos casos permítennos achegarnos á realidade escolar, tal e como foi vivida e pensada por cada un dos protagonistas como nos mesmos. Trátase de dúas experiencias, en principio, moi distintas no referido á condicións dos centros e no que un e outro foron capaces de conseguir. Rodríguez e Echeita son dous autores que comportan as súas vivenzas e reflexións da súa práctica asesora, que comentei brevemente nos documentos seguintes:

 

Episodios de un desencanto. Echeita (2005)


 Comezando polo primeiro deles, Echeita mostrou comezar como asesor, tarefa con certo desencanto para o mesmo, pero a medida que as súas vivencias e emocións suscitadas no seu momento, foise reconciliando con esta experiencia a cal lle aportou aprendizaxes cualitativas sobre o funcionamento e organización do centro escolar, sobre as condicións que facilitan ou entorpecen o cambio escolar e, sobre a labor do asesoramento psicopedagóxico, en ditos procesos. Tras o seu análise, observei que iniciar unha valoración e reflexión sobre o seu quefacer diario, posibilitaría modificar aquelas actitudes que non foron acordes no seu contexto, coñecer cales foron os procesos seguidos, cales os máis gratificantes e os de menor envergadura, como actuamos e que debemos cambiar, etc. A autocrítica nesta situación recolle un elemento esencial de cambio.

A pesares das súas constantes reflexións sobre as razóns de desencanto, unha vez inmerso como orientador, o autor recoñece a importancia da labor asesora e as funcións como algo laborioso.


 

Tal vez colaborar non sexa suficiente. Rodríguez (2005).


 Rodríguez, á diferenza de Echeita, parte dunha boa situación, acolledora e receptora como el a describe, que favorece a súa entrada no centro educativo. Sen embargo, o autor consegue establecer unha relación bidireccional cos docentes, favorecendo unha comunicación estable co obxectivo de crear unhas boas condicións que lle permitiron encauzar a súa labor asesora, pois cree que hai que buscar a forma de que, os que constitúen a comunidade educativa, teñan a oportunidade e necesidade de poñerse de acordo nos obxectivos que perseguen, de forma que cheguen a compartilos.

As súas actuacións tamén se definen por actos de prudencia no establecemento de cambios, intentando instaurar prácticas e métodos descoñecidos polos profesionais dende o traballo colaborador e institucional. A súa actitude era persistente e constante, pois aínda que ás veces se denotou como unha labor que non chegaba a ser útil, o seu proceso de “sedución” era continuamente intentado para innovar e propoñer novas iniciativas.

Pode ser a clave neste caso, o seu sentimento de autoconvicción e carácter prometido coa tarefa a desenvolver, para que, desta maneira, nos permita liderar propósitos a acadar na vida. Temos por diante o gran reto de conseguir facer ben o noso traballo asesor, este é o lema do autor, que nos deixou entrever no seu estudo de casos.

 

Na mesma liña, despois de toda esta información, atopámonos nun punto no que convén preguntarse cal é a situación da actividade asesora, como se está realizando e que propostas poden haber hacia o cambio de enfoque desta actividade, estas razóns e outras son as que me levaron nesta páxina a adicarlle un pequeno espazo ós artigos relacionados coas claves do éxito da práctica asesora. É así o caso da reconstrución e redireción da práctica asesora, principalmente do artigo de Domingo Segovia, titulado  “Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría.

 

Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría. Jesús Domingo Segovia.


 Domingo fálanos dun asesoramento educativo como práctica profesional en construcción, con múltiples posibilidades de desenvolvemento e de cambio e complexidade. De aí, o título deste documento, a necesidade de comprender as prácticas, a funcionalidade da asesoría (o que comentamos multitude de veces nas sesións de clase, quenes somos?) e hacia onde se dirixen as nosas prácticas (hacia onde vamos?).

Para isto, o autor proponnos que para conseguir o requisito de todo asesoramento en educación, é dicir, a mellora, establécense tres condicións principais para lograr a calidade:

  •  “Comunidades de aprendizaxe comprometidas” referidas a todas aquelas persoas, institucións ou organizacións involucradas en actividades de aprendizaxe, tales como o centro educativo en si mesmo, o profesorado, asesores, a dirección, etc.

  • “Apoio” como facilitador de aprendizaxe, orientación tradicional, axuda nun momento concreto, etc.

  • “Asesoría”, é dicir, unha guía do proceso que acompaña á toma de decisións, onde os asesores se encargarán de capacitar para que os profesionais as tomen por si mesmos. Con isto búscase a potenciación dos profesionais e da institución.

 

Entre os diversos factores para xerar o cambio, ademais Domingo sinala os “sistemas de apoio integrados” que actúen como modelos constructivistas e colaborativos. Neste contexto, a axuda é primordial para o novo marco de acción, dentro dun funcionamento e currículo democráticos. Neste caso, o asesor debe servir de ponte entre o centro e a comunidade, e dar resposta así ao que demanda a propia comunidade da que emerxe.

 

Neste sentido, indaguei ademais sobre outros artigos referidos á colaboración denominado “A colaboración. Eixe da función asesora” que xa comenteie adxuntei, pero neste caso fundamentome no meu espíritu por tratar de profundizar un pouco máis sobre a importancia da colaboración en todos os eixos profesionais da vida, e máis aínda, na función asesora. Para isto, valinme de aportacións tomadas de Bassedas (2007), Iranzo (2012), así como tamén reflexións sobre o estudo de casos de Echeita e Rodríguez (2005), para finalmente elaborar un documento base sobre aspectos relativos e importantes para intervir dende a colaboración. Estes elementos importantes son as estratexias que favorecen a colaboración, situacións e momentos, actitudes profesionais facilitadoras da colaboración, etc. así como tamén a súa importancia no campo do asesoramento, dende un modelo concreto de intervención, denominado “modelo de colaboración”, do cal tamén profundicei, documento que anexo a continuación.


 

Modelo de colaboración en el asesoramiento en educación


 

Como conclusión do relativo o traballo sobre a colaboración, podo dicir que tendo en conta que os retos que a sociedade actual plantexa, que emerxen na necesidade de establecer lazos de colaboración entre os diferentes equipos de traballo, debemos como asesores estar preparados e ter presentes unha serie de aspectos primordiais como os que se recollen nos documentos e que a continuación referencio.

Este cambio principal que presenta Bassedas (2007), ten as súas raíces en aspectos relacionados coa cultura, actitudes, pensamentos, ideas implícitas, etc. polo que se necesitan estruturas que faciliten a colaboración e unhas condicións de traballo que a permitan.

Como futuros psicopedagogos e piscopedagogas deberemos ter presente esta importancia, é máis, dada a labor asesora a que nos adicaremos, os piares da colaboración estarán presentes en toda esta dinámica a levar a cabo, pois como ben nos sinala Bassedas, así como Echeita e Rodríguez nos seus documentos, serán primordiais para levar a cabo o asesoramento tanto no traballo institucional como a colaboración e coñecemento mutuo entre profesionais.

 

Neste sentido, Iranzo (2012, páx. 153), sinala que o asesoramento psicopedagóxico para a mellora escolar é  un proceso evolutivo que busca definir a situación problemática, comprender os factores intervintes, aprender as formas de mellora, articulalas na práctica e regulalas para construír un aprendizaxe profesional. Estes aspectos son a base do modelo de intervención proposto pola autora, baseado nun modelo de colaboración.

 

Esta situación de colaboración, tamén a trata no documento “ As relacións interpersoais como eixo do asesoramento” sobre o que xa afondei en páxinas anteriores, pero que me parece de especial importancia incluilo como aquí unha das claves para o éxito da labor asesora.


 

Las relaciones interpersonales como eje del asesoramiento


Como conclusión, cabe mencionar polo tanto que o asesoramento enténdese como un proceso de mellora a través da súa intervención, que debe atopar temas xeradores de mellora no centro educativo, coa finalidade de optimizar directamente e indirectamente un gran número de situación fructíferas. Pero que é o que realmente nos fai falta e debemos ter en conta para poder levalas a cabo?.

Nesta liña, destaco a importancia de aspirar a formación continuada do asesor, pois como comentaba en páxinas anteriores, é importante que o asesor/a estea formado, pois a súa figura de experto así o suxire. Nesta situación, tamén decidín indagar nas modalidades de formación, sobre as cales destaquei, baixo o ámbito de estudo que nos ocupa, dúas delas:

 

Ambas son modalidades de formación (entre outras: cursos, seminarios, xornadas,…), que nos aportan coñecementos básicos sobre a formación en exercicio como base do desenvolvemento persoal e social, que garantiza unha mellora continua do proceso educativo á vez que permite comprender e mellorar a propia práctica. Así o remarca a autora Tilve (2000) xunto con aportacións da autora Rodríguez Romero (1996).

No que se refiren ás biografías persoais, dado que estivemos traballando sobre o estudo de casos, suxeriume a idea de adxuntalas, xa que aínda que non son equiparativamente iguais, si en ambas estratexias podemos atopar o mesmo fundamento, é dicir, a posibilidade de que o profesional nos permita coñecer a súa historia particular de vida profesional, como elemento enriquecedor na propia práctica asesora. Esta práctica ofrécennos moitas vantaxes, pois permítenos a posibilidade de reflexionar diacrónica e lonxitudinalmente sobre a praxe cotidiana, permite coñecer e comprender significativamente ao lector como se acomodan e implementan innovacións educatvas e cales son os seus resultados. 

Dende esta óptica de formación dos profesionais, tamén fomos quen de indagar a través da "técnica das 3P". Esta foi unha actividade grupal, polo que tivemos a portunidade de indagar e enfrontar opinións, onde quizais constatamos a idea da tendencia que pode apreciarse en canto á formación de profesionais de apoio é a dun progresivo abandono da formación exclusivamente psicoloxista, compensando coa importancia crecente da organización escolar, o deseño e desenvolvemento do currículo, a investigación-acción, o estudo dos procesos de utilización, difusión e avaliación do coñecemento, etc. Anexo o enlace do documento traballado no grupo de psicopedagogas viaxeiras:

http://stellae.usc.es/red/file/view/47183/tcnica-das-tres-p


 

Para concluir, debo indicar que a realización tanto do microrrelato como do macrorrelato foron dúas experiencias enriquecedoras no meu proceso de aprendizaxe sobre esta materia, xa que me permitiu desenvolver actitudes e pensamentos profesionais sobre como sería a miña práctica asesora. Sobre todo remarco o macrorrelato debido a que o longo do mesmo, tras recoller diferentes aspectos necesarios na labor asesora, fixen un compendio de elementos clave para levala a cabo, que me suxeriu moitos coñecementos ó respecto. Pois o simple feito de recollelos todos nun documento, fixo que me preparase máis a miña concepción de como sería a labor asesora no día a día e que deberíamos ter en conta.

 

E xa para finalizar esta páxina que me pareceu do máis importante e necesaria no meu portfolio, mostro a seguinte imaxe que quero incluír e que xa incluín no seu momento, sobre o lema que nos acompaña durante este cuadrimestre escolar Learning by doing”, en relación coas ramas de colaboración que fun tratando o longo da mesma, recollendo así un simposio (“aprendizaxe”, “capacitación”, “instrución” = e-learning; “comunicación”, “colaboración” e “coñecemento compartido”= colaboración)

parada 6, final.png