1. PRESENTACIÓN

1. PRESENTACIÓN

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Foi alá polo mes de setembro cando todo comezou, un novo curso académico, o último da nosa carreira de Psicopegagoxía e o último dun longo proceso formativo no cal non só avanzamos academicamente, se non tamén de xeito persoal, chegando a ser quen somos neste momento de construción do noso portafolios dixital.

Estabamos todos xuntos o día da presentación de esta materia, agardando que a profesora que chegase á aula, da que so coñeciamos o nome, nos dixese que o cuadrimestre ía consistir nunha sucesión expositiva de temas dos que ao final do proceso nos teríamos que examinar e, proceso no cal, acadaríamos ou non unha aprendizaxe construtiva. 

Pero isto non foi así, escoitamos o termo Stellae, rede social. Debo recoñecer que o de traballar na aula a través dunha rede social sonoume nun primeiro momento como unha tolería, debido a que eu, e penso que moitos dos meus compañeiros e compañeiras entendíamos as redes sociais como ocio, nas que compartiamos as nosas fotos e opinións de determinados temas pero... ¿Cursar unha materia a través dunha rede social? A verdade e que resultoume canto menos inquedante por saber o que me deparaba o futuro.

Ademais falamos tamén da construción dun portafolios na rede, o que hoxe estou a facer, é dicir unha representación do meu paso pola materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores. Aquí si debo recoñecer que me desconcertou un pouco xa que portafolios e rede social me parecían incompatibles polas miñas experiencias previas. Eu fixera dous portafolios con anterioridade na carreira de Maxisterio, pero non se lles pode denominar así, xa que tan só era un agrupamento de todas as prácticas que se ían sucedendo na aula sesión a sesión, é dicir, eran arquivadores mediante os cales teríamos unha organización temporal de todo aquilo que realizábamos na aula.

Pero chegou a nos o termo e-portafolios, unha maneira de expoñer na rede un traballo final que recompilase todo aquilo que iamos a realizar.

Para aumentar os meus coñecementos sobre os portafolios dixitais fixen un arquivo que subín á rede Stellae e que podedes consultar neste enlace: 

Portafolios dixital

e-portafolio

¿Como facer este traballo de maneira axeitada e ademais de forma orixinal? Pensei así nunha metáfora que puidese utilizar como fío condutor do meu traballo e, logo de moitas aportacións e descartes, decanteime por un rañaceos.

A construción de dito edificio de gran altura é un proceso longo pero continuo, pero, ¿por que un rañaceos? Considero que unha das vantaxes dun rañaceos e a de obter unha grande cantidade de superficie útil nun espazo de chan reducido. Se comparo isto coa formación que estou recibindo, decátome de que un dos meus obxectivos nesta materia é a de tentar lograr un alto grado de coñecemento sobre o asesoramento nun tempo e espazo reducidos, é dicir, tempo reducido porque si tivésemos o curso enteiro para desenvolver esta materia a nosa formación podería chegar a ser moito máis ampla e completa e, encanto ao espazo reducido, dicir que somos moitos alumnos e alumnas aos que a profesora Lourdes Montero tivo que atender e isto en ocasións levou a problemas de tempos de intervención de todos os participantes nas sesións.

Existen tamén algúns inconvenientes derivados da construción dos rañaceos. Un deles é que debido á alta concentración de poboacións que supoñen estes edificios esíxese grandes inversións en todo tipo de infraestruturas. En canto ás nosas clases, dicir que o gran número de persoas que nos concentrábamos nas sesións de aula levaban consigo que a profesora tivese que dar todo de ela para poder proporcionar unha atención por igual a cada un de nós.

Outro dos problemas de estas construcións é que resulta complicado que por exemplo a auga chegue aos pisos máis altos sen que rebenten as tuberías dos pisos máis baixos. Nas nosas clases dicir que resultaría complicado que o noso coñecemento alcanzase o nivel máis elevado posible se a base sobre a que se sostiña non estaba perfectamente asentada. Polo que, tanto os cimentos dos rañaceos como os cimentos da nosa formación como asesores deben ser profundos e estar o máis fortalecidos que sexa posible.

Rematar dicindo que a construción dun rañaceos non é posible sen un traballo grupal no que colaboren todos os axentes implicados, como tampouco é posible isto no asesoramento, polo que todo debe ser un traballo conxunto e grupal que neste caso estará representado por un “xefe de obra”, o asesor.

Estes serán os aspectos que trataremos na presentación da construción do noso rañaceos:

  1. Presentación.
  2. ¿Que sabemos sobre os rañaceos?
  3. Historia dos rañaceos.
  4. Diferencias entre unha boa e mala construción.
  5. Persoas que nos poden axudar no proceso de construción.
  6. Reunións durante o proceso.
  7. Metodoloxía de traballo.
  8. Interaccións entre os traballadores.
  9. Se algo vai mal...
  10. Todas as partes da construción teñen a mesma importancia.
  11. Cando traballamos de maneira adecuada...
  12. O Resultado final!
  13. Autoavaliación.
  14. Bibliografía e webgrafía.
  15. Inauguración.