2.PRESENTACIÓN DE ASE, ORI E DOS SEUS AMIGOS: ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN.

     Para comezar esta historia, antes de nada é preciso presentar aos protagonistas da mesma, aos personaxes que van a percorrer connosco este amplo mundo que vamos a tratar aquí; o mundo do asesoramento e o que isto trae consigo.

     Deste xeito, é meu pracer presentar a Asesoramento e Orientación, (tamén coñecidos como Ase e Ori polos seus amigo), dous irmáns hipopótamo moi parecidos entre eles, xa que son xemelgos idénticos, polo que todo o mundo lles di que son igualiños. Sen embargo, como todas as persoas, eles teñen características propias, peculiaridades que os diferencian a un do outro, aínda que moita xente as descoñeza e pense que son iguais de todo. O mesmo acontece coas prácticas de asesoramento e de orientación, que soen confundirse entre elas e pódese pensar que estes conceptos son totalmente idénticos, habendo realmente entre eles unha distinción bastante clara, aínda que sexa algo difícil chegar a ela. Para isto, recollo aquí o meu traballo acerca desas dúas prácticas e da similitude e diferenciación destes dous conceptos. 

 

Asesoramento e orientación

 

imageimage

 

     Ademais, gustaríame adentrarme un pouco máis na práctica do asesoramento para afrontar con maior claridade e deixar constancia dos escenarios nos que se desenvolven as tarefas de asesoramento, cales son as tarefas desenvolvidas por un asesor/a así como saber un pouco da súa profesión.

http://stellae.usc.es/red/file/view/40294/que-iso-de-asesorar

     Por outra banda, como agora ben sabemos, asesoramento e orientación son prácticas diferentes, con similitudes e diferenzas, ao igual que acontece con Ase e Ori. Polo tanto, debido a isto, Ase e Ori teñen as súas propias estruturas de pensamento, a súa maneira diferencial de pensar e de ver a realidade, é dicir, uns “modelos” de actuación, propios de cada un deles. O mesmo acontece coas prácticas de asesoramento e orientación, as cales contan uns modelos propios, de xeito que os modelos de orientación serían o Modelo de Counseling, o Modelo de Servizos, o Modelo de Consulta, o Modelo de Programas e o Modelo Tecnolóxico; os cales vou desenvolver e explicar neste documento.

 

Los Modelos de Orientación


     Por outra banda, os modelos de asesoramento correspóndense co modelo de intervención, o modelo de facilitación e o modelo de colaboración. Para traballar estes, fixen uso do texto “Modelos de asesoramiento: de la intervención a la colaboración”, de Pilar Iranzo, no que a autora expón estes modelos, así como o papel que adopta o asesor/a para levalos a cabo.

Modelos de asesoramento, a través do texto de Pilar Iranzo "Modelos de asesoramiento: de la intervención a la colaboración".

     

     Traballei tamén os modelos de asesoramento e a temática que ten que ver con estes a través do texto de Domingo “Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría”. Este texto traballámolo na aula empregando a técnica do acuario (tamén coñecida como técnica da cáscara de cebola); técnica que elaboro e explico nos seguintes documentos, nos que recollo unha pequena síntese do texto de Domingo, así como aportacións e reflexións recollidas na aula acerca deste tema así como as miñas propias.

Como introdución á técnica do acuario ou cebola, direi que esta é unha técnica de dinámica de grupos, que trata de favorecer e facilitar a comprensión de puntos de vista, así como a intervención democrática, ademais de favorecer e propiciar o diálogo e a discusión informada. Deste xeito, esta ten as vantaxes de favorecer as habilidades de análise e síntese, favorecer a integración do grupo, esixe escoitar criticamente e expresar ideas claras, permite elaborar unha síntese grupal do tema, permite detallar a información facilitando ao grupo a comprensión do contido..., así como ofrecer retroalimentación aos participantes.

 

TÉCNICA DE ACUARIO

Reflexións persoais sobre a técnica da pecera e o seu desenvolvemento na aula

Reflexións da técnica da pecera na aula

 

 

 

     Despois de coñecer a Ase e Ori, quero tamén presentar aos seus amigos, cos que comparten grandes experiencias no seu tempo libre así como aprendizaxes e leccións, xa que son ademais compañeiros de clase. Os amigos de Ase e Ori son:

  • Leonardo o león


image

 

  • Fofi o elefante

 

image

  • Rafaela a xirafa

 image

 

  • Tuki o tucano

 image

  • Paqui a cebra

 

 

 image

  • Braulio o mono

 image