2. QUE SABEMOS SOBRE OS RAÑACEOS?

2. QUE SABEMOS SOBRE OS RAÑACEOS?

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Antes de comezar a construír ben sexa un rañaceos ou calquera outro tipo de construción considero que é preciso que sabiamos que queremos construír, en que consiste e como debemos facelo.

 

 

Interrogante

Polo tanto, comezar dicindo que os coñecementos previos que se tiñan sobre os rañaceos é que son edificios considerablemente altos. Ademais, soe denominarse así a calquera edificio que destaquen pola súa altura sobre os dos seus arredores. Tal e como sinala o Consello de Edificios Altos e Hábitat Urbano:

“A altura dos rañaceos é un termo relativo, xeralmente comparativo co contexto. O primeiro edificio considerado como tal non tiña máis de 5 alturas... e agora estanse alcanzando case os 500 metros de altura. Non existe unha medida internacional, aínda que se di que un rañaceos é un edificio no que o vertical ten unha consideración superlativa sobre calquera outro dos seus parámetros e o contexto no que se implante.”

Tamén, como futuros construtores do rañaceos sabemos que existe un criterio baseado na altura bastante popular, situando o límite inferior nuns 500 pes (125 metros) de altura e que, a partir dos 1000 pes (uns 300 metros) un edificio pode ser considerado rañaceos.

A información previa sobre os rañaceos pode atoparse nesta páxina:

http://e-archivo.uc3m.es/bitstream/handle/10016/7313/PFC%20Mikel%20Remacha.pdf;jsessionid=B64204FF98054478ABF84A535F61D740?sequence=1

Ao igual que na construción dunha rañaceos, no proceso de formación sobre o asesoramento  é preciso partir sobre os coñecementos previos de cada un sobre o tema a tratar.

É dicir, considero que os coñecementos previos non so permiten contactar inicialmente co novo contido, se non que ademais son fundamentais para a construción de todo aquelo que pretendamos incorporar ás nosas estruturas cognitivas. Ademais un aprendizaxe é máis significativo canta máis relacións sexa capaz de establecer o alumno ou alumna entre o que xa coñece, os seus coñecementos previos, e o novo contido que se lle presenta. Toda esta conexión entre o previo e o novo establece unhas relacións nas nosas estruturas cognitivas que fai que emerxa unha rede de conexións entre todos os coñecementos posuídos. 

Coñecementos previos

Así, en canto ao asesoramento dicir que foi o primeiro que tratamos na primeira sesión de aula, partindo da pregunta de Onde vimos? E de onde partimos?

Fixen una busca ao longo dos meus apuntes tentando recordar todas aquelas materias nas que puidésemos ter traballado o termo asesoramento e o que implica dita acción.

A primeira delas foi en Organización do centro escolar cando falamos de que entre as funcións do corpo de inspectores de educación atópase a de asesoramento, así como tamén a de avaliación do sistema educativo como proba de diagnóstico e a de coordinación.

Ademais, nesta mesma materia, comentamos tamén que corresponde ás administracións educativas adoptar as medidas oportunas para que tanto os alumnos e alumnas como os seus respectivos pais e nais reciban o adecuado asesoramento individualizado, é dicir, a información necesaria que lles axude ao longo do proceso formativo dos seus nenos e nenas.

Xa rematada a carreira de Mestre, especialidade en educación primaria, e cursando Psicopedagoxía, na materia de Deseño, Desenvolvemento e Innovación no currículo tivemos un achegamento a aquelas función que forman parte do papel do psicopedagogo.

Pero sen dúbida a materia na que máis profundamos no termo asesoramento foi en Modelos de orientación e intervención psicopedagóxica, na que traballamos aspectos como os servizos de apoio ou asesoramento, definindo este último como o “esforzo sistemático e constante orientado ao cambio nas condicións de aprendizaxe e outras condicións internas nunha ou máis escolas co fin de acadar máis eficazmente as metas educativas”.

Falamos tamén dos diferentes enfoques cos que os axentes de asesoramento soen traballar para dar solución aos problemas que lles son formulados, podendo distinguir tres esenciais: Enfoque directo, enfoque colaborativo e enfoque educacional.

Ademais, outro dos aspectos que traballamos nesta materia foi o do asesoramento na educación non formal, xa que este tipo de educación precisa dun asesoramento entendido como unha actividade profesional fundamental no ámbito dos servizos sociais e da psicoloxía comunitaria, así como tamén na organización empresarial. Podemos destacar así dous tipos de asesoramento, o comprometido e o comunitario. En ámbolos dous tipos, as metas do asesor están marcadas por valores como a igualdade de oportunidades, a xustiza social e, en definitiva, o cambio social.

Toda esta información queda ampliada no artigo que podedes consultar no seguinte enlace: 

De onde partimos? Que sabemos sobre o termo asesoramento?

Polo tanto do asesoramento coñecía que era unha forma de traballo que buscaba dar resposta a problemas puntuais e que era o encargado tamén de propoñer alternativas de mellora.

Hoxe en día podo dicir que o asesoramento non é algo puntual, se non que implica todo un proceso de traballo colaborativo entre expertos, que buscan tentar lograr unha mellora da calidade educativa a través do seu traballo no caso da educación. Ademais ditos expertos tamén se encargan de resolver dúbidas ou consultas que poidan surxir nun momento puntual pero que levan consigo un proceso de coñecemento tanto do problema ou cuestión como do suxeito e contexto no que se desenvolve para poder dar así a resposta máis axeitada. 

Traballo conxunto