3. HISTORIA DOS RAÑACEOS

3. HISTORIA DOS RAÑACEOS

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Antes de comezar a construír calquera tipo de edificio, no noso caso un rañaceos, ou de levar a cabo un tipo ou outro de actividade ou traballo, temos que coñecer algo da historia dos mesmos, saber de onde veñen, onde e cando se utilizou por primeira vez ese termo, cales son os antepasados que traballaron nese ámbito,...

No caso dos rañaceos, dicir que foron creados en Chicado e perfeccionado en Nueva York.

O elemento principal que permitiu o desenvolvemento dos rañaceos foi o ascensor así como tamén avances como o aceiro, formigón armado, o vidro, a bomba hidráulica...

Os primeiros rañaceos apareceron a finais do Século XIX en cidades como Chicago, Londres e Nueva York.

O primeiro edificio considerado como rañaceos foi o Home Insurance Building construído en 1884 e que contaba con 10 plantas.

Dicir tamén que as 10 cidades con maios número de rañaceos son: Hong Kong, Nueva York, Tokio, Chicago, Dubái, Shanghái, Toronto, Singapur, Bangkok e Seúl. 

Historia Rañaceos

No caso do asesoramento e da orientación ocorre o mesmo que cos rañaceos, é dicir, non podemos pretender chegar a ser expertos no este ámbito se non coñecemos  cales son os antecedentes e os primeiros momentos nos que se empregaron estes termos.

Para afondar nestes antecedentes consultei un texto de Bisquerra titulado “modelos de orientación e intervencións psicopedagóxica”.

Debo recoñecer que estaba equivocada, xa que consideraba que todo o relacionado co asesoramento e a orientación era algo moito máis recente do que logo me percatei que non era así.

O que hoxe se entende por orientación é o resultado dunha serie de acontecementos e achegas que se produciron ao longo do Século XX. Así, a actividades de orientar e asesorar é un feito natural que sempre estivo presente na nosa historia.

Considero por tanto que os orixes da orientación podemos atopalos nas orixes da humanidade aínda que no artigo se diga que son o resultado duns acontecementos producidos no Século XX, xa que si nos trasladamos  á época de tres grandes filósofos como Socrates, Platón e Aristóteles podemos decatarnos de que:

O primeiro deles, Sócrates defende un dos dos obxectivos prioritarios  da orientación, o coñecemento  de si mesmo.

En canto a Platón dicir que, dende a súa visión, di que é preciso determinar as aptitudes dos individuos para lograr o seu axuste e adecuación social.

E por último, con Aristóteles, podemos sinalar que defende o desenvolvemento da racionalidade para poder elixir unha actividade en consonancia aos diferentes intereses dos suxeitos.

Xa pasado o tempo, na idade media podemos destacar a Santo Tomé de Aquino, con obras como Summa Theologiae e Quaestiones Disputae, no se que poden atopar suxerencias pedagóxicas para levar a cabo unha ensinanza eficaz baseada no coñecemento e desenvolvemento das potencialidades humanas.

Unha vez chegado o Renacemento, sitúase ao home como o centro do mundo. Isto fai que aparezan novas ideas de corrente humanista e que acaban por repercutir no desenvolvemento histórico da orientación.

Xa nesta época podemos destacar autores españois como Rodrigo Sánchez de Arévalo, que fala da importancia de proporcionar información adecuada sobre as distintas ocupacións para poder realizar unha adecuada elección profesional.

E, tamén desta época, atopámonos con Juan Luis Vives, que opina que se deben coñecer as actitudes da persoa para poder orientala cara as profesións máis acordes a eles e tamén sinala a importancia de que os docentes se reúnan periódicamente para coñecer as características de cada alumno para poder guialos en función das mesmas.

Terían lugar aquí, autores como Montaigne, Descartes, Pascal; Montesquieu, Lock, Hume, Kant e Karl Marx, por ter ideas dirixidas a valorar as diferencias persoais de cada individuo e a toma de decisión baseada no coñecemento das aptitudes persoais de cada un.

O arquivo que fai referencia a esta información pode ser consultado no seguinte enlace: 

Antecedentes da orientación

Evolución no tempo

Ademais gustaríame aumentar esta información con un texto de Miguel Ángel López Carrasco (2005) titulado “ Origen y desarrollo histórico de la Orientación Educativa”, no que se fala de diferentes eras da Orientación como son:

A era precientífica da Orientación:

Sen dúbida algunha a era decimonómica dou pé a unha  visión e construción do mundo científico. A era industrial comeza a facerse latente, polo que Europa e Estados Unidos compiten por xerar e desenvolver novas ideas en cada unha das súas universidades. Así, Galton (1883), Catell (1890) e Binet (1895), preparan o terreo para darlle validez “científica” ás diferencias individuais, das que xa se falara anos atrás, e ao mesmo tempo, dar a pauta para iniciar a elaboración das chamadas probas mentais, as cales deixarían marcado ao Século XX.

Ademais, neste mesmo Século, Richards publicou un libro en 1881, chamado “Vocophy”, no que relacionaba á frenoloxía, teoría que marcaba deferencias individuais a partir do carácter das persoas, coa elección da carreira.

A era científica da Orientación

Como en moitos campos do coñecemento, os Estados Unidos comezan a tomar o liderazgo no desenvolvemento das ideas do mundo a Orientación. Eli Weaver publica en 1906 o seu libro “Choosing a career”, dando pé ao primeiro tratados de orientación vocacional que se coñece.

Pola súa parte, Frank Parson sinala en 1909 que o axuste do mundo do traballo depende das capacidades e características das persoas, así como da demanda da ocupación en cuestión.

E, en 1919 fúndase en España o Instituto de Orientación Profesional, dependente do Secretario de Aprendizaxe.

A segunda metade do Século XX

Logo de dúas guerras mundiais, xunto co florecemento da denominada psicoloxía científica, a psicometría, o desenvolvemento de probas psicolóxicas, fortalécese a teoría das diferencias individuais, así como o recoñecemento e identificación das mesmas.

Os procesos de avaliación transfórmanse ao recrutar e seleccionar persoal en diversas empresas do mundo. Confórmanse así diversas “baterías” de probas, dentro das cales destacan algunhas de intelixencia, outras de intereses vocacionais, e tamén outras para identificar os rasgos de personalidade dos aspirantes.

Debo recoñecer que logo da lectura de diversos documentos quedeime sorprendida da idade lonxeva deste termo, xa que tiña coñecemento de que no renacemento determinados autores falaban do coñecemento propio da persoa, pero nunca me parara a pensar que a orientación puído chegar a nacer co propio nacemento da humanidade.

O que tamén me parece sorprendente é que despois de tanto anos de evolución do termo aínda nos preguntemos as diferencias entre orientación e asesoramento, pero considero que a cuestión está na dificultade de establecer uns límites entre ámbalas dúas actividades.

Así no proceso de elaboración desta tarefa, é dicir, no reflexo do meu paso pola materia de asesoramento curricular, tentarei deixar clara a diferencia entre o termo asesoramento e o termo orientación, e sobre todo no relativo aos modelos de cada un destes ámbitos. Se queres coñecelo... non tes máis que seguir lendo!