4.PECULIARIDADES E DIFERENZAS DOS NOSOS AMIGOS E MEDIDAS A TOMAR PARA ATENDER AS SÚAS NECESIDADES: ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

     Como ben vimos, Ori, Ase e os seus amigos son moi diferentes entre eles e teñen características particulares que os definen e diferencian dos demais. Ademais, cada un deles ten unhas necesidades diferentes xa que Tuki, por exemplo, perdeu un ollo un día que voaba moi rápido entre as ramas das árbores, polo que agora ten un de cristal, e ademais conta con pouca visión no outro ollo (polo que ademais precisa gafas), polo que precisa de axuda en algúns aspectos da súa vida, sobre todo na escola, xa que para copiar da pizarra, por exemplo, necesita situarse o máis cerca posible, e en ocasións axuda da mestra; Paqui naceu cunha pata das de atrás un pouco máis pequenas que o resto das patas, o que lle dificulta un pouco a marcha, así como facer ximnasia no cole ou subir escaleiras e Leonardo conta con un TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade) o que provoca que teña dificultades para manter a atención e sexa un neno inquieto. Por outra banda, Ase e Ori mostran un nivel educativo que parece estar bastante por encima do curso no que se atopan, xa que levan moi ben todas e cada unha das materias que cursan, presentando para eles unha dificultade mínima... sendo sospeita dos seus profesores que sexan alumnos con altas capacidades intelectuales.

 

     Polo tanto Tuki, Paqui, Leonardo, Ase e Ori teñen unhas necesidades educativas especiais (N.E.E), que será preciso atender na escola á que acoden. Para falar das N.E.E., e saber a que nos estamos a referir, debemos acudir ao decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de indica: “Concíbese a atención educativa á diversidade como o conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. Estas medidas e accións implican a toda a comunidade educativa e deben concretarse en propostas curriculares e organizativas que teñan en conta a pluralidade de todas e cada unha das alumnas e alumnos”.

     Polo tanto, debemos de ter moi en conta as necesidades educativas coas que contan os integrantes da nosa comunidade educativa, para poder atendelas e facilitarlle as cousas, facendo todo isto na medida do posible.

     Seguindo con este tema, adxunto aquí un arquivo onde explico todo o que ten que ver coa atención á diversidade, as necesidades educativas especiais... e as medidas de atención á diversidade a adoptar; que poden ser ordinarias ou extraordinarias.

Atención á diversidade.

     

     Nesta mesma liña, no que respecta ás medidas de atención á diversidade (como ben contempla o documento), as medidas ordinarias son aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescritivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado. Estas medidas teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas”, namentres as medidas extraordinarias son “todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes”.

     Dentro das medidas extraordinarias de atención á diversidade, vou a tratar tres, por seren as máis destacables, sendo estas as Adaptacións Curriculares, os Programas de Diversificación Curricular e os Programas de Cualificación Profesional Inicial.

     As Adaptacións Curriculares, (ou Adaptacións Curriculares Individualizadas, ACI) segundo a Orde orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime xeral son “as modificacións de un ou de máis elementos prescritivos do currículo, como son os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación, para atender as necesidades educativas dun alumno ou alumna motivadas tanto por unha determinada dificultade persoal como polas súas capacidades excepcionais”. Este tema vouno a tratar en profundidade e detimento no seguinte documento, expondo ademais un exemplo ilustrativo dunha ACI.

 

Adaptacións curriculares

Ejemplo de Adaptación Curricular Individual de la Unidad Didáctica" El medio ambiente", de 4º curso de Educación Primaria adaptada a un alumno con necesidades educativas especiales con nivel de 1º de Primaria.

ejemplo de ACI

 

      Os Programas de Diversificación Curricular (PDC), segundo a Orde Orde do 3 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria (en Galicia), defínense como unha das medidas de atención á diversidade que surxen dos principios e fins que configuran o sistema educativo español, que se inspira no principio de flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado (entre outros), e tratarémolos con máis profundidade no seguinte documento.

 

Programa de Diversificación Curricular PDC

Ejemplo de Programa de Diversificación Curricular PDC

 

     Por último, os Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), están regulados pola Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia, e describe a finalidade destes programas, expondo que teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria, e abrir novas expectativas de formación e de titulación a xoves en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa, tendo estes unha marcada vocación profesional, xa que permiten a relación co mercado de traballo e facilitan a inserción laboral nunha actividade profesional de modo cualificado. Estes programas tratámolos en profundidade tamén no seguinte documento.

 

Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)

Exemplo de PCPI

 

     Polo tanto, para atender ás necesidades que caracterizan aos nosos amigos, así como a outras persoas que contan con outras necesidades distintas, vamos a empregar as medidas precisas para facelo, comprobando en primeiro lugar se podemos facelo a través de medidas ordinarias de atención á diversidade e, se isto non é posible, recurriremos ás medidas extraordinarias, sendo o noso principal obxectivo atender ás necesidades que presentan estas persoas, e facéndoo da mellor maneira posible e a través das opcións que se adecúen máis ás súas características individuais e particulares.

      Deste xeito, pese a que cada membro deste grupo de amigos ten as súas peculiaridades, así como as súas necesidades, todos son aceptados no reino animal, polo seu resto de compañeiros e polas persoas que os rodean. Todos xuntos viven, se apoian entre eles e disfrutan da súa compañía e amizade.

 

 

Fin