4.1 Modelos de Orientación

4.1 Modelos de Orientación

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Ao igual que para a construción do noso rañaceos podemos ter diferentes formas de actuar e de organizarnos, no caso da orientación e do asesoramento ocorre o mesmo, polo que vou a centrarme nos modelos de un e de outro termo.

En canto aos modelos de orientación, dicir que existen diferentes criterios a partir dos cales se foron realizando distintas clasificacións dos modelos de orientación educativa, polo que elaboráronse clasificacións en función do período histórico no que se desenvolveu cada modelo, en función da teoría ou escola psicolóxica que sustenta o modelo, en función da relación que manteñen entre si os axentes da orientación (orientador, demandante da orientación e contexto social), en función do tipo de intervención, etc.

 Por exemplo, o profesor J.M. Escudero Muñoz, en 1986 (cit., Vélaz de Medrano, 1998) utilizaba como criterio de clasificación a relación que manteñen entre si o orientador e a persoa orientada. Diferenciou así tres tipos de modelos:

  • Modelos psicométrico, onde o orientador é un experto en técnicas de orientación, e o orientado é o destinatario dos resultados das mesmas.
  • Modelo clínico-médico, no que o orientador fai un diagnóstico e ademais deseña as intervencións que son postas en práctica polo titor/profesor.
  • Modelo humanista, no cal o profesor adquire o papel de orientador activo. E a intervención enténdese como un proceso de axuda ao individuo.

 

Por outra parte, a profesora Rodríguez Moreno (1995) dende un criterio histórico, distingue:

  • Os modelos históricos, que son en máis antigos, e onde podemos atopar o modelo de Frank Parson de orientación vocacional e o modelo de Brewer de principios do Século XX.
  • Os modelos modernos, que inclúen as aportacións de Koos e Kefauver de 1932, o modelo de orientación clínico, o modelo de consello, e o sistema ecléctico.
  • Os modelos contemporáneos, centrados nos servizos, na reconstrución social e o desenvolvemento persnoal.
  • Os modelos centrados nas necesidades sociais contemporáneas, baseadas nas técnicas consultivas, a intervención directa, os programas integrais de orientación de carácter preventivo, e a adquisición de habilidades para o ciclo vital.

 

En función dos fins e ámbitos de intervención, o concepto de ensinanza-aprendizaxe, a relación entre orientador e o resto de axentes e o enfoque psicolóxico subxacente, como criterios de clasificación, o profesor Carles Monereo diferenciaba en 1996 os seguintes tipos de modelos:

  • Modelo asistencial ou remedial (enfoque clínico).
  • Modelo de consello (vinculado á corrente humanista).
  • Modelo consultivo (que ten relación co enfoque condutista da orientación).
  • Modelo constructivista.

 

Por outra parte, Álvarez e Bisquerra en 1997 distinguiron os seguintes tipos de modelos:

  • Modelos teóricos: trátase de modelos de orixe teórico-académico que proceden de moi distintas correntes (modelo humanista, modelo psicoanalítico, modelo condutista, modelo de la Gestalt, etc.
  • Modelos de intervención: diferenciando entre modelos básicos (clínicos, de servicios, de programas y de consulta) e mixtos (resultado dunha combinación de enfoques, teorías, sistemas, etc).
  • Modelos organizativos: incluíndo os modelos institucionais (sistemas seguidos polos ministerios, comunidades autónomas, institucións europeas, etc.) e os modelos particulares (sistemas que poñen en marcha os centros educativos ou os gabinetes  privados de orientación).

 

Por último, é preciso facer referencia á clasificación aportada por Rodríguez Espinar, Álvarez, Echevarría y Marín en 1993, que clasifican os modelos a partir do tipo de intervención. Esta clasificación aparecerá tempo despois como Modelos Básicos na tipoloxía de Álvarez e Bisquerra do ano 1997:

  • Modelos de intervención directa e individualizada: modelo de couseling ou modelo clínico.
  • Modelos de intervención directa e grupal: modelo de servizos, modelo de programas, e modelo de servizos actuando por programas.
  • Modelos de intervención indirecta (individual ou grupal): modelo de consulta.
  • Modelo de intervención a través de medios tecnolóxicas: modelo tecnolóxico.

Rematar con estes modelos dicindo que se consultades o seguinte arquivo podedes atopar unha profundización neles:

Modelos de orientación