4.2 Modelos de Asesoramento

4.2 Modelos de Asesoramento

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

En canto aos modelos de Asesoramento, dicir que Segundo Escudero 1992, p.87, defínese un modelo de asesoramento como "además de por los pasos a través de los que puede realizarse, por los supuestos en los que se asienta con respecto a clientes y consultores, por las metas que persigue, que pueden ser descritas según un criterio bipolar de intervención directa frente a potenciación y capacitación de los sujetos / instituciones, y por el tipo de responsabilidades que asigna a los sujetos (estrictamente diferenciadas o paritarias y compartidas)”.

Segundo a Schein (1988) podemos considerar tres grandes modelos de asesoramento:

  • O modelo de adquisición de servizos por parte dunha institución pola falta de coñecemento especializado ou falta de dispoñibilidade de recursos e tempo. A institución encarga a un asesor ou consultor externo o suministro dun determinado servizo, xa sexa de carácter meramente informativo, de oferta de propostas ou de resolución de problemas concretos.
  • O modelo doutor-paciente, no cal un consultor ou asesor especialista e externo fai unha revisión, diagnostica e identifica ámbitos de problemas ou mal funcionamento da escola, decide o que é preciso cambiar e ofrece recomendacións para melloralo.
  • O modelo de consulta como asesoramento de proceso, que viría dado por un conxunto de actividades colaborativas coas cales un asesor/a axuda ao profesor a percibir, comprender e actuar sobre un ámbito problemático que ten lugar no seu entorno, para mellorar a situación tal e como foi definida por el mesmo.

Por outra parte, Tichy (1974) identifica catros  tipos de asesoramentos levados a cabo por axentes de cambio planificado, cada un dos cales estaría construído ao redor dunha determinada relación de congruencia entre certos valores, coñecementos, habilidades e actuacións. En primeiro lugar, considera o tipo chamado presión externa, que é un asesor que postula a introdución de certos cambios na institución, planifica estratexias para difundilas e desenvolve a súa actuación a través dun conxunto variado de técnicas: información, demostracións, formación, prescrición, seguimento, etc.

Un segundo tipo é o do analista dende arriba e correspondería ao primeiro dos modelos de Schein (adquisición de servizos), aínda que aquí se matiza o traballo para os directivos da institución.

O terceiro tipo de asesoramento identifícase como tecnoloxía para o cambio persoal. Trátase tamén dun experto que ofrece servizos aos individuos dunha organización a través de actividades de formación.

Finalmente, Tichi, fala de asesoramento como facilitación do desenvolvemento organizativo. Neste caso, a actuación do experto trata de incidir sobre o aspecto humano da organización, ofrecendo aos individuos un tipo de axuda que les permita operar sobre os seus problemas.

Por outro lado Parrilla (1996) citado en Murillo (2004)  identifica catro modelos de apoio como son: o apoio terapéutico, colaborativo /individual, como consulta e curricular.

  • Apoio terapéutico: onde os especialistas tentan dar solución aos problemas que presenta o alumno.
  • Apoio colaborativo/individual: continua con unha visión individualista que só se centra no alumno, pero incorpora o apoio dun equipo de asesores a un mesmo nivel xerárquico que colaboran entre eles na análise dos casos.
  • Apoio como consulta: é moi diferente aos anteriores xa que concibe as dificultades que presentan os alumnos como unha necesidade de cambio e reforma na escola. É dicir, no son presta atención ao alumno se non tamén á escola.
  • Apoio curricular: é un tipo de apoio colaborativo, dentro do cal destaca a escola pola capacidade que esta ten para aprender. 

Modelos de asesoramento