5. PERSOAS QUE NOS PODEN AXUDAR NO PROCESO DE CONSTRUCIÓN

Na construción do noso rañaceos serán moitos os profesionais aos que teremos que acudir, dende arquitectos, albaneis, fontaneiros, carpinteiros, gasistas, gruistas, etc...

 Ç

Cooperantes do proceso

Ao igual que nese proceso de construción do rañaceos, no asesoramento son moitos os profesionais aos que podemos acudir segundo as necesidades que necesitemos cubrir.

No grupo do que son compoñente Psicopedagogas en acción fixemos unha reflexión sobre os diferentes tipos de asesores que nos podemos atopar destacando que, como grupo, propuxemos que existía  un  asesor/a  financeiro/a,  xurídico/a,  educativo/a,  de  imaxe,  de eventos,…

Non obstante durante unha sesión de aula todos  os  grupos  foron  dicindo  o  que  cada  un pensara e a  lista  de  ámbitos  e  escenarios  aumentou  considerablemente,  así xurdiron o asesor/a deportivo/a, para o ocio, político/a, tributario/a, do medio ambiente,  laboral,  patrimonial,  familiar,  sanitario,  vocacional,  empresarial, relixioso/a,  de  comunicación,  internacional,  en  mediación  de  conflitos, matrimonial,…

Unha vez tendo o coñecemento de todos estes asesores e asesoras o que fixemos  foi  indagar  na  web  a  que  se  dedican  algúns  deles,  aportando  unha pequena  definición  e  fotos  de  sitios  reais  onde  se  pode  acudir  a  eles  en diferentes pobos e cidades como Santiago de Compostela, A Coruña ou incluso Zaragoza  onde  unha  de  nós  pasou  a  fin  de  semana  e  estivo  na  procura  de asesores/as.  Con  isto  o  que  pretendemos  é  relacionar  a  teoría  coa  práctica  e fixarnos un pouco máis no entorno que nos rodea porque por exemplo dúas de nós pasamos todos os días e camiño á facultades por catro tipos de locais onde aparece a palabra asesora/a e nunca antes nos paráramos a reflexionar todos os tipos que existen e principalmente a función que desempeñan.

O  que entendemos por algúns asesores/as:

O  asesor/a  financeiro/a  é o que nos axuda no tema das finanzas. Debe ter  en  conta  todas  as  características  persoais  do  cliente  como  a  idade,  que patrimonio  posúe, os ingresos  que  ten  para  así  recomendarlle  que  tipo  de inversión é máis axeitada e comentándolle tanto os beneficios como os riscos.

O asesor/a político/a  encárgase de asesorar a un político/a por iso debe coñecer este ámbito, o marketing, os discursos,…

O  asesor/a  tributario/a  é  aquel  que  se  encarga  de  levar  a  cabo  as xestións obrigatorias tributarias. A este sóese acudir cando se ten qu e realizar a declaración da renda.

O  asesor/a  laboral  está  relacionado  cos  propios  traballadores  e  as relación laborais que xorden nas empresas, asesorándoas e xestionándoas.

O  asesor/a  de  imaxe  encárgase  de  orientar  e  a  un  produto  ou  persoa para que mostre un novo rostro.

Podedes consultar esta información e o resto sobre este tema no arquivo subido na páxina do grupo Psicopedagogas en acción, no seguinte enlace: 

http://stellae.usc.es/red/file/view/39957/prctica-1-que-entendemos-por-asesorar