Contacto cos diferentes profesionais

Contacto cos diferentes profesionais

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Unha vez saibamos o profesional ao que temos que acudir temos que buscar a forma de poñernos en contacto con el. Isto sirve tanto para a construción do rañaceos como para recorrer a algún tipo de asesor. Por iso elaborei un arquivo con unha serie de páxinas web de asesores e asesoras para ver exemplos das mesmas.

Así, en canto aos asesores educativos, presento o seguinte enlace:

http://asesoreseducativos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=52&Itemid=53

que nos leva á lévanos á web de Asesores Educativos creada en 1998 có fin de axudar a aqueles estudantes en idade escolar, universitaria, profesional e adulta que desexen ir estudar ao exterior.

Traballan en colaboración con diversos países entre os que atopamos Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Malta, Australia, Suíza e Francia

Representan campamentos de verán e inverno, programas de idiomas, actividades de verán, cursos de idiomas, intercambios entre estudantes, preparación para os exames de admisión a universidades...

Dende Asesores Educativos encárganse de axudar aos estudantes en todo o relacionado coa súa viaxe, dende unha completa asesoría ata un seguro estudantil. Entre os seus servizos podemos atopar:

  • Entrevistan e recomendan o mellor sitio segundo as necesidades presentadas, tendo en conta a idade, a ubicación, e os intereses persoais de cada un.
  • Procesan a inscrición.
  • Procesan o aloxamento.
  • Procesan o transporte para o día de chegada.
  • Proveen o seguro estudantil.
  • Entregan os documentos necesarios para a visa e as divisas.
  • Proporcionan tips para preparar a viaxe.
  • Pan un seguimento do alumno durante o curso e ao ser regreso.

 

O seguinte dos enlaces sobre asesores educativos que presento é:

http://www.orientaasesores.es/

Orienta son un equipo de profesionais que proporcionan servizos especializados de asesoramento educativo que inclúen asistencia e atención a pais, nais, escolas infantís, asociacións, ou outras institucións educativas e profesionais relacionados, coa finalidade de abrir un espazo real de ensinanza- aprendizaxe que articule o acompañamento, a orientación, e as intervencións necesarias orientadas a enriquecer as relacións entre os diferentes axentes encargados da educación dos nenos e nenas e adolescentes de 0 a 16 anos.

Teñen como principal misión construír cos seus clientes, pais, nais, educadores/as, solucións e experiencias vinculadas  á prevención e atención d desenvolvemento e do crecemento infantil, así como acompañar na tarefa de educar, de forma eficiente, acordes ás súas necesidades e realidades, que promovan e fortalezan o desenvolvemento dos nenos e nenas e brinden á familia, á escola e á comunidade alternativas integrais exitosas, viables e sostibles no tempo.

Busquei tamén páxinas web sobre asesores financeiros e o primeiro deles podedes atopalo neste enlace: http://www.antoniogarciaguerrero.com/blog/

Escollín a este asesor xa que traballa en conxunto coa Asociación Nacional de Asesores, Gestores e Intermediarios Financeiros de España, e este é un dato que considerei importante para así escollelo.

O segundo dos asesores é Gestoria Areal na cidade de Vigo, constituída en febrero de 1995. Podedes consultar a súa web neste enlace http://www.gestoriaareal.es/

Defínense como unha organización creada coa finalidade de prestar asesoramento e xestión integral a empresas e particulares no ámbito contable, fiscal, laboral. Ademais realizan xestións de vehículos como transferencias, baixas...

Pasando agora aos asesores de imaxe gustaríame destacar que son moitas as páxinas dende as que se ofrecen asesores e asesoras de imaxe, incluíndo blogs nos que se dan consellos sobre moda, imaxe, etc. Son web con unha apariencia moi diferente ás anteriores xa que teñen unha presentación moito máis colorida e chamativa debido ao ámbito ao que se está referindo: a imaxe.

Centrándome en páxinas oficiais que en blogs sinalar esta http://foreverjoven.com/

Esta rapaza defínese como asesora de imaxe e personal shopper en Barcelona.

A outra web sobre asesoras de imaxe é de un grupo non de unha persoa individual. O enlace a dita páxina é o seguinte http://www.yourpersonalshoppermadrid.com/nosotros/ 

Defínese como unha empresa especializada en servizos de consultaría de imaxe, estilismo privado e compras personalizadas, nos que aplican a todos os aspectos  de consulta os máis novidosos métodos de traballo, servizos de asesoramento en estilismo, persoal shopping ou planificación de armario entre outros.

A información sobre o que nestas páxinas aparece podedes ampliala se consultades este arquivo:

Páxinas Web Asesores