6. REUNIÓNS DURANTE O PROCESO

6. REUNIÓNS DURANTE O PROCESO

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Durante o proceso de construción do noso rañaceos faranse reunións periódicas e a forma de reunión será a seguinte:

Unha vez ao mes reunirémonos na oficina central da empresa para tratar calquera imprevisto que poida surxir e para informar se o transcurso da obra está sucedéndose segundo o previsto.

As persoas que en primeiro lugar terán a palabra serán os representantes de cada un dos grupos participantes na construción, é dicir, un representante dos arquitectos, dos albaneis, dos fontaneros, etc.

Unha ves exposta a información por estes intervirán os seguintes participantes da sesión con todas esas opinións sobre o dito ou aportacións que sexan relevantes nos temas a tratar.

A importancia de reunirse

O mesmo fixemos nunha das nosas sesións da materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores na que empregamos a técnica do acuario para traballar un texto de Domingo Segovia.

Pero, antes de poñer en práctica calquera tipo de técnica, é preciso saber en que consiste e como se leva a cabo.

Por iso dicir que deixei definida a técnica do acuario como unha unha técnica que debe o seu nome á colocación que se fai dos participantes: fórmanse tres grupos, os do primeiro grupo reciben o nome de peixes, os do segundo retroalimentadores, e os do terceiro, sintetizadores.

Técnica do acuario

Os principais obxectivos desta técnica son:

  • Propiciar o aprendizaxe dun tema mediante a análise e a síntese da información.
  • Profundar no coñecemento dun tema.
  • Avaliar o grado de dominio que posúe o grupo sobre o tema.
  • Propiciar un ambiente informal para a análise dun tema.

En canto aos contidos:

  • Con esta técnica poden manexarse contidos de tipo teórico que permitan a análise e a síntese dos seus compoñentes.
  • Os participantes deben exercer dominio sobre a información, con anterioridade ao desenvolvemento da técnica.
  • Pode aplicarse a realización de algunha tarefa manual, como o manexo dos instrumentos, elaboración de obxectos; ou tarefas intelectuais como resumos, descrición de procesos, procedementos legais ou administrativos.

As vantaxes:

  • Fortalece as habilidades de análise e síntese.
  • Favorece a integración do grupo.
  • Esixe escoitar criticamente e expresar ideas claras e con brevidade.
  • Permite elaborar unha síntese grupal do tema.
  • Permite detallar a información, facilitando ao grupo a comprensión do contido en tres niveis: comprensión, análise e síntese.
  • Ofrece retroalimentación aos participantes sobre a súa presentación.

Atendendo ás desvantaxes:

  • Se os participantes falan en voz baixa ou con unha linguaxe complicada, á persoa que lle toque falar resultaralle complicado retomar e complementar os seus comentarios.
  • Esixe que os participantes posúan habilidades desenvoltas para a observación , o análise e a síntese.
  • Todos os participantes deben dominar o tema.
  • Se a aula non é adecuada tómase o risco de que se perda aquilo sobre o que se está a falar.

Hai unha recompilación sobre a información sobre esta técnica nun arquivo subido por min que podedes consultar neste enlace:

Técnica do acuario

Debo recoñecer que me parecía un reto difícil nun primeiro momento ó levar a cabo esta técnica pero tamén atractiva e adecuada para traballar un texto na aula. Agora gustaríame afirmar o xa dito e repetirme en que considero unha forma moi chamativa e motivadora ademais de diferente ao que estamos acostumados de traballar na aula.