Un tema concreto de reunión

Un tema concreto de reunión

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Dita técnica do acuario levouse a cabo co traballo do texto de Domingo Segovia, O asesoramento como unha práctica en construción e continuo cambio, e debo dicir que preguntas que se me plantexaron coa lectura de este texto fixéronme reflexionar sobre a importancia de resaltar que, como sabemos, a sociedade está en continuo cambio, unhas veces para ben e outras para mal, pero non é algo estático, polo que considero que o asesoramento ten que ir da man deses cambios, é dicir, adaptarse a eles.

Tampouco serve de nada, penso, ter unha forma de asesoramento ríxida que non evolucione e que si o faga a sociedade xa que estaríamos actuando de forma totalmente descontextualizada e unha das principais características do asesoramento é que atende ao entorno no se desenvolve o suxeito a asesorar para así facelo da maneira máis axeitada posible.

Menciónase no texto tamén a necesidade de optimismo, pero penso que con isto non é suficiente, xa que tan so mediante o optimismo non se poden superar e conseguir os retos, se non que entendo a actitude optimista como un punto de partida para que se poida por exemplo chegar a acadar a buscada educación de calidade da que estamos a falar continuamente.

Son moitos os aspectos a destacar deste texto e por iso se queredes consultar algún máis podedes facelo neste enlace que dirixe ao arquivo elaborado por min con unha reflexión de dito traballo de Domingo Segovia. 

Reflexión persoal sobre o texto de Domingo Segovia

se queredes saber como foi o transcurso de esta sesión, ademais de poder consultar o diario que se presentarán en sucesivas páxinas co calendario de reunións podedes facelo neste enlace:

Clase do mércores 30 de outubro

   30/12/2013

Durante os primeiros momentos desta sesión a profesora Lourdes Montero comentounos que aínda que nun principio non iamos ter esta sesión de aula ao final levouse a cabo porque lle daba tempo a ela a asistir antes de partir a un compromiso persoal. Dito compromiso era na Universidade do Miño en Braga, nunha homenaxe a unha persoa que se retira da súa vida profesional. Lourdes díxonos que ela ía facer unha intervención na que falaría da vida, ía facer polo tanto unha historia de vida, logo de consultar moitos documentos que dixo posuír nos seus arquivos.

Entrando xa en materia, o propósito desta clase era poñer en práctica a técnica de Acuario.

Eu xa fixen unha entrada sobre esta técnica polo que xa tiña un coñecemento previo de como poñela en práctica pero para aqueles compañeiros que nos sabían en que consistía, foi definida pola profesora da seguinte maneira:

“Técnica de dinámica de grupos, ou cáscara da cebola que trata de favorecer, facilitar a expresión de puntos de vista, mediante unha serie de intervencións democráticas, que intentan favorecer tamén o diálogo e a opinión informada".

A pesar de que nun primeiro momento a estrutura quedou definida como a necesidade de formar dous círculos, un interno que ten como misión presentar e detectar posibles cuestións emerxentes, os peixes, e outro círculo externo, que teñen obxectivo enriquecer aos peixes, os tiburóns.

Á hora de poñelo en práctica, fixémolo como eu xa expliquei no meu anterior documento sobre esta técnica, é dicir, con tres círculos concéntricos:

  • O círculo interno estaba formado por catro compañeiras: Lucía, Cristina, Cristina e Mónica.
  • O círculo externo, constituído por Lara, Hugo e Alma.
  • E, por último, o círculo externo, externo, que eramos o resto de compañeiros da clase.

O documento a analizar foi Comprender y redireccionar as prácticas de asesoría de Jesús Domingo Segovia.

No momento de presentación por parte do círculo interno foron moitas as cuestións e informacións que emerxeron entre as que atopamos por exemplo as seguintes:

Falouse da importancia do profesorado nos centros, onde se dixo que os servizos de apoio aumentaron o seu obxectivo cara a facilitación de procesos de mellora da escola. Xa non só é apoiar aos alumnos, se non provocar un cambio de mellora nos centros en xeral.

É moi importante ter en conta  a contextualización, xa que este é o gran olvido das administracións. Nesta contextualización búscase servir de ponte entre o centro e a comunidade, participar o un no outro.

Outro aspecto que se presentou foron os servizos de apoio e a dificultade de colaboración entre axentes, debido á falta de recursos e á falta de motivación por parte das persoas implicadas en todo o proceso.

Logo de todas as intervencións por parte das integrantes do círculo interno, quedaron unha serie de preguntas abertas para que cada uno reflexione por si mesmo e que algunhas me fixeron pensar moito.

  • Comunidade de aprendizaxe, ¿que necesitamos para construíla? Eu esta pregunta repostaría con unhas palabras moi sinxelas pero que implican moito. Para estas comunidades precísase traballo, apoio e colaboración entre axentes.
  • Que papel ou funcións corresponden ao asesor co din de acadar a calidade educativa? As funcións do asesor que levan á consecución desta calidade xa están marcadas pola Lei, pero o que se precisa e colaboración con dito asesor para que se poidan acadar todos os obxectivos presentados de maneira satisfactoria.
  • Credes que o eixo de todo isto é a actitude positiva? Chega con iso? Eu dende o meu punto de vista considero que esta actitude positiva non se pode acadar nada, é dicir, enténdoa como o punto de partida para, xunto con outras accións e actividades, se poida acadar a calidade educativa buscada.

Pasando ás intervencións por parte do círculo exterior, Alma fixo unha reflexión sobre cales serían os puntos clave que tería que cambiar a Administración para mellorar o asesoramento?

Hugo, pola súa parte, sinalou tres aspectos fundamentais do texto:

  • O compromiso.
  • A flexibilidade.
  • Os dous anteriores derivan na colaboración.

En canto á terceira persoa que formaba este círculo, Lara, dicir que de toda a súa intervención gustaríame sinalar unha frase que dixo de Hopkins, 2007 “lograr de la escuela una gran escuela”.

Os últimos minutos da sesión foron para que as persoas do círculo externo, externo fixeran algunha reflexión mais sobre o xa mencionado.

Ademais, a profesora Lourdes Montero, pediunos como tarefa para esta semana que reflexionásemos sobre este documento, e sobre todo o dito na clase para tratalo na seguinte sesión.

O que farei será subir outro arquivo con dita reflexión.

En canto a esta técnica, dicir que xa me parecía atractiva e adecuada para traballar un texto na aula antes de poñela en práctica, agora gustaríame afirmar o xa dito e repetirme en que considero unha forma moi chamativa e motivadora ademais de diferente ao que estamos acostumados de traballar na aula.