7. METODOLOXÍA DE TRABALLO

7. METODOLOXÍA DE TRABALLO

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Ben sexa na construción do noso rañaceos, no noso día a día nas aulas ou no momento de poñer en práctica o asesoramento debo dicir que a mellor forma de traballar é de forma colaborativa.

Dito traballo colaborativo involucra a un grupo de persoas que teñen uns roles ou papeis específicos e que interactuan para tentar alcanzar os obxectivos propostos, ademais de que con el podemos desenvolver as capacidades sociais necesarias para a interacción social.

Nas nosas sesións de asesoramento a pesar de que o traballo na rede Stellae era algo individual, o que facíamos de maneira presencial e o traballo en pequenos grupos levábase a cabo mediante unha metodoloxía de traballo colaborativo.

Son moitas as vantaxes que observo neste tipo de traballo, como por exemplo:

  • Aumenta o interese do alumnado por coñecer.
  • Promove o pensamento crítico.
  • Promove e favorece a interacción.
  • Promove a comunicación.
  • Permite mellorar a autoestima.
  • Favorece ao compromiso polo traballo.

Pero, tamén é algunha a desvantaxe que podo extraer del como:

  • O tempo que é preciso adicarlle.
  • O tempo de aprendizaxe é maior.
  • En ocasións pode ser un traballo complexo.
  • Problemas entre os participantes.

A pesares de estas desvantaxes debo dicir que estou a favor do traballo colaborativo, xa que entre todos podemos chegar máis lonxe que traballando de forma individual.

Ademais no caso do asesoramento, teño que recoñecer que incluso os propios asesores poden sentir en ocasións a necesidade de sentirse asesorado por outros para que a acción que se leve a cabo coa persoa ou grupo de persoas ás que se está asesorando se faga de maneira satisfactoria.

O traballo colaborativo é, polo tanto, como unha oportunidade para:

  • A busca de soluciones comúns á problemática que surxe da actividade diaria na aula.
  • A análise da realidade educativa desde e no marco do centro de traballo.
  • O contraste de pareceres nos asuntos profesionais que lle competen aos profesores e profesoras.
  • O desenvolvemento crítico-participativo de cada docente.
  • A unificación de criterios psicopedagóxicos, sociolóxicos, etc.
  • A visión do centro educativo como unidade e axente de cambio.
  • A concepción do centro como unha comunidade de apoio e aprendizaxe profesional.
  • O desenvolvemento da corresponsabilidade nos centros educativos.
  • A consideración do profesorado como unha comunidade de profesionais reflexivos e críticos.
  • A construción colectiva da bibliografía do propio centro educativo.

Colaboración

Metodoloxía de traballo

Gustaríame sinalar tamén as ideas de autores como Tharp, 2002, ou Parrilla e Gallego, 2001, para quen os procesos de colaboración son procesos interactivos,  de realización conxunta de actividades por  parte  de  persoas  con  experiencias  e  grados  de  coñecementos  diferentes respecto  dun  contido,  que  pretenden  xerar  solucións  creativas  a  problemas definidos conxuntamente.

No caso dos centros educativos, tendo presente a existencia da diversidade entre o alumnado, debemos ter moi claro que é fundamental camiñar cara unha escola  totalmente  inclusiva, aberta ás  distintas  características  e  peculiaridades  individuais,  e  para  que  esta  exista resulta imprescindible a cultura colaborativa entre os diferentes profesionais.

Existen ademais unha serie de estratexias que favorecen o traballo colaborativo, como son:

  • Crear  unha  estrutura  que  organice  de  maneira  axeitada  e planificada os espazos e os tempos co fin de tratar as necesidades que  se  poidan  formular  nun  momento  dado  tentando  lograr  o desenvolvemento integral do alumnado.
  • Realizar accións que teñan por obxectivo a comunicación e a boa relación  entre  os  profesionais  xa  que  é  preciso  que  exista complementariedade  entre  eles.  Por  exemplo:  no  ámbito educativo  titores,  pedagogos  terapeutas,  equipo  de  orientación específico,  mestres  especialistas  das  materias,  etc.  No  ámbito  da saúde  equipos  de  atención  primaria  de  pediatría,  equipos  de saúde  mental  infantil  e  xuvenil,  equipos  de  atención  precoz.  No ámbito dos servicios sociais os servicios de atención primaria, os equipos de atención especializada na infancia e na adolescencia en risco.  
  • Elaborar  documentos  escritos  que  faciliten  a  toma  de  decisións para  que  todos  o  conxunto  de  profesionais  sexa  consciente  dos obxectivos marcados e das propostas que se van levar a cabo.
  • Ter  en  conta  as  variables  do  contexto:  as  características  da  zona, do  sector,  barrio,  etc.  para  así  axustar  as  propostas  de  acción  a realidade sociocultural dos destinatarios. o  Establecer unha fase inicial na que os profesionais leven a cabo un coñecemento  mutuo  e  dea  comezo  a  coordinación  (fase  previa  á colaboración)

Aínda así por moitas estratexias que favorezan este traballo colaborativo considero que é preciso que os profesionais teñan unhas determinadas actitudes para que esta forma de traballo e organización se poida levar a cabo:

  • Estilo  de  comunicación.  É  moi  importante  que  unha  persoa  sexa quen  de  transmitir  tanto  verbal  como  corporalmente,  pero  que ademais sexa quen de escoitar, conectar e estar aberto a entender a situación  que  outra  ou  outras  persoas  do  grupo  lle  formulen, tomando en consideración as opinións dos demais.
  • Estilo  de  relación.  Para  manter  unha  relación  colaborativa  é necesario  que  os  profesionais  sexan  flexibles,  pacientes, empáticos,  xenerosos,  que  haxa  igualdade  de  status,  que  sexan quen  de  adaptarse  ás  ideas  dos  demais  e  tamén  que  teñan  a capacidade de recoñecer e controlar  os seus propios sentimentos e emocións.
  • Estilo  de  traballo.  Deben  ser  capaces  de  autoavaliarse  (avaliar  o propio traballo e ser quen de recoñecer cando está mal ou cando está  ben),  mostrar  calma  e  autocontrol,  mostrar  interese  por aprender,  ser  quen  de  cumprir  os  acordos  e  ter  capacidade  de traballo en equipo.
  • Interese  por  enfrontarse  a  situacións  novas.  É  necesario  que  as persoas  sexan  quen  de  adaptarse  a  novas  situacións  e  afrontar  a incerteza  que provoca traballar en situacións complexas e para as cales non hai solucións preestablecidas de antemán.
  • Confianza na capacidade dos demais. É importante recoñecer que, en  determinadas  ocasións,  un  non  pode  traballar  só.  Necesita  a axuda  e  a  colaboración  doutros  profesionais  especializados  en distintos ámbitos.
  • Corresponsabilización.  É  preciso que todos os profesionais teñan responsabilidades e non sexa só un axente o único capacitado para a toma de decisións. 

Como grupo de traballo, psicopedagogas en acción, consideramos esencial primar  na  nosa práctica un modelo de colaboración xa que este posúe numerosas vantaxes como  lograr realizar traballos que por un só non sería posible por falta de tempo, recursos, coñecementos,  etc.,  unha  relación  de  igual  a  igual  con  responsabilidades compartidas  entre  os  diversos  profesionais  o  que  favorece  a  seguridade  dos mesmos (diminuíndo a incerteza),  aumento dos propios coñecementos ao estar aberto  ás diferentes aportacións e ideas de outras persoas  de campos distintos (construción  compartida  do  coñecemento),  un  desenvolvemento  integral  e óptimo do alumnado, camiñar cara unha escola inclusiva e unha mellora, por tanto, na educación, etc.

Polo tanto dicir que non nos podemos deixar vencer con facilidade no caso de que o asesoramento que pretendemos levar a cabo non estea saíndo de todo ben, se non que temos que loitar polo que queremos conseguir, e aínda que moitas veces, quizá na maioría dos casos os nosos compañeiros de traballo non estean de acordo co que queremos facer non temos que impoñerlles os nosos ideais dende un primeiro momento e pasar a traballar en conxunto, se non que pouco a pouco temos que amoldarnos uns aos outros para así, entre todos, partir dende cero e camiñar xuntos baixo un clima colaborativo. 

http://stellae.usc.es/red/file/view/45805/colaboracin