8. INTERACCIÓNS ENTRE OS TRABALLADORES

8. INTERACCIÓNS ENTRE OS TRABALLADORES

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Mencionei anteriormente que, tanto para que o noso rañaceos alcance a altura prevista como para que se leve a cabo un bo asesoramento, é preciso desenvolver unha metodoloxía de traballo colaborativa.

En dita colaboración son moitas as relacións laborais que se poden producir, bben sexan boas ou malas. Entendo por tanto que as relacións laborais son aquelas que se establecen entre os traballadores dun proceso.

Para ampliar os meus coñecementos sobre estas relacións consultei unha páxina da que puiden extraer que o home é un ser social xa que para satisfacer certas necesidades relaciónase con outros seres humanos, tendo a oportunidade á vez de satisfacer as necesidades deles.

As capacidades que posuímos de desenvolvernos e darnos a coñecer con outros individuos dentro das sociedades chámanse relacións interpersoais e deben ser desenvoltas de maneira que faciliten a convivencia coas persoas que forman o noso entorno familiar e laboral, tomando en conta que no nivel de que sea boa ou mala a relacións que teñamos con outras persoas se nos fai máis fácil ou difícil vivir en harmonía, logrando as boas relacións a través dunha boa comunicación.

As relacións interpersoais sempre se poden mellorar, e para facelo temos que coñecer que a base de estas relacións atópase na aceptación.

Este concepto, o de aceptación, está composto por tres partes: aceptación de si mesmo, aceptación dos demais e aceptación polos demais. De estes tres tipos de aceptación, nacen os obxectivos primordiais das relacións interpersoais, que son mellorar a convivencia, facilitar a comunicación interpersoal, buscar a harmonía individual e social, eliminando as causas dos problemas que poidan aparecer.

Polo tanto, o traballo colaborativo implica todas estas relacións. Para isto temos que estar primeiramente seguros de nós mesmos, saber que podemos confiar nas demais persoas coas que vamos a traballar e que eles tamén estean seguros de que con nós traballarán de maneira eficaz e produtiva.

Non podemos obviar que as persoas teñen carácteres diferentes que poden chocar pero utilizando a comunicación toda aspereza pode ser limada e todos poderemos acadar así os obxectivos que nos propoñamos.

Nos centros educativos coas relacións entre o profesorado ocorre o mesmo e partimos de que as relacións que se dan entre eles non son as mesmas en todos os centros, posto que en cada centro existe unha cultura diferente, entendida esta como os valores, normas, crenzas, intereses, expectativas que constitúen o modo de ver as cousas en cada un destes centros.

Baseándome nos estudos de Hargreaves (1991), distinguimos catro modelos de cultura profesional, pero que non teñen porqué axustarse ó modo de traballar de todos en cada un dos membros de ditos centros educativos.

O primeiro modelo sería o chamado individualismo fragmentado, que se caracteriza por un traballo illado, solitario e privado dos docentes. As únicas interaccións que se dan son charlas informais e pouco profesionais en espazos externos ás do centro (patio, comedor, etc.). A disposición espacial e temporal da escola favorece este tipo de cultura.

O segundo de ditos modelos é o que Hargreaves denomina balcanización, que se caracteriza pola existencia de grupos de profesores e profesoras enfrontados e que compiten entre si buscando posicións de privilexio, supremacía e independencia respecto dos demais. Como é de supoñer, a penas existe comunicación neste modelo.

O terceiro modelo sería o da colexialidade forzada, onde o traballo en equipo se realiza a través de reunións que buscan introducir as innovacións propostas dende fóra. Pode parecer que existe un traballo colaborativo, pero isto no es así, xa que estas reunións son froito da presión administrativa externa e só se busca resolver asuntos burocráticos, non hai compromiso senón que predomina o individualismo.

O cuarto e último modelo sería o da cultura colaborativa, que se da en centros cun forte sentido de comunidade e no que as persoas comparten uns principios e ideais que os fan traballar conxuntamente cara un tipo determinado de escola. Dito modelo, é o que máis interesante me parece, posto que rompe coas organizacións burocráticas tradicionais, ó traballar todo o profesorado de forma conxunta na planificación e posta en práctica do currículo. Isto converte á escola nunha unidade de cambio e fai que os seus profesores/as sexan suxeitos activos, que a través da comunicación participen nas decisións que implican ó centro.

Polo tanto, a comunicación convértese no instrumento principal colaborativo e garante a todo o profesorado o dereito a participar nesta toma de decisións expoñendo os seus propios intereses e opinións.

Para ampliar máis este tema da colaboración podedes consultar o seguinte arquivo:

Tipos de interaccións entre o profesorado

Interaccións

Para continuar traballando este tema da colaboración no ámbito do asesoramento, dende o grupo psicopedagogas en acción fixemos unha entrada na que traballamos as relacións que se dan baixo este clima de traballo.

As accións que detectamos na relación entre profesores/as e asesores/as que poden ser clasificadas como asesoramento curricular e que polo tanto levan implícitas relacións interpersoais son:

Cando  un  mestre  solicita  axuda  ao  orientador  do  centro  para  tratar  de dar  resposta  ás  dificultades  que  observa  nun  alumno/a  do  seu  grupo clase ou doutros, tanto para detectar as súas posibles dificultades como para  ofrecer  guías  ou  estratexias  para  traballar  con  este  neno/a.  Esta  é unha  actuación  que  cremos  que  se  trata  de  asesoramento  curricular porque o asesor ten que saber que contidos domina ou non o alumno/a e axudarlle a acadar o maior desenvolvemento nas áreas “afectadas”

  • Cando  as  dificultades  que  se  presentan  nos  alumnos/as  son significativas  requírese  unha  modificación  a  nivel  de  obxectivos, contidos  ou  criterios  de  avaliación  que  se  coñece  como  adaptación curricular  individualizada,  para  a  cal  é  preciso  a  labor  conxunta  do titor/a e do asesor/a.
  • Asesoramento  aos  mestres  na  elaboración  das  unidades  didácticas  e tamén  asesoramento  na  elaboración  do  Proxecto  Educativo,  Proxecto Curricular,  Plan Acción Titorial,  programación dos contidos transversais que  se  imparten  en  diferentes  materias  curriculares  así  como  calquera outro documento de centro.
  • Cando un mestre lle pide opinión a un asesor con respecto a metodoloxía que pode empregar  para levar a cabo unha determinada actividade cun grupo de alumnos/as  ou cun alumno/a  en concreto que presenta algún tipo de dificultade.
  • Cando un mestre se asesora co orientador en canto a ver cal é a mellor maneira  de  avaliar  os  contidos  que  se  lle  ensinan  aos  alumnos/as,  en especial  atención  aos  alumnos/as  que  teñen  algunha  dificultade.  Un exemplo  disto  serían  os  nenos/as  que  teñen  dislexia  que  sería  bo  que fosen  avaliados  dos  contidos  escolares  de  maneira  oral  e  non  tanto  de maneira escrita.
  • Reunións do DO, titor, mestres doutras materias e experto externo para tratar  unha  necesidade  dun  neno/a  (parálise  cerebral,  altas capacidades,…)
  • asesor/a  pode  orientar  dando  pautas,  estratexias,  guías  en  todas  as actividades  que  realice  como  membro  da  Comisión  de  Coordinación Pedagóxica.

Esta, e máis información, podedes consultala no seguinte arquivo:

http://stellae.usc.es/red/file/view/47788/tcnica-das-3-p