Incorporación dun novo membro ó grupo de traballo

¿Como deberíamos actuar se nun momento determinado da construción do noso rañaceos unha persoa se ten que incorporar ao noso proceso de traballo?

Incorporación dun novo membro

Sexa polo motivo que sexa pode ocorrer que nun momento do proceso teñamos unha nova incorporación. O que temos que tentar e que se produza un amoldamento tanto por parte nosa como por parte desa nova persoa. É dicir, temos que respectar a súa forma de traballo, os seus intereses e opinións así como esa persoa ten que entender e respectar os nosos. Polo tanto, non pode producirse unha nova incorporación e que dende o primeiro momento esa persoa nos esixa a nós unha forma de traballo ou unas determinadas actuacións que non compartimos ou non comprendemos a priori. Así, nos tampouco podemos esixirlle que dende o primeiro día siga o noso rito de traballo, xa que o proceso de incorporación debe ser gradual e requirir certo tempo.

O que si non debe ocorrer e que se traballe con unha actitude negativa, xa que como mencionei anteriormente é preciso ese positivismo para o traballo colaborativo.

O mesmo ocorre cando un asesor ou asesora se incorpora a un centro educativo, xa que dende o meu punto de vista, a maneira na que o asesor/a se comporte no centro non debe ser arbitraria, posto que este comportamento depende en gran medida do tipo de relacións que se manteñen no centro e da cultura alí existente.

Co dito anteriormente, entendo que ademais de ter un coñecemento teórico sobre saberes concretos que conleva o papel de asesor/a, considero de especial importancia que as habilidades socias son fundamentais para chegar a ser un bo asesor, xa que mediante estas coñecemos as diferentes maneiras de relacionarnos de forma adecuada cos demais.

Estas relacións  interpersoais das que estou a falar, poden desenvolverse tanto en situacións formais, como reunións e acordos previamente organizados, como en situacións e contextos informais, como os corredores, ou a cafetería na hora de descanso. Estas últimas (as relacións en contextos informais), poden ser unha forma moi valiosa de lograr que as relacións interpersoais se deixen de ver como algo unicamente burocrático e obrigatorio, para que pasen a entenderse como algo voluntario e se adquira a necesitade e importancia da súa existencia.

A través de todas estas relacións cos demais, podemos chegar a coñecer a historia do centro, a súa realidade, anécdotas pasadas, entender as ideas que os diferentes profesionais teñen sobre o asesoramento, o traballo colaborativo, a escola e o ensino en xeral.  E, penso, que só así podemos chegar a entender aos nosos compañeiros, a súa forma de actuar e, partir de aí, comezar un cambio que poida chegar a ser efectivo.

O que todos debemos de ter moi claro como futuros asesores é que non podemos tratar de impoñer un cambio nada máis chegar ao centro, senón que o cambio debe buscarse considerando a realidade da escola e tendo en conta todo o dito anteriormente sobre o pensamento e actitudes dos diferentes profesionais de dita escola. É dicir, o cambio debe ser un proceso gradual que pode requirir de moito tempo.

Temos, por  tanto, que saber como levar un grupo, aproveitar as situacións que nos poidan axudar a motivar ó profesorado, para favorecer o traballo colaborativo e a mellora. É preciso prestarse aos compañeiros o apoio necesario, sendo os seus acompañantes nesta viaxe cara a mellora e, levando a cabo esa axuda sempre dende a igualdade e non dende o autoritarismo, para que, posteriormente, ese apoio vaia desaparecendo e sexan eles os mesmos autónomos e regulen a súa actividade por si sos. 

Como debe actuar o asesor á súa chegada ao centro